
Polo que respecta á inspección que se levou a cabo en 1877, o número de escolas incrementouse ata dez, e así, por exemplo, creárase neses anos a que se identifica como “Escuela pública elemental incompleta del pueblo de Irijo a cargo de Dª Concepción Suárez”, da que entre outras consideracións se expón que: ”los muebles y enseres todo nuevo, dos cuerpos de carpintería se hallan colocados paralelamente en el interior del citado local, quedando un espacio a los lados bastante crecido acomodado a la forma que posee la superficie del mismo y en frente de los cuerpos se halla un mesa destinada al servicio del maestro y en cuyo sitio se hallan dos sillas y pendientes o fijos en la pared de la puerta un crucifijo y un busto de la virgen” e sinala á marxe o inspector que “en las escuelas de niñas no se enseña agricultura debiendo incorporar nociones de higiene y economía doméstica”.

Escola na Sueirexe-Cusanca, na actualidade como “Velorio” e local social. No ano 1969 estaba clasificada como “Escuela nacional mixta de Segade”, alumnado matriculado: 25. Exercía como mestre don Juan Fernández.
Con respecto á escola do Campo-A Lama que, a diferencia das demais é a única coa clasificación de “Completa”, a “Juicio del Inspector: Los resultados de la educación e instrucción son regulares .El maestro aunque no posee grandes conocimientos tiene bastante aptitud y capacidad y es regularmente asiduo; su conducta buena”.
“Ve con gusto el Inspector que los sesenta niños que hay y se hallan en la escuela, están regularmente atendidos en las materias que comprende el programa de enseñanza, sobresaliendo aquellos que con mas asiduidad asisten a las clases. Llévanse también con exactitud y orden los registros de matrícula y aistencia, y hay el suficiente surtido de menaje y objetos de escritura”.
“No necesita advertencia este maestro porque desempeña con celo su cometido; pero el Inspector le aconseja que procure tener siempre disponible el suficiente número de instructores para cada clase general de enseñanza, elijiendo para este cargo a los niños de mayores conocimientos, que asistan más asiduamente a la escuela, y cuyo carácter sea mas formal.Campo Mayo 14 de 1877. El Inspector José Seara=Hay un sello que dice= Inspección provincial de 1ª enseñanza.Orense.
Es copia. El Maestro (Asinado): Antonio López Otero.(Acompaña un selo: Escuela elemental completa de niños de Campo.Instrucción Primaria).
Esta avaliación global que realiza o Inspector, que podemos considerar como positiva, contradise en certo xeito cos comentarios adxuntos en canto a infraestrutura: “El edificio es bastante capaz, pero necesita fayado y nueva techumbre” e co exceso de alumnado atendido: ”Número de alumnos matriculados con separación de los menores de 6 años, de 6 a 10, y mayores de 10. Alumnos matriculados 86, ménores de 6 años 4, de 6 a 10, 39, y mayores de 10, 43.”
En relación coas infraestruturas e dotacións escolares, o profesor A. Costa Rico suliña que se falamos de locais e de dotación e menaxe; “Os das escolas incompletas -caso das do Irixo, agás a do Campo-, eran xeralmente deficientes en diverso grao, e desaxustados nos seus valores espaciais con respecto ao sinalado pola lexislación, que tampouco era esixente, e polas recomendacións dos tratadistas. Como os locais durante o século XIX non foran ademais construídos especificamente para uso escolar, a súa situación desanxelada e calamitosa (luz, ventilación, capacidade reducidísima, proximidade ao cheiro das cortes, estado das paredes, pavimento…) ten ocupado páxinas e páxinas de manuscritos dos propios inspectores, que chegaron a clausurar algunhas escolas por estes motivos; en ocasións foron asemade motivo de preocupación por parte dos veciños, da prensa do maxisterio e tamén da prensa periódica”. -Tal e como sinalamos en parágrafos anteriores o caso concreto do concello do Irixo-.
“As deficiencias nos locais repetíanse no tocante ao seu mobiliario e material de apoio, ofrecendo un panorama maís adecuado o caso das escolas completas -caso da do Campo- ou das Escolas prácticas graduadas…”.
O investigador A. Costa Rico, a partir deses informes de Inspección, utiliza como exemplo para ilustrar estes aspectos o seguinte: “Máis simples era, sen dúbida, o material e a dotación da escola elemental completa de Campo (Irixo), segundo a resposta do mestre que a rexentaba, en relación coa dotación”:
“Os mobles e enseres (son) na súa maior parte novos, e no restante de mediano uso. Nove corpos de carpintaría, provistos dos correspondentes tinteiros, pautas coas súas láminas e vidros obxecto da escritura, e ademais dezaoito caixóns con destino a gardar as planas escritas, (que) se atopan colocadas paralelamente fronte á plataforma, quedando un espazo ás beiras como de cinco pés; no interior da citada plataforma existe unha mesa con destino ao servizo do mestre, que contén separacións con destino a gardar obxectos de reducida comodidade; e no propio sitio arrimado á parede na que se atopa fixa a dita plataforma, atópase un armario con seis separacións co obxecto de gardar os libros e papel de cada clase, e na mesma parede están dependurados un crucifixo e cadro da Virxe; na exposta mesa atópanse os templadores provistos de pluma de ave e aceiro. No lateral das paredes do local están pendurados oito taboleiros, con destino a escribir a aritmérica sete, e un para a análise gramatical; nunha das separaións menores atópanse dúas vasillas de barro provistas unha de tinta e a outra de auga, estando alí tamén as vasoiras e outras cousas deterioradas; á entrada do local fixos nas paredes están os colgarroupas e not abique, pendurado, un magnífico mapa de España e o cadro de distribución do tempo; atópanse, por último, na plataforma tres cadeiras novas, unha butaca e dúas cadeiras vellas, e na citada mesa unha escribanía e un sino de metal”.
Nota a rodapé do autor: Estado de la escuela elemental completa de niños de Campo (O Irixo)7.V.1877, AHUS, LEG.90, EN DE GABRIEL, N., Leer, escribir y contar, op. Cit.,P. (225) (Historia da educaión e da cultura en Galicia).A pesar de todos estas carencias, xa apuntamos máis enriba que o informe do Inspector, don José Seara, cualificaba o aspecto referido á instrución como “aceptable”, ou, polo menos, moi superior ao resto das escolas, porque, a do Campo, a diferencia das demais do concello, o edifico nacera (1828) da colaboración parroquial coa fundación/obra pía de Francisco Ferradás Dapena -veciño de Orosa- para uso exclusivo como escola e non como era para a mioría das demais escolas en cortes, palleiros ou anexos de vivendas do vecindario, segundo A. Costa. Situación que aínda se vai prolongar durante décadas, como veremos máis en diante ata case mediado o século XX, con edificios de escolas nas mesmas condicións que as sinaladas polo autor, que, en moitos casos os propietaros dos inmobles ata tiñan grandes dificultades para cobrar os alugueres en tempo e forma. Os informes deste ano 1877 non soen ser tan permenorizados como os de 1861, porque, maís alá de pequenos detalles, a situación mantíñase moi parella, tanto no aspecto material como no pedagóxico, aínda que nas instrucións se introducisen algunhas innovacións froito da difusión da nova situación política coa extinción do Antigo Réxime, a aprobación da Constitución das Cortes de Cádiz (1812), e a difusión das ideas da Ilustración, na que destacaron o Padre Feijoo e o Padre Sarmiento que, aínda que a maioría das súas aportacións non se puxeran en practica, anos despois irían dando os seus froitos tanto no ámbito social como pedagóxico. Por exemplo que o proceso de ensino-aprendizaxe deixe de ser tan memorístico, que se teña presente a realidade sociolingüística de Galicia, que se incorporen ao currículo materias de aprendizaxe de agricultura, propiciadas pola creación de sociedades de Amigos do País, que se introduzan prácticas de “contabilidade”, redacción de cartas comerciais…).
Os informes deste ano 1877 non soen ser tan permenorizados como os de 1861, porque, maís alá de pequenos detalles, a situación mantíñase moi parella, tanto no aspecto material como no pedagóxico, aínda que nas instrucións se introducisen algunhas innovacións froito da difusión da nova situación política coa extinción do Antigo Réxime, a aprobación da Constitución das Cortes de Cádiz (1812), e a difusión das ideas da Ilustración, na que destacaron o Padre Feijoo e o Padre Sarmiento que, aínda que a maioría das súas aportacións non se puxeran en practica, anos despois irían dando os seus froitos tanto no ámbito social como pedagóxico. Por exemplo que o proceso de ensino-aprendizaxe deixe de ser tan memorístico, que se teña presente a realidade sociolingüística de Galicia, que se incorporen ao currículo materias de aprendizaxe de agricultura, propiciadas pola creación de sociedades de Amigos do País, que se introduzan prácticas de “contabilidade”, redacción de cartas comerciais…).

Así, con respecto a “Medios materiales de instrucción”, a resposta máis concorrida é: “Se considera la viva voz del Maestro, los libros manuscritos y los impresos”.As materias: religión y moral, lectura, escritura, aritmética con el sistema métrico, gramática; terminando con breves nociones de agricultura.
O sistema de premios e castigos, ademais de pequenas mostras de apoio do mestre, se o carácter do neno resultaba “áspero, se ponía de rodillas, terminando en el calabozo”. -No caso da escola do Campo, de entre a distribución interior, destaca a existencia de dous calabozos-.
Como motivos relacionados coa relixión e moral católica, non falta en ningunha das escolas a presenza dun crucifixo, imaxe da Virxe e os libros de Catecismo (Padre Astete e outros) empregados como apoio de lectura. Outros libros: silabarios por Hernández y la Academia, libros manuscritos, fábulas por Samaniego; tablas escritas para aritmética …para agricultura: “Castillos y manuales por Olivano”…
O caso da escola dos Casares da Cidade, en canto a asistencia, e consecuentemente a rendemento, é paradigmático: “Son escasos los resultados de la educación e instrucción por que los niños asisten muy poco. El maestro no carece de aptitud y capacidad pero algo ocupa su trabajo como Secretario de Ayuntamineto. Su conducta es buena”. O caso máis clamoroso de ausencia dos escolares atópao en Froufe cando ao final do informe suliña que :”Nada puedo decir respecto al estado de la educación e instrucción por no haber encontrado niños en la escuela”, ademais de instar ao mestre a que adquira o libro de visitas no que faga constar como primeira anotación o que se recolle no informe ou, incluso, no caso de Parada, cando se atopa coa escola pechada porque “Habiendo llegado a las once de la mañana de hoy a esta escuela la encontré cerrada, manifestándome los vecinos contiguos a la misma que que el maestro encargado actualmente de la enseñanza había marchado a un entierro”, co agravante de que este era interino porque o titular “hace tiempo que esta escuela atraviesa una situación anómala con grave perjuicio de los vecinos que se ven privados de educar a sus hijos. El Maestro propietario D. Manuel López Cerdeira fue encausado y sentenciado a presidio y se halla cumpliendo su condena en Zaragoza desde hace siete u ocho meses”.
Nalgún dos casos, como o de Reádigos coa escola en Outeiro, nun local alugado, o mestre que xa leva exercendo 11 anos, Nazario Rivera Taboada, élle recoñecida a súa adicación: “Nada tiene por tanto que advertir el Inspector; y unicamente le recomienda que continúe desempeñando su difícil cargo con igual asiduidad en lo sucesivo, pues de este modo contará siempre con el aprecio y estimación de sus superiores; las simpatías de los padres de familia, y el cariño de sus discípulos. Reádegos, 12 de mayo de 1877”.
Os mestres perciben do Concello as retribucións -con carácter irregular-, e unha cantidade para material. No caso de Corneda, coméntase que o mestre anterior percibía 4 fanegas de arriendo dun veciño con bens importantes, cuxa renda foi apropiada polo párroco.
En síntese, o que poñen negro sobre branco os inspectores é que, tanto os edificios como os medios materiais e humanos cos que se conta son precarios e, se ademais se engade que a asistencia do alumnado é moi reducida -polo tempo das ceifas case non asiste ninguén- e a dos mestres irregular, todo isto dará como resultado un ensino moi deficiente cando estabamos ás portas do século XX. E non só iso, senón que o maís grave é que estes informes, en boa medida podían facerse extensibles ata, como mínimo a mediados de século XX.
Como resultado destas visitas escolares, o Secretario do concello, Primo Subirol García, a petición do Inspector, José Seara, convoca a Junta Local de este Distrito para o día 15 de maio de 1877, á que só asisten O Alcalde, Antonio Bernárdez, e tres representantes das familias, (D. Juan Alén, D. Juan Iglesias, D. Vicente Pedrouzo); o párroco de Parada -vocal- non asiste por estar ausente do “país”; e, tampouco, o concelleiro -vocal-. O Inspector informa que destas visitas, so hai unha -a completa do Campo- e dúas das incompletas ás que asisten un número razonable y “que los resultados en la educación e instrucción son muy escasos”; que, por todo isto, insta ás autoridades locais que respeten a Lei e transladen esta demanda ás familias para superar esa escasísima taxa de escolarización, situación que “xustifican” os representantes das familias pola necesidade de contar cos rapaces para as angueiras do agro.
Na quenda de rogos e preguntas, o sr. Vicente Pedrouzo transmite á Xunta Local que o mestre de Corneda, don Pedro Nogueira Souto, “no cumple su cometido con el celo y puntualidad que debiera, y por este motivo, el mismo y otros vecinos de la propia parroquia se vieron obligados a mandar a sus hijos a otras escuelas, al ver lo poco que adelantaban”.
A todo o anterior debemos engadir que se todas as escolas existentes ata este ano de 1877 eran mixtas, que a taxa de escolarización era moi reducida, sobre todo de nenas, a novidade é a creación dunha “Escuela elemental incompleta de niñas del pueblo de Irijo a cargo de Doña Comcepción Suárez, -familia dos de dona Manuel da Ponte-, que, á parte de ser a mestra da escola tamén facilitan o local. Asisten ordinariamente de 16 a 20 alumnas. O Inspector advírte que “ en la escuela de niñas no se enseña la agricultura debiendo sustituir con breves nociones de higiene y economía doméstica”.
A xuízo do Inspector, José Seara: “No puede apreciar el estado de la enseñanza por hallarse ausente la maestra interina con licencia del Sr. Alcalde, quien me manifiesta que aquella era asidua y celosa en el desempeño de su cargo. Aunque la escuela es de nueva creación y solo funciona hace pocos meses, está surtiendo de los libros, muebles y enseres mas necesarios para la enseñanza, cuyo coste anticipó en su mayor parte la referida Maestra. Su conducta es irrprensible.”
Esta medida de crear unha escola só de nenas sería o primeiro paso para o asentamento definitivo das dúas escolas, unha de nenos e outra de nenas, nos baixos da Casa Consistorial, uns anos máis tarde. A da Lama-O Campo cae na decadencia maís absoluta para ser usada como vivenda nalgún momento, ata na actualidade como “velorio”.
Este é o panorama escolar do momento, nun concello que estaba a incrementar a poboación de xeito exponencial.
NOMENCLÁTOR 1877 (Habitantes por parroquias):
O CAMPO CANGUES A CIDADE CORNEDA CUSANCA DADÍN A ESPIÑEIRA
1243 173 452 621 1060 518 288
FROUFE LOUREIRO PARADA DE L. REÁDIGOS
553 602 582 337 TOTAL CONCELLO: 6.624
Así como o criterio para creación de concellos se situaba en, como mínimo mil habitantes, no caso da escola reduciase esta cifra á metade, cunha de nenos e outra de nenas, e, aínda no caso que non se acadara esta, debía ser creada a escola segundo unha Real Orde de 1859 ao amparo da Lei Moyano coa súa adptación a Galicia, segundo información de A. C. Rico. Nalgúns casos, agrupáronse parroquias estremeiras de menos poboación como foi o caso de Corneda-Cangues, ou Froufe-A Espiñeira, ata que trascorren uns cantos anos, cando a mediados dos sesenta do pasado século, como veremos, se triplicará esa dotación, cunha escola como mínimo por parroquia e varias con ata tres. Este censo de 1877 representa un dos momentos de maior poboación do concello, dato, por outra parte, coincidinte coa década de 1920-30 do século pasado.
Sen entrarmos a considerar en detalle os datos estatísticos referidos á segunda metade do XIX en canto á expansión da escolarización obrigatoria no concello, o profesor A.C.R. suliña que “Na década de 1850 a 1860 rexistrouse, a expansión escolar, ao crear algo máis de 1.000 escolas -en Galicia- (sobre todo nas provincias occidentais e durante o primeiro quinquenio), fronte ás pouco máis de 600 creadas entre 1860 e 1900, de tal modo que o impulso de creación das escolas é anterior á Lei Moyano (1857), se ben esta, que se sitúa nunha conxuntura expansiva, contribúe a acelerar o ritmo de creación”. Así, por exemplo, para o caso da provincia de Ourense facilita unhas cifras que poden resultar significativas en canto a ese crecemento exponencial no número de edificios, pero que, en grande medida carecían dunhas condicións mínimas para un desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe axeitado ás novas necesidades do momento, tanto no que tocaba ás condicións construtivas como pedagóxicas. Porque, como se verá, en pleno século XX, unha grande parte dos edificios escolares do concello seguen a ser de propiedade privada, en réxime de aluguer, e que non foran concebidos para uso escolar. E non soamente iso, senón que o concello facía caso omiso da lexislación en vigor, como era o incumprimento da Xunta Local de Ensinanza, o pagamento do aluguer ou o retraso reiterado no aboamento dos haberes aos mestres. A modo exemplo desta expansión escolar de escolas públicas en Galicia, recollemos os seguintes datos reelaborados do mesmo autor para Ourense:
ANO: 1850 1855 1860 1865 1870 1875 1880 1885 1890 1895 1900
Escolas 1ª: 397 413 511 475 489 503 600 632 650 657 676
Alumnado: 21.611 22.409 24.477 25.125 28.222 41.726 44.982
En xeral, tanto para Galicia como para Ourense, “a traxectoria foi case sempre positiva e especialmente forte durante o século XX, tal e como queda acreditado pola evolución do alumnado matriculado nas escolas públicas galegas , entre 1861 e 1933”, tal e como sinala o profesor A.C. R. a partir da elaboración e análise da evolución do número de alumnos escolarizados en escolas públicas en Galicia entre 1861 e 1933. (Páx.750: H. da E. e da C. en Galicia).
Denantes de entrar a analizar a situación concreta do ensino obrigatorio no concello do Irixo ao longo do século XX e a continuidade do ensino medio non obrigatorio do que, por outro lado, participamos moitas das persoas que aínda na actualidade podemos contalo, engadirei duas consideracións relativas á transición ao século XX, que, por outro lado, aínda sendo comúns a outras poboacións, o caso do concello do Irixo, é, especialmente complexo por dúas razóns. Unha, pola falta de apoio, incluso imcumprindo a normativa, por parte da Administración Local á hora de ignorar de xeito reiterado a creación e posta en práctica da Xunta Local de educación en varios aspectos; e dúas, polo reducido número de edificios apropiados e infradotación das escolas en canto a material de apoio didáctico e mobiliario, especialmente na primeira metade do século, ademais dos recursos moi limitados para cubrir as dotacións económicas mínimas na retribución dos mestres, cando estes se vían obrigados en moitas ocasións a compatibilizar outros traballos e así sobrevivir malamente. Neste sentido, unha mostra da preocupación das familias pola educación dos nenos foi a existencia de “as escolas de Ferrado” ou “os mestres de avezar” que foron un recurso utilizado polas familias cando querían contar coa colaboración dos fillos para as angueiras familiares e tamén para acadar uns resultados máis satisfactorios cando o mestre non respondía ás expectativas no ensino recibido..
A modo de síntese sobre a transición do Antigo Réxime ao séc. XIX -e sempre seguindo as ensinanzas de A.C.R.- , unha das caracterísicas que destaca é a carencia “de datos fidedignos sobre o volume e alcance da escolarización en Galicia ao longo do Antigo Réxime. Hai que agardar até 1754 -os datos do Catastro de Ensenada- para ter unha primeira percepción global, dispoñendo en 1797 do coñecido como Censo de Godoy, que parece ser o que abre a información estatística no campo da educación”.
Neste sentido, a consulta do Catastro de Ensenada e a revisión de 1761 para o caso das parroquias do Irixo, no que toca ás Respostas Xerais non se menciona a existencia de ningunha escola, aínda que si a existencia de varios presbíteros que deberon exercer un mínimo labor de instrución para que algunhas persoas puidesen acceder ao mesmo labor a través do acceso a seminarios, preceptorías, cátedras e colexios de Gramática que, no caso da bisbarra do Carballiño, a máis próxima era a do Convento dominico de Ribadavia (1568), onde, por exemplo, exercera como superior a principios do sec. XV, despois de ser bispo en León e Ourense, Fray Alonso de Cusanca. A principios do XVIII tamén se crearía unha cátedra de teoloxía moral. Aínda na actualidade, a igrexa conventual conserva o escudo deste bispo con raiceiras no Irixo.
“Tamén en Salamonde (Santo Amaro), en 1672, don Francisco Pérez de Soto fundou unha cátedra de gramática, dotando con cen ducados ao seu profesor, ademais dunha casa con horta, pero debía estar inactiva en 1764, pois non se dan datos actualizados”.
Cara a fin do séc. XVIII, na provincia, foron varias as iniciativas de escolarización que se viñan a sumar á de longa tradición dos xesuítas en Monterrei, como foron os casos do Santuario dos Milagres, o da Asunción en Allariz -ao que puideron asistir persoas da familia do P. Feixoo-; ademais das preceptorías ás que se fai referencia no anexo reservado ao xurista Agustín Alén (A Alén-Froufe, 1771).
Sobre a información relativa á “Xeografía e cronoloxía da creación de escolas en Galicia”(A.C.R: Páx.538-539), entre 1521-1808, observamos que si se documentan algunhas no que hoxe podemos considerar como as bisbarras do Ribeiro e O Carballiño, en Ribadavia, Oseira ou Leiro.
A pesar dos tímidos avances que se teñen dado desde o sec. XVI ata ben avanzado o XX, o certo é que, en palabras de A.C.R., se viña notando “unha xeral pero progresiva alafabetización a través de vías de influemcia como a familia, coa axuda de cartillas -en 1583 chegaban a Santiago 700 cartillas de doutrina cristiá procedentes de Valladolid, para a venda en librerías-, aquelas como as maís socorridas, contándose a miúdo con familiares clérigos, maiormente de ordes menores”.
Ademais desta vía anterior, que sería a máis concorrida,“Hai que anotar tamén a contribución dos notarios e dos escribáns, a acción desenvolvida por algúns campesiños, quizais os primeiros e informais escolantes, e a acción realizada polos chamados mestres de avezar” …

Arquitecto Escolar: José Barreiro Vázquez (1958), quen asina varios proxectos de construcións escolares para o concello do Irixo.
Sobre esta modalidade de “mestre de avezar”, A.C.R., citando a P. Pérez Constanti (La instrucción primaria desde el siglo XVI) dinos que eran chamados así: “os que exercían tal profesión, sen outro título que unha práctica constante, estimulada pola remuneración, xeralmente
convida de antemán en formais compromisos e contratos de aprendizaxe, que deberían cumprir con dilixencia para non perder o premio estipulado e o crédito”.

A totalidade dos edificios escolares, con ou sen vivenda, -na actualidade, uns en ruínas, e outros para usos diversos como centros sociais e “velorios-” xa foron construídos especificamente para uso escolar entre 1950-1965, froito do Plan Galicia de construcións escolares. Ademais da financiación pública, a veciñanza facilitou o terreo, materiais de construción, e contribuiu con aportacións económicas e man de obra non retribuída.
Ás portas do século XX, e despois de ter experimentado o ensino en xeral unha transformación significativa, tanto pola remuda social, como política e cultural dada a influencia das novas correntes políticas e pedagóxicas inspiradas na Revolución Francesa, os enciclopedistas e a Ilustración, como as propostas revolucionarias do P. Feijo e o P. Sarmiento que, entre outras, propoñían un ensino menos memorístico, máis próximo á realidade do “país”, o recoñecemento da lingua galega como vieiro de coñecemento do máis próximo ao xeral ou para a aprendizaxe do latín a partir da inmediatez entre este e a lingua galega…a recomendación de que os mestres e cregos coñezan e empreguen a lingua galega para facer máis intelixibles as súa mensaxes e evitar erros graves na comprensión en castelán polo descoñecemento desta lingua polos destinatarios…estes e outros elementos contribuíron a que os coñecidos como “Séculos escuros”, engordiño, e froito dalgunhas ideas renovadas no plano político en España, a Primeira Republica; en Galicia polo avance do Provincialismo (1846-Mártires de Carral), e o Rexionalismo, máis ou menos desenvolto, (Alfredo Brañas), ata o Nacionalismo do Séc. XX coas Irmandades da Fala (1916), creación da R.A. Galega (1906)…tivesen unha manifestación cultural e literaria de primeiro nivel co Rexurdimento literario da man de Eduardo Pondal (1835-1917), Rosalía de Castro (1837-1885) e M. Curros Enríquez (1851-1908), que supón un esteo fundamental para a recuperación do prestixio literario acadado pola lingua durante a Idade media, de maneira especial, coa “Lírica galego-portuguesa” e a manchea de trobadores, xograres, de toda condición, desde reis ata os intérpretes de romances de cegos polas feiras da Galicia rural e urbana.
Ao falarmos de escolas e destinatarios do ensino no S. XIX, e tomando a modo de exemplo os tres senlleiros poetas do momento, Rosalía, Curros e Pondal, sabemos que Pondal completou a súa carreira académica na Universidade de Santiago como médico, pero, na súa adolescencia, segundo as súas propias verbas, sendo natural de Ponteceso, asistira a aulas de latín en Vilela de Nemiña a xunta dun tío crego, e de gramática castelá, e que pasaba a rentes do dolmen de Dombate, símbolo do celtismo, segundo o poema “O Dolmen de Dombate” (1895):
“cand´eu era estudiante
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
Cand´iba pr- a Nemiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do boo Villafañe”.
No caso de Curros, natural da vila e Celanova (Na actualidade sé da ·Fundación Casa dos Poetas), onde o seu pai exercía como escribán, son abondo coñecidas as liortas entre pai e fillo a causa das ideas conservadoras daquel e as máis progresistas do fillo, que asistiría no convento do mesmo lugar á escola para logo cursar o bacharelato en Madrid e encetar os estudos de Dereito, segundo as directrices do pai que trataban de encamiñalo na mesma dirección cá del como “xurista”, como era o caso frecuente na época de deixar en herdo a profesión ao fillo. Despois de moitas idas e voltas entre Celanova, Madrid ou a Habana, ademais de escribir en castelán tamén o fai en lingua galega, sendo esta última pola que merece un maior recoñecemento entre nós, por ter servido de superación entre o esquecemento e o Rexurdimento Pleno.
O caso de Rosalía, cuxa traxectoría biográfica da infancia, adolescencia e xuventude a podemos situar entre Santiago, Ortoño, Bastavales e Padrón, a súa etapa escolar ten como referencia Compostela, onde asistiría ás actividades culturais organizadas polo Liceo de la Juventud, e recibiría a instrución considerada daquela como a máis apropiada para unha moza da época (nocións básicas de debuxo e música).
Estas referencias aos tres escritores esenciais do Rexurdimento literario en Galicia non son máis ca unha mostra mínima de como tiña mudado, non tanto o ensino en xeral segundo os criterios marcados pola Lei en canto á exclusividade da Lingua Castelá, senón na evolución experimentada por determinadas capas sociais en canto á aceptación da Lingua galega pola sociedade, aínda que esta tardase ben anos en ser incorporada como obrigatoria no ensino, e se mantivese como estraña no ámbito escolar. E mesmo ser obxecto de desputa entre dona Emilia Pardo Bazán e M. Curros.
En relación coa expansión das escolas de primeiras letras, tiveron unha presenza relevante en Galicia as identificadas como “escolas de ferrado” : ”nas que unha persoa con algún saber, moi limitado, sen cualificación pedagóxica nin acreditación administrativa, situada nalgún local (ás veces penoso e totalmente inapropiado) “poñía escola”, sobre todo no tempo da invernía, recibindo a cambio unha prestación por parte de cada alumno asistente por tempada, consistente xeralmente nun ou varios ferrados dalgún produto agrícola (centeo ou millo, case sempr), variábel, segundo o peíodo de asistencia (só ás mañás, mañás e tarde), e as aprendizaxes a realizar (ler, ou tamén ler, escribir e contar, á beira dalgunha sempre presente instrución relixiosa” (A.C.R: Páx:737-8).
O autor numera aínda outras características deste modelo de escola como: o de contar cos parabéns da familia, ser de base parroquial, que se adecuaban ás quendas agrícolas, pagamento asequible, réxime máis flexible en canto ao emprego do idioma galego, etc.
Aquel tamén suliña a creación das escolas de fundación, como á que nos referimos no comenzo desta crónica con respecto ao concello do Irixo, a escola da Lama-O Campo, de iniciativa parroquial (1826), froito da obra pía de Francisco Ferradás Dapena. No século XX, como se verá, e dadas as carencias dalgunhas das escolas abertas, aínda se dará o caso frecuente de colaboración en canto a man de obra, materiais e terreos facilitados polos veciños, e algunha aportación económica de persoas particulares (José Domínguez (1924):”Real Orden disponiendo se clasifique de beneficiencia particular docente la Fundación instituída en Souteliño, Ayuntamiento de Irijo, (Orense) por D. José Dominguez), e Bernardo Castro en Corneda para o mantemento da actividade escolar nunhas mínimas condicións de aproveitamento.
Bibliografía
Arquivo Municipal do Concello Do Irixo. Arquivo Histórico da Universidade De Santiago
Caride Gómez, J. A. (director), coordenadores: Antón Costa Rico, Agustín Requejo Osorio: A Educación en Galica. Informe Cero. Univ. De Santiago De Compostela. 1988.
Costa Rico, A.: Historia da Educación e da Cultura En Galicia (seculos IV.XX). Edic. Xerais, Vigo, 2004.
Requejo Osorio A. E Cid Fdez, X. Manuel (coordenadores): Educación e Sociedade en Ourense. Edic. Do Castro, Sada, 1989.
Suárez Pazos, M. e Outros: Memoria Da Escola. Cultura Material e Testemuños Da Nosa Historia Educativa Contemporánea). Edc. Xerais, Vigo, 2006.
Universidade De Vigo: (estudar En Ourense) 50 Anos De Estudos Universitarios En Ourense (20 De Novembro De 2024).
(Continuará)
O Irixo, maio de 2026
Xulio Dobarro Ferradás



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xulio Dobarro:
Xulio Dobarro: De ensinanza e promoción escolar (O Irixo: Dous séculos. 1ª parte)
Xulio Dobarro. O Irixo: última -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)
Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá
Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”. De Ourense a Compostela
Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía
Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque
Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor e A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”
Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”
Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes por Emilio Duro Peña “
Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”
O Irixo-Dadín : J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (III)
O Irixo: J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (ii)
O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal” en “La Región”
Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán
Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”
Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “
Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”
Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”
Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.

















