O Carballiño recupera un sendeiro entre o núcleo de Arcos e a fonte termal do ‘Bañiño’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño amplía a ruta peonil do río Arenteiro coa recuperación dun sendeiroo que une o núcleo da localidade de Arcos coa contorna da fonte termal do Bañiño. A intervención supón unha importante mellora da accesibilidade para a veciñanza, así como para as numerosas persoas que visitan a zona polo seu alto valor ambiental, histórico e termal. “A recuperación deste camiño supón unha posta en valor do Bañiño, un lugar moi importante do noso Concello, unha das nosas xoias”, apunta José Castro-Gil, alcalde en funcións.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por outra banda, esta actuación amplía a rede de sendeiros do municipio, unha aposta do goberno municipal por situar a natureza e o territorio como elementos centrais da experiencia turística, contribuíndo á conservación dos recursos naturais e á mellora da calidade ambiental. “Cada vez son máis os paseantes que sea achegan ao Carballiño para coñecer a riqueza natural e paisaxística”, asegura o alcalde en funcións.

A actuación, valorada en 63.748,85 euros, realizouse a través de Fondos Next Generation EU, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O proxecto incluíu a escavación e movemento de terras, a construcción de camiños peatonais e superficies empedradas e o desbroce e eliminación da maleza existente.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------