Xulio Dobarro: “Da bullada de outono no Irixo. Da corte ao salón: 17 de outubro de 2026”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Galicia posúe un rico patrimonio inmaterial, herdado e enriquecido xeración tras xeración, que chegou ata os nosos días principalmente por transmisión oral. A nosa cultura tradicional ten na música e no baile unha das manifestacións culturais máis significativas. Na tradición cultural galega, o baile precisa da música para expresarse e, ao mesmo tempo, a música ten a súa razón de ser principal en servir de soporte para a práctica do baile; ambas as dúas manifestacións culturais son inseparables”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Antigamente, a práctica lúdica da música e do baile desenvolvíase tanto nos bailes das festividades parroquiais como nas xuntanzas locais, nas cales realizaban diversas actividades comunitarias ou grupais, xa fosen de traballo ou de lecer. […] Esta xuntanza recibe diversos nomes segundo as comarcas, e son os máis estendidos os de foliada, serán, ruada, fiadeiro ou polavila, entre outros”.

  “Na súa manifestación presente, a ruada é un acto en que a acción de baile é fundamentalmente improvisada, o que supón unha gran virtude e nela está un dos maiores valores culturais do baile tradicional, pero deixa fóra aqueloutros bailes pautados e de coreografías prefixadas, coa súa música de soporte, que están en regresión actualmente e que precisan de especial atención, coidado, difusión e esforzo na súa transmisión e salvagarda”.

 “A música e o baile tradicionais de Galicia”.(Anexo I):Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: Dog: 25 de nov. De 2024)

“Outras denominacións: baile, baile da pandareta, baile das pandeiretas, baile das pandeiras, baile dos domingos, bailo, bullada, festa, festa da pandareta, festa das casas, fía, fiada, fiadeiro, filandón, foleada, foliada, fouleada, frasca, fuliada, marito, monete, pandeirada, pandeiretada, polavila, rúa, ruada, serán, serau, trisca, troulada, trullada, xunta, xunta de espigas.

Da praza do concello do Irixo, con motivo da homenaxe a Manuel Penedo (2021), pasando polo museo Etnolóxico de Ribadadavia (2024), ata o pavilllón municipal con motivo da IV BULLADA DE OUTONO.

U-LA BULLADA?

 Falarmos de “Bullada” no Irixo supón transladármonos arredor de sesenta anos atrás, cando aínda estaba viva esta celebración que reunía a mocidade local en ambientes nada semellantes aos que nas catro edicións da “Bulllada do Outono” están a procurar a súa recuperación.

 Noutros tempos, os labores tradicionais relativos aos ciclos das colleitas, como a escoucha do millo, as castañas, o liño, gardaban unha relación directa coas estacións de outono-inverno, cando as noites son máis longas e, no pasado, cando os lugares tiñan vida e xuventude, as angueiras actuaban como pretexto para a esmorga e a xolda.

 O máis habitual era que as mozas se xuntasen arredor da lareira ou nunha corte -ben estrada de toxos-, sobre todo para fiar, -de aí os fiadeiros-, ou celebrar os magostos. A eses puntos de encontro acudían os mozos doutros lugares e doutras parroquias, armados con algún instrumento, sobre todo a mediados do seculo pasado co acordeón, segundo contan os que andan hoxe nos oitenta anos.

Houbo de todo, e máis do que se podía agardar: música, baile, cántigas, produtos locais e inmersión na cultura tradicional co horizonte posto na recuperación da Bullada, moi de nós.

 Hoxe, cando xa se ten alcuñado o de “parroquias de mortos”, non é posible unha esmorga ao estilo tradicional, pero si a recuperación de usos e costumes nunha versión adaptada aos tempos que corren.

Tanto é así que Institucións públicas e privadas están levando a cabo un inxente labor de recuperación do floclore -no sentido positivo- no que á música, cántigas e bailes participan desa angueira na recuperación cultural do País.

 Neste sentido, “A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo” -que vén de celebrar o seu cincuenta aniversario da fundación-  non quere deixar de contribuír a esa empresa na que están empeñados un amplo grupo de persoas que non fían, escouchan, nin rozan toxos, pero si os move unha forza e ilusión infindas en canto a contribuír  ao que “ a nosa cultura tradicional ten na música e no baile unha das manifestacións culturais máis significativas”, segundo se recolle  na resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de Interese cultural do patrimonio inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia (DOG:25 de nov. De 2024). Tanto é así que, segundo se publicou  nos medios de comunicación e se recolle no Anuario nº 2 Editado pola Banda de Gaitas e Danzas do Irixo, foi “no mes de novembro de 2024, unha pequena representación de once membros da agrupación, presentaron unha mostra de múisca  e baile tradicionais nun encontro celebrado o 23 de novembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia, para a declaración da música e o baile tradicionais como BIC. Ante un público selecto, cos maís altos representantes da cultura do país,-Conselleiro de Cultura- un cuarteto tradicional e tres parellas de baile superaron as expectativas e puxeron en valor o traballo da formación que se leva a cabo na escola”.

Son un abondoso elenco de persoas as que mobiliza a Banda, desde as máis cativas ata as adultas, e onde o baile e a música ocupan un lugar senlleiro, ademais das actividades formativas e toda a infraestrutura que supón: adquisición de novas prendas de indumentaria, instrumentos diversos e materiais para a posta apunto de gaitas e punteiros, así como a celebracións de obradoiros como o de enfiado de colares ao xeito tradicional.

 Con respecto ás diferentes denominacións que reciben na tradición oral de Galicia este tipo de xuntanzas lúdico-laborais, o vocábulo empregado entre nós, “BULLADA”, non é o máis común a outras bisbarras de Galicia, onde se impón o de “serán”, “foliada” ou “ruada”. Esta última versión, coméntame Sela -unha das persoas maís activas na Banda, xunta o seu irmán, Pablo, e o gaiteiro maior, Álvaro, que veñen de documentalo pola parte de Froufe, na súa angueira na recollida deses temas tradicionais, tanto musicais, como de baile ou cántigas. -A algúns de Nós vénnos á memoria aquel programa da TVG, que presentaba X. Luis Blanco Campaña, na tempada 1985-86: “Ruada”, cando a TVG botaba a andar.

 No caso do Irixo, non hai lugar a dúbidas sobre se este tipo de encontro festivo que responde á tradición local, e polo tanto, ben acaído o de Bulllada no canto de “serán” ou calquera das outras denominacións que recibe ao longo de Galicia, como se recolle  no DOG.

 Por outra parte, aínda hai persoas que viven e participaron nesas bulladas de mediados de século, que lembran verbas como o dos mozos andar “intrincados”, ou que a fin de festa, unha veces foi prohibida pola autoridade competente e outras desfeita a paus tiña consecuencias negativas.

 Na década dos noventa do século pasado, en Parada Labiote, creárase unha Asociación Cultural so o nome de “A Bullada”, polo tanto, non só segue vivo entre nós o vocábulo, senón tamén as súas características, aínda sendo posible obter información persoal de quen a constituíu e os seus obxectivos, segundo consta no Arquivo Municipal do Concello.

 Se quixermos buscar algunha relación con algo concreto relativo á “Bullada”, todo parece suxerirnos unha relación co verbo “debullar” -separar o gran de millo do carolo/carozo-, e deste a forma abreviada, “bullar”,  co significado de “sacar a casca ás castañas, ou separalas do ourizo, ou das bolercas”. E a partir deste verbo, quizais “bulla”, “bullada”. Esta interpretación pode gardar relación entre a data máis frecuente das bulladas, outono-inverno, e as faenas agrícolas do momento, apañar as castañas, escouchar o millo…que nun ambiente de festa, “bulla”, todo resulta crible.

 Dento do proceso de transformación experimentado no pasado século pola sociedade, no que o concello chegou a contar con ata seis mil veciños, todo fai cavilar que os encontros entre xente nova –e leña verde todo é fume nela-, non estivesen exentos de conflito, aínda que quizais recollidos cun  exceso de “realismo tráxico” por parte das persoas que andaron por estas latitudes, caso do antropólogo C. Lisón Tolosana, en “Antropología Cultural de Galicia” ,1983, que, segundo lle contaron: “En Dadín, en las fiestas y bulladas había muertes también…Empezaban a pelearse por las novias o cuestiones particulares de mozas. Nas festas era unha parroquia contra otra…; venían dos o tres valentes de una parroquia e si cuadraba llevábanse capricho e empezaba a pelea… Cuando había un capricho de ésos se decía que los mozos estaban intrincados”. En esta misma parroquia, como en otras muchas, “desde noviembre hasta carnavales, en las noites grandes” había “bulladas o fiadeiros nocturnos” -de los que mucho habrá que decir-. “para fiar o liño o lana; e chamaban a las mozas del pueblo o  de la parroquia. Fiaban para la mujer de la casa donde tenía lugar la bullada; después cena y baile, al terminar”. “A bulllada era diaria, de mocedá…tocaban y bailaban y fiaban. Tocaban pandereta, tambor e conchas y una lata de “gas”. Se iluminaba la  cuadra  con luz de “gas” -petróleo- que pagaban as mozas, e se les abrazaba si se podía. Lo primero que se hacía aveces era dar un pao ô candil, sobre todo cuando había una moza que tuviera dos mozos, o si uno se quería mal con otro por culpa de una moza, e non se podían ver. Siempre o casi siempre iban los mozos con paos de roble; así, más duros. Había algunos paos hechos por carpinteros, ben feitos, estriados, pero eran los menos. E llevaban una galleta escondida, como una horquilla de hierro, y si cuadraba la ponían en la unta del pao para la pelea. La llevaban dentro, en la chaqueta; esa galleta era de ferro. No se traía  a la vista, solo se ponía cuando había necesidad. Los de la parte de las montañas llegaban a las bulladas, metían os paos en un burato, coa galleta alí, e había unas mantas que teníamos contra o frío, e se colgaban do pao, e si hacía falta, se sacaba o pao. Los de las montañas eran de las parrroquias de  (sic) Foufe y Espìñeira” -del mismo municipio-. (Este parágrafo, inzado de castelanismos e barbarismos, está recollido literalmente do autor do libro).

As crónicas do momento recollen, -aínda que estamos nun período anterior á Ditadura-, situacións que foron abondo frecuentes ao longo de case todo o século XX ata os anos setenta.

Como sinalabamos máis enriba, o tempo reservado para estas celebracións, vén coincidindo co outono-inverno, así,  o mesmo autor sinala que “Octubre y noviembre son los meses en los que el maíz  se recoge de los campos y se lleva a casa; es “o tempo das esfolladas” -escouchas- . A la noche se apeldan grupos de vecinos en una casa -y alguna vez en la era- para despojar las espigas del maíz; terminada la faena en una casa, empieza en otra”.

 Sobre este particular introito de iniciar as bulladas, cando corrría a segunda década do século XX, Vicente Risco levara a cabo un traballo etnográfico sobre “Unha parroquia galega (concello de Rairiz de Veiga) nos anos 1920-1925”, no que,cunha diferencia de corenta anos antes coa Lisón Tolosana, apuntaba que: “Censurábanse os costumes dos mozos, especialmente o de andar armados; agachaban as armas nas paredes ou escondíanllas (sic) as noivas. Antes había moitas pelexas, pero eran a paos, e agora son con armas de fogo, dicían os vellos. Claro que isto de levar armas, moitas veces é por fachenda nada máis. Saen moitos xuntos dun lugar a outro e, ó saíren de cadansúa casa, esgutían, (é dicir, lanzan o berro coñecido co nome de aturuxo, ) para chamarse, ou disparan tiros. Os tiros van en son de desafío e de ameaza”.

  Engadía ao anterior que “Estas manifestacións de instinto bélico e de afectada bravura, tan propias da xuventude, teñen o seu reverso nas trampas que se lles apoñen polos nosos informantes, empregadas para eludir o servicio militar: botar tabaco nos ollos para finxir unha conxuntivite granulosa, durmir na corte para non dar a talla, etc. Esta repugnancia ó servicio militar é moi xeral, e nela soen colaborar as familias. Sentencia Risco con certo humaor: –Senten o instinto bélico, pero temen a disciplina-.

 A situación recreada por ambos os dous autores, tanto Lisón Tolosana como Vicente Risco, con respecto ao contexto da Bullada, está ben afastada da realidade actual, aínda que si hai en datas non tan lonxanas algunhas manifestacións que nola achegan. Así, contra mediados do seculo pasado aínda non era moi excepcional que nos bailes de “salón” e festas patronais se sucedesen algúns deses desencontros con final desgrazado. Eu, persoalmente, lembro cando polas festas do Quince e san Roque do Campo, se dera algunha desas liortas entre os veciños desta parroquia e os da Xesta-Lalín.Desde logo, o berrro de guerra dos dezaos era para botarse a tremer: “O que me dea un pao doulle un peso, se é de carballo cincuenta reás”. En fín, un xeito de facerse valer, aínda que as forzas fosen cativas ou se botase man de armas brancas ou de fogo.

 Nalgunha ocasión, sobre todo durante o período da Dictadura, cando se prohibiran estas festas profanas, como o magosto ou o entroido, as forzas represoras encargáronse de clausuralas e, nalgúns casos requisar armas se era o caso, ou outros artiluxios.

 Polo tanto, todos estes antecedentes negativos non deben ser atranco para conderlle a esta tradición festiva da Bullada o lugar que lle corresponde dentro da recuperación do patrimonio inmaterial como Ben de Interese Cultural.

 Con respecto á substitución da celebración das bulladas, como outras moitas que van esmorecendo, aquelas gardan unha relación directa coa Galicia baleirada no rural, no que as castañas, o millo, a la, ou o liño,onde perduren, seguen un proceso de transformación que pouco ten que ver coa tradición, que, no caso do Irixo, con case ningún deses froitos, a non ser polo magosto. 

 Pois, así como a corte estrada de toxo arnal das bulladas deu paso aos bailes de salón en cemento a partir de 1960 en Froufe, Nogueiroa, A Estación, O Abanico dentro do concello, ou na contorna na sala Campos de Lalín, O Reque do Carballiño, A Campana de Beariz, O Paulino de Seoane ou o Changüí de Soutelo de Montes, estas tamén se renderon ao avance das discotecas coa musica electrónica e as luces embriagadoras.

Agardamos que a Bullada, ao abeiro da Banda de Gaitas e Danzas do Irixo, acade a popularidade merecida, e se incorpore como unha máis ás correntes culturais modernas, dentro do respecto á tradición.

AGRADECEMENTO DA BANDA DE GAITAS E DANZAS DO IRIXO DA MAN DE SELA TABOADA PAYO

Despedimos un ano máis a nosa Bullada de Outono, que nesta cuarta edición reuniu a grandes músicos e bailadores no Concello do Irixo.

Só podemos agradecer o gran apoio e agarimo recibido por parte de todos os que vos achegastes ata a foliada e que fixestes posible vivir unha xornada especial.

Un pracer contar coa música e o talento dos grupos invitados que nos acompañaron e fixeron deste serán algo único: Ferreñas do Testeiro, Xúa e De Pé Feito da AOFT, Os Trasnos de Doade, Os Biruxes, Ponte da Prata, Sete Estralos e as Pandeireteiras de Zobra.

 E un recoñecemento moi especial a Javier Feijoo por compartir connosco tantos coñecementos e poñer o peche perfecto a esta xornada co seu espectacular “Traede Ferrallada”.

Grazas tamén a todos os que vos sumastes cos vosos instrumentos á foliada libre e a cada persoa que botou unha man para que todo saíse á perfección, como Estrelas Maxicas no son, a todos os colaboradores e ao Concello de O Irixo. Sen vós, isto non sería posible!

Colaboraron: Viña Costeira Obradoiro de Gaitas Seivane Eferro A Vilerma Termas Prexigueiro Amoras e Porcos Sieiro.

A Ponte-O Irixo, 21 de outono de 2026

Xulio Dobarro Ferradás

Xulio Dobarro Ferradás


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro: “San Xiao de Parada Labiote-O Irixo, en festas-2026”

Xulio Dobarro: “Cusanca en festas: mil  quiñentos anos de memoria e patrimonio”

Xulio Dobarro: “O Campo-O Irixo, polas festas do “Quince”, memoria viva e morrediza”

Xulio Dobarro:Reádigos “ben merece unha misa…”. Misa solemne na honra de San Lourenzo

Xulio Dobarro: “A Espiñeira-O Irixo, entre Deza e Orcellón, festas na honra de san Pedro Fiz

Xulio Dobarro: “Corneda, memoria viva dunha parroquia con raíces milenarias, entre o lume e a esmorga”

Xulio Dobarro: O Irixo: convocatoria aberta á participación, difusión e colaboración para a representación d´a Farsa de Cusanca e Orcellón .

Xulio Dobarro. : O Irixo. Da escola á universidade ( V parte) Agustín Alén (a Alén-Froufe-o Irixo-Ourense: 16 de agosto de 1771)

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 4ª parte). O Ensino Primario, A Xunta Local de Primeira Ensinanza e O Couto Escolar

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 3ª parte). Ensino obrigatorio e acceso ao ensino medio : (séc. XIX-XX)

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 2ª parte). Inspección escolar de 1877

Xulio Dobarro: De ensinanza e promoción escolar (O Irixo: Dous séculos. 1ª parte)

Xulio Dobarro. O Irixo: “Desamortización eclesiástica en Orense” ( don Ramón O. P.) sobre bens e rendas aforadas na contorna local

Xulio Dobarro. O Irixo: última  -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)

Xulio Dobarro. O Irixo: Introdución ao Catastro de Ensenada segundo don Ramón O. P. A xurisdición de Orcellón e a Encomenda de Pazos de Arenteiro 

Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------