Xulio Dobarro: “A Espiñeira-O Irixo, entre Deza e Orcellón, festas na honra de san Pedro Fiz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


 

Amable lector/-a, terá observado -quizais con sorpresa ou rexeitamento- o emprego do artigo acompañando o nome da parroquia. Non se trata de ningún erro, senón dunha opinión que manteño con respecto á distinción entre o lugar do  mesmo nome na mesma parroquia e o da parroquia. A razón desta distinción obedece a evitar a confusión entre ambos topónimos que, como no caso de Cusanca tende a ser substituído o nome da parroquia polo nome do seu patrón, San *Corme. Ademais, no caso de “Espiñeira” está documentado graficamente para refrirse ao lugar como A Espiñeira, polo tanto, se nos atemos á documentación escrita podería aplicarse ao lugar con artigo e á parroquia sen el. A escolla persoal -ademais da incorporación do artigo- obedece a unha razón “filolóxica”, no sentido de que na lingua Galega, a variante masculina-feminina (caldeiro-caldeira) do mesmo nome obedece xeralmente a individual e colectivo, menor-maior volume… respectivamente. Polo tanto, a escolla, se, é o caso, encadraríase nesta interpretación, baixo a miña   prudente versión.

Cando iamos xa pola sétima entrega destas colaboracións con Badal Novas,(Ano 2021) achegarámonos naquela ocasión á parroquia “d´A Espiñeira” polas terras máis altas do concello do Irixo, case diría eu do Deza, non só pola demarcación senón tamén pola orografía, a tradición eclesiástica e as relacións sociais coa comarca do Deza. Porque, como en moitos casos, as estremas soen ser abondo arbitrarias e dar lugar, por exemplo, a solucións dúplices de topónimos, non tanto pola súa abondosa poboación, senón máis ben por intereses económicos, demarcacións xurisdicionais aleatorias, quizais de cando cada anaco de terra representaba uns ingresos cativos ou mellores segundo esas posesións e, así xorden, como neste caso “O Espiño” do Irixo (Ourense)  e “O Espiño” de Lalín (Pontevedra), ou o que xa vimos para o caso das Antas do Irixo,  de Boborás  e Beariz, ou O Casar do Irixo e O Carballiño. Así, fronte ás pretendidas demarcacións en circunferencia que se buscaban en moitos casos para as parroquias, de tal xeito e maneira que a igrexa parroquial ocupase un punto equidistante cos lugares que a conformaban, aquí vemos como se retorcen as liñas dando lugar a case un triángulo, pero cunha certa centralidade da igrexa. Por outro lado, e denantes de iniciar este percorrido, xa advertiría amable lector/-a, en particular para aquel/-a persoa veciña do concello, que o terá sorprendido o nome da parroquia como “A Espiñeira” cando na actualidade -case diría eu que sen excepción- para referirse, tanto á parroquia como ao lugar, se emprega “Espiñeira” sen artigo, fronte á solución “A Espiñeira”, que eu propoño baseándome no documento que se adxunta (1753), de tal maneira que se empregue a solución sen artigo para o lugar de “Espiñeira” e “A Espiñeira” para referirse á parroquia.Tanto documentalmente, pola maioría das referencias atopadas [ata o momento só esta do Catastro de Ensenada me consta con artigo], como oralmente, o resultado máis estendido é sen artigo, e, polo tanto, só queda aquí como unha proposta a considerar a quen corresponda.

Lugares da Espiñeira segundo o Catastro da Ensenada (1753)

Arredor de 1780, nas Papeletas geográficas do Padre Sobreira:”Candosa donde comienza el rio Tosos, Munín, Carballeda, Espiñeyra, Hermida do medio con capilla de nuestra señora el día de la ascension,Couso”. En 1850 (Madoz)inclúe tamén “Santas”. Engade, ademais, a relación “de su anexo santa maria de Zobra”, “feligresía del arciprestado de Deza”; polo tanto diocese de Lugo, da que se segregou en 1956, sendo bispo de Ourense  Monseñor Temiño.

Na actualidade estes lindes teñen mudado abondo, na medida que As Antas e A Candosa pertencen á parroquia do Regueiro e A Ermida do Medio a Lebozán.

Igrexa parroquial. No adro, ao pé do centenario castiñeiro, ramo na honra dunha enigmática moza falecida -segundo as crónicas, da Candosa-, cuxo corpo permanece incorrupto..

Imos coa festa: O calendario festivo do mes de agosto inaugúrase no Irixo na parroquia da Espiñeira co seu patrón San Pedro Fiz (Ad vincula), o  día primeiro do mes. Nesta volta, quizais proceda facer unha aclaración previa  con respecto ao patrón e á data da celebración, pois,  a min, en certo modo me resultara dubidosa.

 A dúbida aclarouse cunha visita á igrexa parroquial no ano 2024, denantes de que se iniciasen as obras de rehabilitación previstas. Foi da man do responsable das chaves da igrexa, Luís Ramos, o que, nun principio, me veu confundir aínda máis do que estaba, pero que posteriormente se resolveu satisfactoriamente a dúbida ao entrar en detalles. Segundo Luís, o San Pedro da Espiñeira non era o mesmo que os outros S. Pedro, ou si, pero. Eu, ignorante de min,  ademais, entendéralle -con refrán incluído-  “Se chove por san Pedro-”Cid”, castañas furadas e nabos ruís”, o que me levou a establecer unha  Relación de ideas co “Cid  Campeador” á conquista da Espiñeira…

Preparativos para a procesión coa presenza do patrón da parroquia e da virxe do Carme. En Munín, conxunto de inspiración nacionalista a cargo do canteiro local, V. Filgueira (Avenida Rosalía de Castro, Praza de Castelao, As Cruces de Pedra na Galiza, Escudo de Galicia).

 Pero non. Simplemente se trata, como sucede noutras parroquias de Galicia, que se funde a celebración do “San Pedro ad vincula” (en conmemoración do seu paso pola cadea) co San Fiz-Félix- Feliz, ao cadrar no mesmo día, resultando: “San Pedro-Fiz” (Fins ou Fiel). Polo tanto, trátase da mesma advocación,  San Pedro, (apóstolo, ao que Xesús encomendou a fundación da súa igrexa. De aí a disposición de “Ti es Pedro, e sobre esta pedra construirei a miña igrexa ou “Dareiche as chaves do reino do ceo”, representado con túnica e manto e leva como atributos o libro ou un rolo de pergamiño e unha chave. Neste sentido, “a metáfora de Xesús enténdea a imaxinación popular en forma realista e imaxina o ceo con portas e a san Pedro de porteiro e lector do libro onde cada quen leva escrito o que fixo en vida e el examina a ver se pode pasar” (Diccionario dos nomes galegos).

O refrán de Luís de Carballeda coincide con outros recollidos da tradición oral como: “Habendo neboeiro por san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís”; “Néboas por san Pedro Fiz, castañas balocas e nabos ruíns/ castañas bolercas e nabos ruíns”.

 Algunhas referencias de interese etnográfico e ambiental: congostra de acceso, entre acivros, rascacús, carballos, corticeiras… a Espiñeira-lugar. En Subirol información sobre “Roteiro de senderismo “Monte Testeiro”,  Rede Natura 2000-Serra do Candán e camiño a Carballeda -ao fondo- 4,00 Km.

 O exterior da igrexa da Espiñeira, vixiado polas impoñentes torres eólicas, ademais do cruceiro e algunha sepultura, non deixa de sorprenderme da man do guía improvisado: Un ramo de flores frescas ao pé do centenario castiñeiro, disque non se sabe quen as pode traer -quizais desde A Candosa, que pertenceu antigamente a esta parroquia- e renden tributo ao “corpo incorrupto dunha muller nova”.  A saber…

 Unha relación de semellanza con este San Pedro Fiz, atopámola no concello de Boborás na igrexa de San Pedro Félix de Brués, na que se destaca, precisamente, o relevo de San Pedro “ad vincula” , posiblemente obra de Rosendo Álvarez de Velasco, arredor de 1648.

 Nunha anterior edición puiden asistir o día da festa aos actos relixiosos que, coma toda festa parroquial, mobiliza o vecindario con residencia habitual e outros ausentes na emigración exterior ou peninsular, de ámbito autonómico ou estatal. E como un ten raiceiras e parentescos, tanto na propia parroquia como nas estremeiras de Froufe e Zobra, pois foi unha ocasión ben sentida para saudármonos de xeito afable e saudoso.

PASAMOS LISTA…A modo de curiosidade, quizais con certa nostalxía, e sen ánimo de incorrer no dereito á protección dos datos das persoas presentes e ausentes, adxunto unha copia fiel da relación dos escolantes que no ano 1969 constaban matriculados nas escolas de Couso e Espiñeira-Carballeda. A última cuadrícula, continuación da superior, corresponde ao lugar de Espiñeira, asinada pola mestra Marina Martínez

 Facemos votos para que a celebración anunciada para para os días 31 de xullo, un e dous de agosto,  sexa un éxito de público, devoción e ledicia, -como corresponde- e que as obras previstas, xa executadas, contribúan a manter o patrimonio cultural do mellor xeito posible e teren reparada algunha que outra imprudencia  de  anteriores actuacións. Parabéns á comisión organizadora polo labor de recuperación e conservación das tradicións de máis raigame  e consideración.

Pandeireteiras-Cantareiras  de Carballeda. Praza do Concello do Irixo, 16 de maio de 2025

 Non é pouco mérito contar na parroquia cun grupo de pandereteiras-cantareiras, ás que adico unha sentida lembranza de cando o ano pasado nos acompañaron na praza do concello, coincidindo coa celebración do día das Letras Galegas e dunha publicación sobre O Irixo.

O Irixo, 28 de xullo de 2026.

Xulio Dobarro Ferradás.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro: “Corneda, memoria viva dunha parroquia con raíces milenarias, entre o lume e a esmorga”

Xulio Dobarro: O Irixo: convocatoria aberta á participación, difusión e colaboración para a representación d´a Farsa de Cusanca e Orcellón .

Xulio Dobarro. : O Irixo. Da escola á universidade ( V parte) Agustín Alén (a Alén-Froufe-o Irixo-Ourense: 16 de agosto de 1771)

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 4ª parte). O Ensino Primario, A Xunta Local de Primeira Ensinanza e O Couto Escolar

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 3ª parte). Ensino obrigatorio e acceso ao ensino medio : (séc. XIX-XX)

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 2ª parte). Inspección escolar de 1877

Xulio Dobarro: De ensinanza e promoción escolar (O Irixo: Dous séculos. 1ª parte)

Xulio Dobarro. O Irixo: “Desamortización eclesiástica en Orense” ( don Ramón O. P.) sobre bens e rendas aforadas na contorna local

Xulio Dobarro. O Irixo: última  -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)

Xulio Dobarro. O Irixo: Introdución ao Catastro de Ensenada segundo don Ramón O. P. A xurisdición de Orcellón e a Encomenda de Pazos de Arenteiro 

Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------