Ribadavia recupera o subministro de augas dende o Avia, aínda que mantén os cortes nocturnos

O pasado venres o concello de Ribadavia comezou a realizar as probas do funcionamento da captación provisional do río Avia, probas que continuaron durante o sábado. Os resultados foron moi positivos e xa dende onte comezouse a dar auga de forma normalizada, pechándose polas noites nestes primeiros días de funcionamento, desde as 00h. ás 7h., como método de precaución e prevención do sistema.

Recordan dende o concello que esta é unha obra moi complexa e que foi realizada nun tempo récord, polo que entra dentro das previsións da administración que sucedan incidencias.

AVANTAR ACTIVIDADES

O regato Maquiáns neste momento segue sen apenas levar auga, polo que o proceso de transporte en camións continúa en alerta.

Así mesmo, dende o concello estudan a posibilidade de como colaborar tamén con outros núcleos do municipio que tamén teñen problemas de auga, aínda que non pertenzan á rede municipal.