Xulio Dobarro. O Irixo: “Desamortización eclesiástica en Orense” ( don Ramón O. P.) sobre bens e rendas aforadas na contorna local

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


“El estudio de la desamortización y especialmente de la eclesiástica es de absoluta necesidad para entender la historia económica y social de Galicia en el siglo XIX y en el actual -XX-.

 No ha sido abordado el conjunto. Requiere, además, de la rigurosa preparación metódica, una exacta visión del problema y de sus repercusiones prolongadas hasta el campo dudoso y apasionante de la caracteriológía, hasta el paisaje y la literatura. La proyección de antiguas “manos muertas” aún es inseparable de muchos horizontes y no solo por la condición impuesta por las cercas conventuales. Huyendo de la tentación de buscar la influencia de los cambios de la propiedad de la tierra en las direcciones y formas del Romanticismo gallego, meditemos en los evidentes frutos de una buena  monografía sobre la presencia, recuerdo y comentario de aquellos procesos, en apariencia sólo económicos y jurisdiccionales, en los cuentos y novelas de la señora Pardo Bazán, en algunas obras de Rosalía…El sentido que para el gallego guarda y reserva la tierra se refleja en las luchas por su dominio. Lo jurídico y  procesal envuelve para el gallego su sentimiento. No es el afán de pleitos, ni la avaricia de tierra, ni otros motivos semejantes los inspiradores  de determinadas actividades del gallego, sobre todo del campesino. Se le enjuicia en este rumbo con muy escaso fundamento. Lucha, demanda, sutiliza, por amor a la tierra en la que considera proyectada y afirmada su personalidad. La valoriza en medida y dimensión de espíritu…En este trabajo nos limitamos a unos cuantos momentos y aspectos del proceso desamortizador en las tierras orensanas. Eran ricas en monasterios y prioratos. Otras grandes casas religiosas de Galicia poseían bienes y derechos en las “ribeiras” de Orense”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

    (Ensayo sobre la desamortización eclesiástica en tierras de Orense por Ramón Otero P. en Cuaderno de estudios gallegos X, 1955)

 Este texto introdutorio de don Ramón é unha mostra mínima da súa extensa obra, tanto ensaística como literaria que, no tema sobre a desamortización aborda dun xeito moi próximo, pola cercanía da súa experiencia familiar e social. Como persoa, diríase que a súa capacidade intelectual competía coa súa solemnidade física, como o tiña demostrado nalgunha circunstancia comprometida, por exemplo, cando de camiño a Santiago en xullo de 1926, ao chegar ao Carballiño e cruzarse coa parella da Garda Civil, por resultaren sopeitosos, o cronista Xavier Pardo suliña que “ O Otero Pedrayo, que é un home de moita “pantalla” pra pôr enfrente de calquera, foi o encarregado, coa sua diplomacia de presentar as nosas credenciales â autoridade, que se deu por satisfeita”.

 Nesta andaina a Santiago, os camiñantes non miran só para o chan, senón que van introducindo algunha que outra reflexión sobre a contorna como a que, nesta ocasión sobre os bens desamortizados relativa ao mosteiro de Oseira e un suceso extraordinario sucedera uns anos antes: “Dende  O Castro -de Beiro-, ollamos, na lonxedade os montes de Oseira, onde a incuria e o abandono, van pouco a pouco deixando arruinar o célebre mosteiro que un día non lonxano -1909-, foi mudo testigo da salvaxe e sanguiñenta xornada, por mor do tráxico baldaquino..” 

 Outra volta no “Ensaio histórico da cultura galega” (1932) expresa de xeito rotundo que “de cumprirse un absurdo proxecto, só na cidade de Santiago derrubaríanse entre outras as magníficas estruturas de San Martiño e San Francisco e as graciosas igrexas de Salomé, O Pilar e San Miguel. San Xorxe da Coruña foi destruido e o mesmo destino ameazou ós cenobios de Caabeiro e Erbón, e a fermosa fábrica oxival de San Martiño de Noia. Quen vise o saqueo da biblioteca do Colexio do Cardenal en  Monforte, a ruina en Oseira e de Sobrado, por exemplo, a bárbara destrucción do templo dominico de Pontevedra do que só restan os mutilados ábsides, non pode fuxir a un sentimento de dor. A vida aldeá en Galicia rexíase ó sonido da campá monástica e non gañou nada coa desamortización. Seguiu o relativo latifundismo, as terras e as rendas pasaron a mans de seglares aínda máis indiferentes e alongados cós monxes e xurdiu un novo tipo de gran interese social; o exclaustrado. A catedral de Santiago perdeu moito do solemne ceremonial necesario á súa significación ecuménica. Ó cerrárense os Colexios e a Facultade de Teoloxía, a Universidade faise máis oficinesca e centralista. Dirase quizais que estaban mortos…

 Os fidalgos cada día máis combatidos en silencio polos comerciantes, na súa maioría casteláns, procuraban cos seus actos e a súa influencia en Madrid soster co coro interesado de pequenos caciques, unha sombra de dominio no agro. Pero estaba rota a fermosa harmonía do setecentos entre o pazo e a aldea. Os cataláns traen o seu alegre dinamismo ós pequenos portos galegos. Santiago e A Coruña loitan por unha sombra de capital galega. Un aldeán, un mozo de Lugo, D. Manuel Becerra, foi o máis puro liberal e o revolucionario maís fino nas rúas de Madrid. Pero no seu conxunto a vida galega é exteriormente provinciana e triste. O galeguiño triste humíllase en Madrid e explora as súas cualidades subalternas para medrar…”

 Sentadas estas ideas iniciais que inspiran esta colaboración, na homenaxe a don Ramón neste “Ano Oteriano” polo cincuentenario do seu pasamento, e cunha perspectiva máis actual, engado outra aportación do profesor Ramón Villares (Historia de Galicia. Parte II. La Voz de Galicia, 2020), ao obxecto de centrarmos o tema que xa ten sido obxecto de abondosos estudos por especialistas, pero que neste caso presentarémolo -coa maior humildade- desde o punto de vista local do concello do Irixo, unha vez asentadas as bases da man de don Ramón e Ramón Villares que, como sabemos, ambos os dous deixaron pegada na Universidade de Santiago na Facultade de Xeografía e Historia, aquel cando foi separado como catedrático do Instituto de Ourense en 1937, a consecuencia da situación política do momento, en plena Guerra Civil, permanecendo inhabilitado ata 1948, ano no que toma posesión da cátedra de Xeografía, ata 1957, en Santiago. Con respecto ao profesor emérito da Facultade de Xeografía e Historia, Ramón Villares, a pouco que se saiba del, as publicacións son abondosas e fértiles, e as responsabilidades públicas en institucións relacionadas coa Cultura en Galicia son inxentes. A modo de exemplo sobre a desamortización, recollo os seguintes parágrafos:

No Campo, os “diestros”,  reitoral e anexos como a palleira, a eira ou o muíño, que saíran a subhasta, non foron adxudicados cando a desamortización dos bens seculares. Tampouco os da maioría das parrroquias, a excepción dalgúns como en Corneda ou Cusanca.

 “En virtude das leis de desamortización, o Estado liberal “nacionalizou” os bens das institucións suprimidas (fosen ou non eclesiásticas) e dispuxo a posterior transferencia a particulares  (mediante poxas ou redencións) da riquez incautada. En Galicia, a riqueza que tiñan as institucións afectadas estaba constituída, fundamentalmente, por foros e censos, isto é, dereitos a percibir unha parte do que se producía anualmente nas labranzas galegas (cereais e viño, basicamente) e que coñecemos como rendas.

 A desmortización non foi un proceso continuo nin repentino. Durou todo o século XIX, pero tivo tres fases máis intensas. Estas foron a do Trienio Liberal (1820-23), que afectou ao clero regular masculino, a de Mendizábal (1836-1844), que puxo en venda xa todos os bens do clero, regular e secular, e aboliu os décimos, que eran case a fonte principal de ingresos para boa parte da poboación eclesiástica. E a fase coñecida como de Madoz, a partir de 1855, definida como “desamortización xeral”, na que se incorporaron ao proceso de nacionalización e posterior transferencia a particulares todo tipo de bens, eclesiásticos ou non que debían entrar no mercado.-Á riqueza de orixe eclesial súmase a dos municipios, universidades, hospitais, fundacións pías, capelanías, etc.”    

Quen adquiren os bens desamortizados, que proceden en máis do noventa por cento de patrimonios eclesiásticos, son ou nobres fidalgos, ou profesioanis e funcionarios urbanos ou, en especial, comerciantes, grandes arrendatarios e burgueses que tiñan títulos da Débeda Pública para pagar a bo prezo a riquez poxada, en diferentes etapas, ao longo do século XIX. Pero o máis importante a subliñar é que, nunha proporción das tres cuartas partes, a riqueza desamortizada consistía en dereitos a percibir unha renda e non en terras.       

  ...os foros dos mosteiros agora son dos comerciantes vilegos, mentres que os foros que tiñan os fidalgos seguen na mesma situación que antes. Non hai, por tanto, desartellamento da propiedade feudal coa crise do Antigo Réxime, porque a fortaleza e especificidade deste en Galicia anula os efectos que, pola contra, aparecerán noutras rexións españolas…”

 O ensaio de Otero resume de xeito abondo detallado todos os bens de orixe eclesiástica que, na provincia de Ourense, foran obxecto da primeira vaga de subhastas. Asi, despois de facer un percorrido polo tratamento que recibira a nivel das Cortes naqueles anos máis activos, a década de 1840-1850,  cita algúns dos títulos publicado a modo de guías para moverse no ambiente de euforia da desamortización: “Manual de compradores de bienes nacionales, Manual de desamortización civil y eclesiástico…”; ademais de incluír unha relación dos “momentos importantes” da lexislación desamortizadora “moderna” desde  finais do XVIII, que reflicten con “incomparable verdad” os cambios políticos. Que aquel remonta a 1798, con varias disposicións ao respecto, ata 1845, coa orde de devolución dos bens vendidos, ou as curiosas subhastas de “plata, oro y los bronces de las campanas de los conventos” de 27 de agosto de 1837 na provincia de Ourense dos mosteiros de Melón, San Francisco de Monterrei, A Mercede de Verín, San Francisco e San Domingo de Ourense, e o priorato franciscano do Bon Xesús en Trandeiras (Xinzo). Da venda resultou unha recadación de 2.759 onzas que, a 16 reais a onza, deron a cifra de 41.264 reais. -Nos días que andamos deste século XXI, algúns destes pazos conventuais seguen na ruína, por exemplo, o de Melón, Trandeiras, S. Francisco en Ourense (exclaustración en 1835) o claustro conservado e outra parte transladado á rúa Xoaquín Lorenzo, pé do parque de San Lázaro, onde foi entalada entre edificios a igrexa a partir de principios do século XX. O lugar de orixe, de San Francisco en Ourense,  unha parte das instalacións acolleron o cuartel militar e na actualidade as instalacións do Arquivo histórico provincial, quizais a Biblioteca e outras construcións adxacentes modernas, despois de que algúns fósemos recoller as credenciais para formar parte do exercito español e ir defender, entre outras, as posesións de “ultramar” no Norte de Africa cando discorrían os últimos anos denantes da extinta obriga do servizo militar).

 Na mesma xornada na que estou a redactar esta entrega, tópome na prensa do día (La Voz de Galica, 3 de maio de 2026) dentro dunha colección titulada “Os grandes personaxes da historia de Galicia”, da catedrática de Historia da Universidade de Vigo, María López Díaz, que adica ao “Ilustre erudito”, Frei Martín Sarmiento (1695-1772) a súa colaboración, na que chama a atención non só polo que consta no titular, “O ilustrado que reivindicou o galego”, como polo que vén ao caso sobre o tema obxecto de reflexión da desamortización. Así, segundo a profesora, sería chamado a consultas por institucións, membros da elite, mesmo dos monarcas Filipe V, Fernando VI, e as súas ideas inspiraron e influíron en autores posteriores, como Jovellanos, Cornide, aínda que fosen esmorecendo coa caída de Ensenada e principalmente coa chegada de Carlos III. Destacando como tema de especial interese a defensa da orde bieita á que pertencía, e reivindicando a continuidade do “statu quo” sobre os bens, ata o punto de “encadrarse no litixio foral de mediados do século XVIII, centrado sobre todo en Galicia, onde as institucións portavoces da fidalgúia  subforeira, encabezadas pola Xunta do Reino, pretendían obrigar aos mosteiros (donos do dominio directo) a renovar aos descendentes  dos primeiros foreiros  (intermediarios) as cesións que caducaban; un conflito agrario e xurídico que acada o seu punto álxido cara a 1759.Como defensor da Orde afectada opoñíase á renovación forzosa e centrou os seus ataques neses intermediarios -“caciques”- e os seus valedores, obviando que entre os defensores da renovación tamén había membros do clero e labregos”.

 Con estas advertencias o que se quere poñer de manifesto é que o tema da desamortización como xa advertía Otero, Villares, ou a profesora María López é dunha complexidade extraordinaria, tanto pola súa permanencia no tempo como polo seu desenvolvemento, en constante revisión, que unido á redención dos foros se mantén durante aproximadamente arredor de douscentos anos, desde mediados do XVIII ata mediados do XX.   

 Se volvemos os pasos sobre o ensaio, -orixe desta reportaxe- de don Ramon Otero P., infórmanos que en 1839 os bens administrados como nacionais polas oficinas de arbitrios de desamortización (enaxenación) da provincia de Ourense clasificábanse en: A/ De Bieitos e  Bernardos (mosteiros e priorados de Celanova, Oseira, Santo Estevo de Ribas de Sil-priorados; Santa Mª de Melón-priorados,; Montederramo e granxas/priorados); San Clodio-priorados; Xunqueira de Espadanedo-Partidos; Sobrado dos Monxes con priorados en Gomariz, Moldes, Banga..; San Martiño Pinario con priorados en Gomariz, Cabanelas, Moldes…; Carracedo:priorado de San Vicenzo; Acibeiro con priorados en Banga, Beariz, Laxas, Cameixa; San Bieito de Montes; San Martiño de Castañeda; Samos con adegas en Golfariz e Celaguantes; San Bieito de Valladolid:Granxa e partido de Cameixa (dependente de San Salvador de Asma-Chantada).B/ Santa Clara de Allariz con varios partidos e maiordomías; San Paio de Antealtares (Santiago) con priorados como o de Lobás; Dominicas de Belvís (Santiago) con rendas en varias parroquias do Ribeiro; C/ Santo Domingo de Ourense, Ribadavia, Lugo (granxa en Cudeiro), Santiago (Granxa da Quinza), A Mercede de Verín, A Mercede de Conxo coa granxa de Pazo en Trasariz; Terceiros de Melide coa granxa de San Cristovo de Regodeigón; Santo Agostiño de Santiago na granxa de Santa Marta; D/ Colexio de Monterrei; E/ Encomenda da Barra, santiaguista con prendas na Limia, San Pedro de Garabás, Batundeira; F/ Estados de Monterrei con rendas nos partidos de Vilanova dos Infantes, Laza, O Riós…

O muíño do Freixeiro, daquela (1853) no Partido de Saavedra -Encomenda de Pazos de Arenteiro-, saíu a subhasta, sendo adquirido en data posterior polos da Casa Grande de Dadín, xunta cunha longa extensión de prado coa súa presa de derivación desde o río Viñao ata o cubo do muíño. Na actualidade pertence aos que mercaron o prado por parcelas e así adquiriron o dereito de moenda. 

 Con respecto á evolución das subhastas dos bens, por exemplo as do mosterio de Oseira que, de comenzo foron adquiridos por J. Mª Nocedal, pasaron por varias fases. Así, en 1840 foron subhastadas as casas chamadas dos Hospicios, dos Alcaldes, do Médico, do Cárcere, do Boticario, do Escribán, 25 pezas de horta con 265 árbores froiteiras, a Nabeira grande cunha eira (40 ferrados); o “Campo” de 66 ferrados; “O Prado grande do Suforno” de 38 ferrados; varios montes cunha superficie de 260 ferrados con 1.876 pés de carballos e castiñeiros; a horta do Pombal: en conxunto  máis de mil ferrados  de sementeira, taxados en 167.814 reais. Unha vez anulada a venda ao anterior titular, Nocedal, foron adquiridos por José Ulloa Pimentel. A listaxe dos priorados do mosteiro de Oseira resulta de tal magnitude, non só na provincia de Ourense, como tamén na de Pontevedra en Marín -á que se vencella a orixe do polbo na comarca do Carballiño, por canto a vila de Marín rendía contas nesta especie- ou a orixe da feira do Carballiño, vencellada ao mosteiro e a venda casa da Orde na mesma vila taxada en 4.500 reais. Tamén a que hoxe se vén coñecendo como bisbarra de Deza-Dozón era en parte administra polo cenobio cisterciense. Na contorna do “Ribeiro alto” eran varios forais os que eran do “dominio directo” de Oseira polo que este percibía grandes cantidades de “centeo, trigo e millo”, ademais, da importancia do viño en Señorín, O Varón, Cabanelas, Partovia, e algúns carros de leña, cera, galiñas. A “granxa de Graíces” na Peroxa  tiña como máis considerable o foro de do lugar de “Corneda” de 146 ferrados.

 En relación co mosteiro de Acibeiro, segundo Otero Pedrayo, en 1842 anunciábase a subhasta dos bens do priorado de Banga -foros de Santa María do Campo, de Queirás, de Dadín-  en total de 170 ferrados de centeo e algún carro de leña que se calculaba a oito reais. Anos máis tarde foi subhastado o foro dos “Xaneiros” e o de Juan de Ogando, pertencentes á paneira de Beariz.

 O que precede é unha mínima mostra da análise despregada por Otero neste curto, pero  denso ensaio sobre  a desamortización eclesiástica en terras de Ourense. A continuación faremos unha achega aos demais bens obxectos de desamortización, segundo a publicación daqueles que van saíndo a subhasta na provincia coa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, con atención preferente aos do concello do Irixo.

 O BOP DO 11-01-1842 , baixo o epígrafe de AMORTIZACIÓN informa que “debiendo procederse al arriendo de fincas rústicas y urbanas procedentes de monasterios y conventos de ambos sexos suprimidos en esta provincia que a continuación se espresan, se anuncia al público para que los  que quieran interesarse acudan a los puntos ó parroquias donde radican a enterarse del pliego de condiciones que se remitirá a las delegaciones de esta Comisión y  a los puntos donde deben clebrase aquellos”. A continuación recóllense os nomes de todas as ordes regulares -de ambos sexos- da provincia que, veñen sendo os mesmos xa numerados por Otero Pedrayo.

O mosteiro de freiras de San Pedro de Lobás, (clero regular) dependente do de Sampaio de Santiago, tiña aforadas varias propiedades nas parroquias estremeiras, incluído o lugar de Ramil (Loureiro). Aos estados secuestrados de Monterrei pertenceu a torre de Vilanova dos Infantes.

 Froito da abondosa confusión xerada pola administración dos concellos na xestión dos Bens de distinta procedencia, a ADMINISTRACIÓN DE CONTRIBUCIONES directas de la provincia publica o 22 de febreiro de 1848 unha circular na que advirte a aqueles do seguinte: 1-BIENES NACIONALES son los que están a cargo de la Administración del ramo y se componen de los siguientes: los procedentes de los monasterios, conventos (“clero regular”) Inquisición, Santuarios y Confradías, Encomiendas de las cuatro órdenes militares (Por exemplo a de Pazos de Arenteiro), Secuestros (Estados de Monterrei), adjudicados al Estado por alcances y otras causas.2-BIENES DEL CLERO SECULAR:Los administran las Juntas de dotación de Culto y Clero, y son: los pertenecientes a: Mitras, Cabildos, Colegiatas, Diestrales y rentas de los curatos, Fábrica de las parrroquias, Aniversarios y memorias pías.

 O desenvolvemento das recadacións pasou en varias ocasións pola ameaza da Intendencia, advertindo aos posibles arrendatarios que“el 31 del actual (diciembre de 1842) se vence el primer plazo de los arriendos de rentas forales y el segundo de los de fincas tanto del clero secular como de monasterios y conventos suprimidos (clero regular), estados secuestrados de Monterrey y demás ramos que corren a cargo de esta Administración principal. Espero que los arrendatarios todos se apresurarán a satisfacer lo que les corresponde, sin dar lugar a apremios ruinosos, que a pesar mío tendré que solicitar contra los morosos, para cubrir las graves y urgentes atenciones a que unos y otros fondos se hallan destinados”.

  O resto da instrución aclara algunhas circunstancias especiais dalgúns concellos como a daqueles que nun só concello existan bens eclesiásticos de distinta diocese, en cuxo caso os informes irán por separado,,, para rematar advertindo que “cualquiera duda que ocurra a los ayuntamientos acerca de la procedencia de algunos bienes o rentas, podrán deshacerla por medio de los arrendatarios, quienes precisamente deberán saber por quien se les hizo el arriendo, esto es si fuese por la Intendencia en cuyo caso serán Bienes nacionales, o por la Junta de dotación del Clero, que entonces pertenecerán al Clero secular (“Igrexa”).

 Amén dun senfín de rendas da súa procedencia, recollo unha a modo anecdótico dos identificados como “estados secuestrados de Monterrey” que se anuncia no BOP da provincia en subhasta para o 20 de setembro de 1848, en Celanova, do predio descrito como: “Una torre o castillo, sito en el centro del pueblo de Villanueva de los Infantes, de 51 pies de altura y 1,088 cuadrados de área con 5 y 4 media pulgadas de espesor, de construción antigua y en mal estado; fué tasado por los peritos con inclusión de los resíos que tiene, en la cantidad de 6,020 rs.por que se saca  á subasta: con la obligación de que el rematante ha de facilitar el granero á disposición del arrendatario para el entroje de las rentas mientras estas no sean vendidas”. (entrojar= gardar froitos, principalmente cereais nunha “troje”. Lembro esta verba de cando nunha visita a Estremadura na localidade do Casar, nunha  casa-museo se reserva na parte alta daquela un espazo para ese uso). Esta torre , na actualidade de acceso público, a modo de centro expositivo da comarca de Celanova, ofrece unha ampla visión de 360 graos sobre as terras de Celanova, pasando polo Furriolo ata a Limia, o Vieiro cara a Bande…San Cibrso de Las. Ao seu redor celébrase cada 17 de maio a festa etnográfica “Raigame”, declarada de interese turístico de Galicia na que se invita a participar e descobrir construcións como a torre da Homenaxe, os restos da muralla, a adega do San Vivián, a heráldica nas casas máis ricas, e tamén as construcións relixisoas como cruceiros, a igrexa de San Salvador cun fermoso Cristo románico, ou lembrar a lenda da Virxe do Cristal, que o poeta M. Curros Enriquez (1851-1908) loara, e que algún desalmado roubou a imaxe da man amiga do crego (Adolfo Enriquez Méndez) da parroquia, ademais  de acabar coa súa vida aquela noite fatídica do 10 de marzo de 2015. -Lembro o seu comportamento caritativo de cando nas visitas a Vilanova extraía do peto da camisa a imaxe e llela deixaba acariñar á rapazada, ademais da estampa da mesma que repartía afablemente entre os incrédulos pero estupefactos escolantes-.

 BENS E RENDAS AFORADAS NA CONTORNA LOCAL DO IRIXO:

1.Bens regulares dependentes do priorado de Banga que, á súa vez, pertenceron aos “suprimidos mosteiros de San Martiño de Santiago e de Acibeiro”,  así como tamén ao de Bernardos de Sobrado, que un particular pide a súa taxación  ao redor da igrexa como unha peza de labradío e viñedo de 20 cabaduras, capitalizada en 5,400 reais, cantidade de referencia para a subhasta. Outra de monte de 16 cabaduras, e unha de 39, ambas tasadas en 1.800 reais.

 Dentro do Priorado de Banga, dependente do mosteiro de Acibeiro, saen a subhasta as rendas forais de Santa Mª do Campo, do que é cabezaleiro Francisco Gil,  valoradas en cincuenta e cinco ferrados de centeo, por 237 reais e 27 maravedís, e as de Dadín de quince ferrados de centeo, cabezaleiro Andrés González, valorados en 64 reais e 29 maravedís, , máis dúas galiñas a 2 reais. 

2.-Bens do clero secular nalgunhas das parroquias como: DADÍN: Un anaco de terreo a labradío e monte cerrado sobre sí en Torroedo, valorado en 15 ferrados de millo (Na actualidade segue pertencendo aos bens diestrais de Dadín, no Coto das Laxas); outro de labradío e e prado cerrado sobre sí baixo a Igrexa valorado en 20 ferrados de millo; outro de monte estrumal tamén cerrado sobre sí no Val do Lago?. ESPIÑEIRA: Unha peza de labradío e horta no Val, de renda dous ferrados de centeo.; outra no Agro da Seara ½ ferrado de centeo; un prado denominado Lameiro , 1 ferrado, un anaco de monte ao pé da igrexa, outro monte inculto en Cerdeira, outro inculto  lindante coa reitoral. CORNEDA: Unha peza de labradío no diestro de riba, outra no diestro de baixo, un monte en Malareda, e unha peza de prado e labradío na Braña: tasado en 90 ferrados de millo. LOUREIRO: Unha horta, labradío, montes e carballeiras (490 r.), varios labradíos en Val de arriba, Carreira, Sobre do Rego, A Torna, Suprado, Suapresa, Castiñeira: 224 r.. PARADA DE LABIOTE: Prado con anaco de labradío e eira chamada Peza Grande unido á Igrexa e casa Reitoral: 200 r. e outra unida á anterior: 60 r. REÁDIGOS: Val, xunta a igrexa, A Seara, Meigeira e Maravillas na Veiga Casteá, Horta ao pé da reitoral, viña e parrais (1 moio de viño), outra no Casar, outra no Cruceiro da Castiñeira, outra en Canadas da Castiñeira, outra no Campo da Feita, outra de monte nos Torrentes, outra na Barcia (as valoradas táxanse en 75 r., e outras non consta o prezo), ademais dun terreo-fraga en Santiso valorado en 1 ferrado de millo. 1 Lámpara de la iglesia de idem?. FROUFE:  un terreo labradío, horta e prado unido á reitoral: 170 reais; outro no Agro longo: 10 reais. No ano 1848 continúa publicándose a relación de  fincas nacionais que existen para poñer á venda. Neste caso as da ENCOMENDA DE PAZOS DE ARENTEIRO (Partido de SAAVEDRA): Son cincuenta referencias distintas coa taxación en reais, cos seus cabezaleiros en varios lugares e con diferentes predios no concello do Irixo: Dadín, Saavedra, muíño do Freixeiro, A Condomiña, monte e muíño do Areado, Valdesoiro-A Retorta, A Seara, A Bugalleira, Orosa (Francisco Ferradás Dapena), Casares do Campo-O Mato, Vila, Baxín, A Lama, O Enfreado, A Reguega, Irijo, Puente Irijo, Froufe, Guixabara, Sidre, A Ermida do Fondo, O Cardedo e O Fontao, Montazgos de Saavedra e Dadín dos que son cabezaleiros “los vecinos por su orden “.

 O 2 de marzo de 1852 o BOP publica outra relación da ENCOMENDA DE PAZOS DE ARENTEIRO, do partido de CUSANCA cun longo número de propiedades aforadas en case todos os lugares da parroquia e predios concretos  valorados  en reais/ maravedís, así como os seus cabezaleiros:  O Carballal e Batallas, Rei a Antón, O Outeiro, A Fraga, Vixide e Peneirada, Chelos, As Bouzas, A Cabana, Rodrigo de Tabeirós, O Porto de Carros, A Felgueira, outro de Juan da Riva de Picón, Zacarade, Segade, Cusanca, O Castro, A Eirexe, As Cales e Agrobó, Barro, O Río, Lagorzos, O Pedrouzo, Outro de Tabeirós?, O muíño e monte das Coireiras e do Tellado, O Foxo do Cabrito, A Chousa dos Muíños, Os Prados do Abeledo, Chousa dos Gaios e das Coireiras, O Pico de Chelos, na Costa, Tarreo da Regueiriña,  As cortiñas do Río, do Maior de Ruiriz, outro das Coireiras inmediato a Chelos  e a Chousa da Regueiriña (cabezaleiro Manuel García Centeno). Suma dicha renta : 6.384 Reais, 31 marv. su capital al sesenta y seis dos tercios al millar 425,660rs.,27 mrs., por que se saca a subasta”. Para concluír o aviso coas condicións dos prazos, segundo a Dirección General do Ramo.

(Nota:Cabezaleiro(RAG-1913-1928): Diccionario Gallego-Castellano:”El mayor llevador de propiedades sujetas a foro, y, de consiguiente, el encargado de recaudar y pagar al directo dominio la pensión que a él corresponde, más las de todos los otros llevadores”).

 Na raíz de toda esta complexidade de trabucos tamén tiñan, en parte, a súa orixe nos dereitos de presentación exercidos nas  parroquias por diferentes poderes. Así, a parroquia do Campo, tal e como ten estudado Otero Pedrayo, na medida que exercía o seu padroado o mosteiro bieito de San Salvador de Asma en Chantada, foi obxecto dun longo proceso xudicial entre aquel e o bispado de Ourense; Santo Estevo de Cangues era anexo da dignidade Episcopal e Cabildo da catedral de Ourense; San Pedro da Espiñeira dos donos-patróns das casas de don Freán e Liñares, bispado de Lugo;   San Xoán de Froufe da Casa das Castañas en Amoeiro e da casa dos Tizón en Moldes; Santa Mariña de Loureiro do Conde de Monterrei.

 As parroquias dependentes do señorío da Encomenda (A Cidá, Cusanca, Dadín, Parada e Reádigos) os décimos maiores cóbraos aquela, e os menores, o párroco, así como luctuosa e dereituras na tulla da mordomía de Saavedra. Un caso illado é o do couto de Corneda de don Antonio Ribera e Zúñiga, do lugar de Lentille, xurisdición de Roucos, cuxa presentación da igrexa corresponde á Encomenda de Pazos de Arenteiro.

 Os décimos páganse en centeo e millo/paínzo maioritariamente, e nunha múltiple variedade de produtos: fabas, castañas, nabos, cera, mel, manteiga…animais domésticos que cobra o párroco enteiramente, ou reparte nalgún dos casos cos “padroeiros”, nas datas fixadas (festividades).

 As primicias son maioritariamente para a fábrica da igrexa e o voto do Apóstolo dez cuartos de centeo para os veciños con “xunta enteira” -de animais de tiro- e os de “media xunta”, cinco cuartos, sendo esta variable segundo a parroquia.

 No ano 1842 o Intendente provincial saca a subhasta os predios que o foron do mosteiro de Lobás, dependente do de monxas de Sampaio de Antealtares de Santiago, na que, ademais de varios lugares da contorna como A Piteira, Mosteiro, Bagarelas, Bertamil, Larouce, muíños de Trigás, Valfrío…inclúese o estremeiro de Ramil de Loureiro. No priorado de Partovia inclúese un foral de Cangues e Casariego en S. Estevo de idem. por un valor de cincuenta e un ferrados de centeo , cuxo cabezaleiro é Baltasar González da Lama, por 7,107 r. e 29 mrs.

O 8 de set. de 1840 anúnciase subhasta do foral do lugar do Quinteiro en S. Mariña de Loureiro nos seguintes termos:”Veinte y cinco ferrados de centeno que se perciben por dicho foral del que es cabezalero Clemente Rodríguez y José Vermudez, al precio de 4 rs. y 11 mrs. Señalado al partido del Carballino, hacen 108 rs. y 3 mrs.  -Cinco ferrados de mijo menudo al 3 ½ rs., 17 rs. Con 17 mrs.- Un carnero y por el II rs. -Cuatro mrs. De derechuras- = Suma la renta de este foral 136 rs y 24 mrs. y su capital al 66 2/3 el millar 9,11 rs y 24 mrs.”

 O 18 de xuño de 1842, dentro dos bens do clero secular, adxúntase unha relación de fincas urbanas obxecto de subhasta, entre outras as seguintes, no Irixo: Parada de Labiote: Dúas como casa-palleira de xunta a igrexa e outra de forno; Santa Mª do Campo: Unha casa-palleira no Campo da igrexa xunta a eira, Un muíño fariñeiro nas Baraceiras (renda 50 rs.). Santa Mariña da Cidá: A terceira parte dun muíño de moer tres meses na Pena da Festa. Estas propiedades, polo menos as do Campo non foron adxudicadas, pois seguen dentro do diestral da igrexa e ao pé do Viñao contra As Campinas.  

 Á vista dos resultados que se poden constatar na actualidade con respecto aos bens seculares/eclesiásticos nas parroquias do Irixo, na miña opinión entendo que na súa maioría seguiron pertencendo á igrexa, agás pequenas excepcións, quizais como o caso de San Cosme e San Damían de Cusanca e Santiago de Corneda, nas que só se conservan as reitorais e algún espazo anexo, nas demais todas manteñen amplas parcelas unidas entre si e con diferentes aproveitamentos -prado, leira, horta, monte estrumal e arborado-  ao redor da igrexa/reitoral, máis algún que outro predio pola parroquia. Situación que se dá de xeito semellante  nos bens de señorío que pertenceron á Encomenda de Pazos ou de Monterrei.

 As dificultades para acceder á posesión ou alugamento das propiedades, que estaban masivamente aforadas, repetíanse ao largo e ancho de Galicia pola falta de liquidez dos labregos para facer fronte aos pagos e prazos establecidos, que, como suliñan os expertos na materia, ían caer ás mans de persoas vencelladas ao comercio, á pequena burguesía e intermediarios da administración que tiñan acceso  á información e créditos do Estado.   

 Froito desta situación, o Intendente subdelegado de rentas da provincia de Ourense, fai notorio : “que de acuerdo con la Administraciónn de Fincas del estado de esta provincia, se sacan en arrendamiento público para tercera subasta con rebaja de una quinta parte del tipo, todas las rentas de casas matrices y prioratos de monasterios y conventos, encomiendas vacantes y otras dependencias que se administran por dicha oficina, que quedaron sin arrendar en la primera y segunda subasta, en los partidos judiciales que abajo se expresan, así como los días en que han de celebrarse; dando principio a la admisión de posturas el día 30 del correinte en los estrados de esta Intendencia desde las diez de la mañan hasta la una de la tarde, bajo el pliego de condiciones que estará de manifiesto. Lo que se hace saber en el Boletín Oficial para conocimiento de las personas que quieran interesarse; advirtíendose que la subasta será doble en esta capital y en los partidos, y que pasados los días marcados no se adqurirán posturas.Orense, 13 de agosto de 1848:= Felipe de Ariño.”

 Arriendo en la 3ª subasta en los partidos siguientes: Los partidos judiciales de Orense, Allariz, Celanova, Ribadavia, Carballino, Bande, Trives, Verín y Ginzo de Limia los días 30 y 31 de agosto.

 Las rentas de la mayordomía de las monjas de Allariz los propios días en esta capital y en la corte.

 A situación resultaba tan insostible que o 7 de xullo de 1848 pola Intendencia: “Se declaran nulas  cuantas moratorias hubiesen concedido á los compradores de Bienes nacionales”.”El Excmo. Sr. Ministro de Hacienda ha comunicado a esta Dirección …lo siguiente: El primer objeto que las Cortes y el Gobierno se propusieron al declarar en venta los Bienes nacionales, fué el de la amortización de la deuda pública. De nada sirve el impulso dado y que se está dando á la venta, si descuidando la recaudación de los pagos que deben hacer los compradores, se pierde de vista aquel importante objeto.Por lo tanto, S. M. La Reina ha tenido á bien declarar nulas desde esta fecha cuantas moratorias se hubiesen concedido a los compradores de Bienes nacionales…espera que adoptará las medidas oportunas para que los compradores de Bienes nacionales paguen en los términos prescritos, ó se proceda en otro caso á las subastas en quiebra de las fincas, según la legislación vigente…y se procederá desde luego de apremio por los descubiertos en que pueda hallarse”.

 A evolución experimentada xa nos primeiros anos resulta abondo irregular, tanto polo abandono do pago por parte dalgúns compradores, como polo estado ruinoso no que estaban a caer as propiedades. Por exemplo,como sería o caso recollido no BOP dun vecño de Madrid que non tiña satisfeito ningún dos prazos da compra dunha casa en Brués que fora rematada ao seu favor por 32,020 rs., inmediata á ponte, composta de alto e baixo, pisada, faiada e tellada, con tres salas, cociña, corte, adega, curro e forno de cocer pan, parcela de doce ferrados anexa destinada a labradío e viña, con horta e algúns frutais, tres pés de castiñeiros, que foi adxudicada á Facenda Pública por débitos que resultaron contra d- J- Mª Monre, sendo alcalde e depositario do concello de Boborás nos anos de 1839 e 1841…foi taxada en 28,357 rs. Que é a cantidade pola que se saca á subhasta.(Ourense, 11 de nov. De 1848).

 O estado de ruína que presentan algunhas propiedades das ordes regulares, como por exemplo o mosteiro de S. Estevo de Ribas de Sil, resulta arrepiante: “sácase novamente a subhasta a casa ex-convento da mesma pertenza, de lonxitude de douscentos noventa e seis pés, cento noventa e oito de latitude e de alto corenta e cinco, a súa construción de cantería e mampostería; á entrada da porta principal  e ao lado dereito atópase a escaleira de cantería composta de corenta e oito escalóns, que dá servizo ás primeiras e segundas habitacións do primeiro claustro, e no centro deste no seu pavimento atópase unha fonte co seu pilón para o depósito das augas. No  segundo claustro atópase unha cruz alta de pedra. No terceiro outra fonte que prestaba o servizo de auga para a cociña, e está inutilizada. As oficinas altas e baixas que contén o edificio, atópanse moi deterioradas, faltan portas, ventás, vidrieiras, táboas nos pisos e faiados, reixas e balcóns de ferro, pois destes só quedan dous; atendendo dito estado e agás a parte absolutamente necesaria para a habitación do Cura e servizo da igrexa, por non haber outra casa reitoral, e estar o expresado mosteiro en mala situación, foi taxado en 290,000 rs., cantidade pola que se saca a subhasta. Ourense, 8 de nov. De 1848. Intendencia.

 O envurullado acceso ao alugamento ou á propiedade dos bens de orixe secular (eclesiásticos),  regular (ordes relixiosas) -tamén chamados de “mans mortas”- e de señorío (nobres/ordes militares), bens nacionais, pode aplicárselle calquera cualificativo menos o de doado e áxil, porque como se pode percibir nalgún documento de ámbito local, aínda a principios do século XX as débedas e a redención de foros non estaban pechadas. Vexamos dous exemplos típicos do ámbito local, pero que eran comúns a moitos puntos  do “Reino”.

 1: En 1901, o Recadador subalterno da zona 7ª, que comprende o concello do Irixo, convoca na casa de “Irijo” do que era naquel momento alcalde, D. Pedro López Suárez, aos que teñen débedas contraídas con Facenda e non puideron ser satisfeitas por non ser coñecidos os bens mobles ou semovientes, polo que se acorda o alleamento en pública subhasta, entre outros a: “ D. Antonio Puga, vecino de Orense requerindo a D. Felipe López de dita vecindade como apoderado de D. Zenón López Franco de Madrid. O dominio directo que ten que percibir de Jose Cerdeira da parroquia de Parada polo foral titulado de Cerdeira e O Paraño, ou sexan cento vinte e catro reais polo indicado foral: valor para a venda 212 pesetas.” -Eu pregúntome: -Quen sería o tal posuidor, -Zenón, de Madrid-, do dominio directo.

2: Outro caso, que tamén pasou polos tribunais de xustiza, desta volta cunha persoa algo máis vencellada ao Irixo. Nesta ocasión, o xuíz municipal do Carballiño -Adolfo Ramos-, o quince de outubro de 1900 cita a unhas persoas de paradeiro descoñecido, “como donos de fincas afectas ao foral titulado “Antonio Pérez”, de canon anual de catorce ferrados de centeo, e dominio directo de D. Pío García Espinosa -pai de don Román García Novoa-, avogado e veciño de Pontedeume, cuxas fincas forais radican en términos da parroquia de San Cosme de Cusanca, concello do Irixo neste partido xudicial, para que comparezan na sala de audiencia deste xulgado o día 20 de nov. ás dez da mañá a manifestar se están ou non conformes coa práctica do dito apeo e prorrateo solicitado polo procurador D. Bernardo Castro, representante do dominio directo, e perito electo por este o titular don Constantino Blanco, veciño da parroquia do Campo…” (Dado en Carballino á quince de octubre de mil novecientos).

 A modo de mostra desta labiríntica traxectoria, reproducimos uns parágrafos dos moitos “pergamiños” manuscritos que dormen  acochados nas gavetas apolilladas pola couza e contribúen a manter acesa a luz da memoria familiar e colectiva. Neste caso, os documentos proceden dun arquivo persoal dun veciño da parroquia de Corneda, na que, a familia dos Quiroga-Pardo Bazán posuía un importante patrimonio, constando como tal a súa identificación dentro do Arquivo do Reino de Galicia nun mazo propio como da Casa de Corneda. Os que seguen, e como mostra desa reiterada mostra de absentismo por parte das familias fidalgas  -directo dominio- e a concorrencia dun número de actores-intermediarios múltiples -cabezaleiro, foreiro, escribán, perito, poderdante, notario- fixeron  que a tan reiterada mensaxe de “A terra para quen a traballa”  continuase viva ata mediados do século pasado, ademais da discriminación á muller que para a venda tiña que contar coa autorización do marido, como é  o caso da filla de dona Emilia Pardo Bazán e don José Quiroga, coñecida como Blanca ( doña Mª de las Nieves Quiroga y Pardo-Bazán), domiciliados en Palma de mallorca, casada co Marqués de Cavalcanti que o autoriza en 1926, entre outras cousas “para vender las fincas y derechos de foro que a la Señora mandante corresponden en términos de Irijo a favor de quien le parezca”.

 No mesmo documento faise constar que os bens obxecto de transación proceden “de las particiones extrajudicales del haber relicto del finado Excmo. Señor José Fernando Quiroga y Pérez de Deza … aprobadas y protocolizadas en 1913, en La Coruña…otorgadas a doña Nieves…como una de los tres hijos y herederos de aquel”.

 Nunha escritura anterior, de 1896, no Xulgado de Primeira Instancia do Carballiño, da “Escribanía e secretaría “ do Licenciado Jesús Alfeirán Taboada, preséntase “Testimonio de las operaciones aprobadas del apeo -delimitación do ben– y prorrateo -reparto– del foral titulado Priorato de Guimarás”, que, nun longo documento de oitenta páxinas, dáse conta da maioría dos lugares da parroquia de Corneda e outros da contorna (O Cepo, O Quinteiro, O Carballiño) e non só o que hoxe entendemos por Guimarás, no relativo ás rendas polas que viñan mantendo contrato de foro co  cuñado de dona Emilia, Eduardo Quiroga, que, na parte final conclúe así:

 “Las cantidades de renta con que figuran los sesente y nueve  pagadores al citado foral del Priorato de Guimarás hacen el total en los veinte y cinco ferrados de centeno y diez a panizo con que anualmente tienen que contribuír al Directo, se descuentan los cuarenta y cuatro cuartillos en centeno y diez y siete y medio en panizo correspondientes a las tierras de D. José Quiroga que quedan libres desde ahora y por tanto reducida la renta foral a veinte y tres ferrados y cuatro cuartillos en centeno y nueve ferrados seis cuartillos y medio en panizo que percibirá en lo futuro el dueño  del dominio directo D. Eduardo Quiroga Pérez por medio de Bernardo Eiján y Manuel Bernardo de Guimarás, a quienes los demás interesados nombran como cabezaleros y ellos aceptan el cargo. La renta es puesta en Carballino-Irijo catorce en diciembre de mil ochocientos noventa y cinco”.

 O percorrido dos trabucos, ao longo dos séculos nas múltiples modalidades de décimos, votos, primicias, pensións, foros, contribución única, como diciamos, foi longo e difícil, e así teñen dado testemuños abondos os especialista que se mergullaron no tema, pero non por iso iamos deixar -con certo atrevemento- de procurar unha mínima reflexión sobre o mesmo, sabendo da transcendencia do mesmo e de que algúns dos nomes que se citan non lles van resultar descoñecidos para algunhas das persoas das que se acheguen ata estas liñas, en particular para aquelas que peiteamos canas.

O Irixo, 6 de maio de 2026

Xulio Dobarro Ferradás


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro. O Irixo: última  -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)

Xulio Dobarro. O Irixo: Introdución ao Catastro de Ensenada segundo don Ramón O. P. A xurisdición de Orcellón e a Encomenda de Pazos de Arenteiro 

Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------