
O DOG do pasado 10 de abril vén de publicar a última versión dos topónimos de Galicia, no que se recollen, entre outras consideracións, nunha publicación previa da RAG –Nomenclátor de Galicia 2026- (Revisión e actualización do Nomenclátor de Galicia realizada polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega), que “Cómpre deixar claro que se trata dun traballo aberto, inacabado, pois tense constancia dun bo número de lugares das provincias de Ourense e Pontevedra que non figuran no Nomenclátor e están pendentes de estudo. Por outra banda, as case 4.000 persoas colaboradoras do proxecto Galicia Nomeada achegan decote novas incidencias sobre os topónimos oficiais ou informan da existencia de lugares non recollidos” . Esta observación é a que nos leva a considerar o título desta entrega como “última”, pero “non derradeira” actualización dos topónimos de cada concello, incluído o nome deste, os das parroquias e os dos núcleos de poboación ou lugares.

Con respecto ao nome do concello do Irixo, este ten pasado por diversas versións. Non tanto polo nome en si, senón polo lugar onde se ubicou a Casa Consistorial, desde que se foron reducindo o número de “concellos” dentro do que é actualmente o do Irixo, desde cando en 1835 se constituíran catro (Parada de Labiote, Reádigos, O Campo e Corneda), desposi foron tres, ao ser absorbido o de Reádigos por Parada de Labiote. O precedente desta situación está na existencia das antigas xurisdicións de Orcellón (parroquias do Campo, Froufe, A Espiñeira, Loureiro e Cangues), a da Encomenda de San Salvador de Pazos de Arenteiro ( Cusanca, Dadín, Reádigos, A Cidá, Parada), e o couto de Corneda, herdada esta distribución do Antigo Réxime, superada pola Constitución de 1802 das Cortes de Cádiz e a constitución dos novos concellos, partidos xudiciais…
Dicimos que, máis que o nome do concello, O Irixo, que queda delimitado polos estremeiros do Carballiño, Piñor de Cea, O Castro de Dozón, Lalín, Forcarei, Beariz e Boborás, e comparte con estes algúns dos lugares e parroquias como As Antas, O Paraño, Cerdeira de Arriba e de Abaixo, e A Candosa, Os Espiñeiros do concello do Irixo na parroquia do Regueiro (Boborás), e O Casar (Cangues) coa parroquia de Madarnás (O Carballiño), a complexidade xorde na interpretación do territorio tradicionalmente separado polo río Viñao, como queda de manifesto desde antigo pola ponte medieval, e tal e como está documentado en varios apeos de vello entre as freguesías de Dadín e O Campo, ademais do simbolismo recollido polas imaxes da advocación de cada parroquia na clave daquel, así, orientado ao sur coa imaxe de San Pedro -Dadín-, e, ao Norte a desaparecida da Asunción-O Campo-.

Xa en tempos idos houbera un intento de incorporar algúns lugares do Campo a Dadín, cuxa oposición liderara a familia de dona Manuela, alegando razóns de tradición centenaria como a de que no Campo estaban enterrados os seus antepasados, que a distancia era maior para ir a Dadín, ou que no inverno as enchentes do río dificultaban cumprir coas obrigas eclesiásticas.
A todo isto hai que lembrar que a estrema entre os dous lugares, a principios do século XX, nos libros de casados, nacidos e mortos da parroquia de Dadín, a denominación que consta neles dá tamén a alternativa “Lajas o Puente”, que finalmente se reservou para A Ponte actual da parte do Campo. Detalle que se repite cando os membros da Xeración Nós en 1926, denantes de cruzar a ponte, nomean o lugar como “A Ponte”, non como “As Laxas”.
Pero, o que pode seguir marcando certa controversia para unha solución definitiva é a “capitalidade”. Tanto é así que, no Nomenclátor de 2003 e no do DOG de 2016 consta que esta está constituída polos lugares de “A Ponte” e “As Laxas”, o que non sería grave de manterse a individualidade a efectos administrativos (Censo, estatísticas varias como as do IGE…) o que supón a desaparición do núcleo de poboación das Laxas ao ser incorporado como pertencente ao Irixo, e, en consecuencia á parroquia do Campo. Incluso se deu o caso ao revés, que despois foi rectificado, de que “As Laxas” substituíse A Ponte, Ponte Irixo, como viña sendo de alomenos durante o século XX, máis alá dos intentos fustrados de que a “Casa Consistorial” fose transladada ás Campinas, despois de que o Gobernador Civil da provincia, Sr. Ibars, recibise unha comisión de veciños, en 1935, aos que lles transmitiu que “ordenaría que se cumpliera la ley, ya que dicho traslado se pretende realizar sin haber cubierto debidamente los requisitos exigidos, tales como el referéndum y otros, que en estos casos deben tenerse muy presentes.
También el Gobernador ha telegrafiado ordenando se suspendieran las operaciones de traslado de muebles de la Casa Consistoria antigua a la nueva proyectada”. Sería en 1937 cando se inicia o expediente de construción da que hoxe é a Casa do Concello, á que, posteriormente, unha vez clausurada a Oficina da Cámara Agraria, esta foi ampliada cunha segunda planta e comunicada con aquela.
Polo tanto, o nome do concello do Irixo non consta entre os que se modifican con respecto ás versións anteriores ao Nomeclátor de 2026, pero si o do nome do lugar da Ponte ou O Irixo, e recupérase -como é de xustiza- As Laxas na parroquia de Dadín.
Con respecto ao estudo previo á publicación no DOG do Nomenclátor, aquel inclúe uns datos estatísticos básicos sobre o número de concellos (313), parroquias (3805) e lugares (38094), o que fai un total de 42212 rexistros.
Con respecto á Revisión dos problemas de tipo lingüístico, clasifícanse en tres categorías:
-Topónimos con algún problema de tipo lingüístico: 4398
-Topómimos nos que se mantivo o mesmo ditame que no NG20023: 1867
-Topónimos en que se emitiu un novo ditame: 2531
Polo que respecta á tipoloxía dos problemas, a maioría ten que ver cos identificados como de tipo morfosintáctico (2479), seguidos dos de tipo gráfico (377), léxicos (927), fonéticos (900), compostos (140), advocación parroquial (128).
Dentro dos de tipo morfosintáctico dáse conta sobre todo dos casos de ausencia de artigo (1519) -como é o caso de varios no Irixo-, seguido dos casos de sobra de artigo (427), e outros casos menores de problemas do artigo (217); así como a alternancia de xénero masculino-feminino -suxiro, por exemplo, A Espiñeira para a parroquia e Espiñeira para o lugar, ao obxecto de evitar a perda do nome da parroquia e ser substituído polo da advocación como está a suceder no caso de “San Cosme por Cusanca”; singular-plural (O Campo dos Carros no canto de “Os Campos dos Carros”-Froufe.); ou da terminación -ANU, -ANA por dialectalismo “Chao-Chan”.
Os topónimos modificados sobre os que constan no N-2003 foron:
Nomes de concello: 14 . Entre outros, o de O Castro de Caldelas e O Riós na provincia de Ourense, O Campo Lameiro, Cerdedo Cotobade, A Caniza …en Pontevedra. (Á parte dos argumentos expresados pola comisión de expertos ou, por exemplo polo Padre Eixán, e os obtidos da tradición oral, engado outro que pode vir ao caso: os nomes que fan referencia ao complemento que se emprega no carro para a contención da carga, que, segundo a maior ou menor altura se coñece como “caniza” e “ladral”, respectivamente).
Nomes de parroquias nos que se modificou o nome, a advocación ou os dous: 182. Dentro dos 96 modificados como nome de parroquia inclúese “O Campo” no canto de *Campo, no Irixo.
LUGARES (Entidades ou asentamentos de poboación) en que se modificou o nome oficial: 2335.
Unha das novidades que se inclúen dentro do concello do Irixo como lugares Novos, cítanse os seguintes: Couso (Santo Estevo de Cangues); A Eirexe (Santiago de Corneda); A Alén, O Campo dos Carros, A Covela, A Guixavara (San Xoán de Froufe). Con respecto a algúns destes topónimos, hai uns lugares que están deshabitados, en ruínas (A Alén e A Guixavara en Froufe), e outros, como o caso da Covela que se dá como incorporada ao lugar de Froufe, cando historicamente e fisicamente están separados. O de deixar constancia destes núcleos deshabitados (1798 en toda Galicia) está en relación coa idea de deixar constancia daqueles lugares que en catálogos anteriores como o padrón do INE constan como con 0 habitantes e outros dos que se tiña constancia polo traballo de campo do Proxecto de Toponimia de Galicia. Estes son o caso de lugares como: “Os Amieiros, Ramil, Ribas” en Loureiro; “A Filgueira do Campo”; “ O Enfreado e A Condomiña de Dadín”, “O Covelo-Froufe”, “A Barcia, Fontes- Reádigos”, “O Paraño-O Regueiro”. A recomendación que se recolle nesta publicación da RAG é que “cómpre seguir catalogando os lugares deshabitados de Galicia para saber cantos e cales son”.
Outra das categorías que se inclúen dentro da variada casuística dos desaxustes por diferentes motivos, está o que se recolle nos seguintes termos: “Existencia dunha entidade de poboación creada polo Concello (adoita figurar no NomenINE) para agrupar un conxunto de pequenos lugares con nome de seu que xa estaban no NG2003).

Este será o caso do IRIXO, tal e como se explicaba máis enriba, ao crear unha denominación que unificou “A Ponte” e “As Laxas”, nun único nome, coas consecuencias xa apuntadas, en canto a ignorar o segundo, sendo que este pertence a outra parroquia (Dadín) e aquel ao Campo, que, a longo prazo, pode supoñer a súa extinción a todos os efectos das Laxas, como está sucedendo na actualidade e que o Nomenclátor2026 corrixe, ou, ao menos, recupera “As Laxas” con entidade propia, propoñendo o de “A Ponte ou O Irixo” para O Campo.
Sobre “As parroquias e lugares de dobre denominación” non se contempla ningún caso para o concello do Irixo, e aínda que tanto no Nomenclator2003 como no Nomenclátor2026 se repite a solución “San Cosmede de Cusanca”, o certo é que historicamente en documentos eclesiásticos e civís (Catastro de Ensenada), xa consta como “San Cosme e San Damián de Cusanca”, así como no antropónimo, ”Cosme”, moi estendido no século XVIII, por exemplo na presentación do “Interrogatorio de la feligresía se San Cosme y San Damián de Cusanca”, o que vén a demostrar que o resultado “Cosmede e Damián” está sendo substituído na súa totalidade por San Cosme, incluso desprazando a “Cusanca” pola advocacióncomo xa advirtimos máis enriba, dada a existencia dun núcleo con este mesmo nome na parroquia e así evitar a confusión parroquia/lugar.

Sobre a tipoloxía dos problemas lingüísticos, en xeral para o caso do Irixo, non hai casos a suliñar con respecto ás versións oficiais, tanto as anteriores como as que han de entrar en vigor, aínda que na sinalética e no plano oral se apreza algunha lagoa como a de *Nogueiroá por Nogueiroa, ou na fala con casos de rotacismo como o *San Corme por San Cosme, outros *A Alfarrapa por A Esfarrapa, *A Filgueira por A Felgueira, *A Eirexa por A Eirexe/ A Sueirexe, *O Enfreade por O Enfreado, *Reádegos por Reádigos, *Cirdeira por Cerdeira, *As Santas por As Antas; dialectalismo con Gheada: *A Reghegha por A Reguega; *Ghimarás por Guimarás…
Aínda hai un apartado final nesta publicación da RAG, referido á “Tipoloxía de problemas xeográficos-adminiStrativos no NG2003 (a maior parte en relación ás discordancias co Nomenclátor do INE), dos 25 casos só considerarei o que aparece en derradeiro lugar referido a “Lugares que pertencen a dous ou máis concellos”, como é o caso das estremas co concello de Beariz, Boborás co Irixo do lugar das Antas (parroquia do Regueiro), e o do Casar-Madarnás co concello do Carballiño.

PROPOSTA DE NORMALIZACIÓN DA TOPONIMIA DAS PARROQUIAS E LUGARES DO IRIXO
ANTERIOR A 2026 NOMENCLÁTOR 2026 E PENDENTES (*)
| CAMPO (SANTA MARÍA) | SANTA MARÍA DO CAMPO |
| (*) O ABANICO[1] | |
| BAXÍN | BAXÍN |
| AS CAMPINAS | AS CAMPINAS |
| O CARDEDO | O CARDEDO |
| CASARES | CASARES |
| A CONDOMIÑA | A CONDOMIÑA |
| A ESFARRAPA | A ESFARRAPA |
| A ERMIDA | A ERMIDA |
| A ESTACIÓN | A ESTACIÓN |
| A FILGUEIRA | A FILGUEIRA DO CAMPO |
| O IRIXO | A PONTE OUA PONTE IRIXO |
| IRIXO DE ARRIBA | O IRIXO DE ARRIBA (*) IRIXE[2] |
| LAÍÑA | A LAÍÑA |
| A LAMA | A LAMA |
| MARNOTES | MARNOTES |
| MENAZ | MENAZ |
| OROSA | OROSA |
| PORTO DA VEIGA | O PORTO DA VEIGA |
| REGUEGA | A REGUEGA |
| O TELLADO DO CAMPO | O TELLADO DO CAMPO |
| VILA | VILA |
| CANGUES (SANTO ESTEVO) | SANTO ESTEVO DE CANGUES |
| CANGUES | CANGUES |
| O CASAR | O CASAR |
| COUSO | |
| A CIDÁ (SANTA MARIÑA) | SANTA MARIÑA DA CIDÁ |
| OS CASARES | OS CASARES |
| NABÁS | NABÁS |
| ORROS | ORROS |
| PAREDES | PAREDES |
| VALDESOIRO | VALDESOIRO |
| CORNEDA (SANTIAGO) | SANTIAGO DE CORNEDA |
| CAMPELIÑOS | CAMPELIÑOS |
| COUCIEIRO | (*)O CONCIEIRO |
| ENFESTA | A ENFESTA |
| GUIMARÁS | GUIMARÁS |
| A EIREXE | |
| MATELO | MATELO |
| OUTEIRO | OUTEIRO |
| PEDRIÑA | A PEDRIÑA |
| SOUTELIÑO | SOUTELIÑO |
| VILAMEÁ | VILAMEÁ |
| O VISO | O VISO |
| SAN COSMEDE DE CUSANCA (SAN COSMEDE) | SAN COSME DE CUSANCA |
| (*) O BALUARTE[3] | |
| BARRO | BARRO |
| O BARROCAL | O BARROCAL |
| (*)AS CALES | |
| O CARBALLAL [4] | |
| O CASTRO | O CASTRO |
| A COSTA | A COSTA |
| O COTO | O COTO |
| CUSANCA | CUSANCA |
| CHELOS | CHELOS |
| FABEIROS | FABEIROS |
| FILGUEIRA | A FILGUEIRA DE SAN COSME |
| (*)O FOXO | |
| A FRAGA | A FRAGA |
| A EIREXA | A EIREXE |
| LAGORZOS | LAGORZOS |
| O OUTEIRO (De arriba/De abaixo)? | O OUTEIRO |
| PEDROUZO | O PEDROUZO |
| O RÍO | O RÍO |
| SEGADE | SEGADE |
| SUEIREXA | (*)A SUEIREXE |
| SURRIBAS | SURRIBAS |
| O TELLADO | O TELLADO DE SAN COSME |
| VIXIDE | VIXIDE |
| ZACARADE | ZACARADE |
| DADÍN (SAN PEDRO) | SAN PEDRO DE DADÍN |
| A BUGALLEIRA | *A BUGALLEIRA (De Arriba e de Abaixo)? |
| A CONDOMIÑA | A CONDOMIÑA |
| DADÍN | DADÍN |
| AS LAXAS[5] | |
| O ENFREADO | O ENFREADO |
| SAAVEDRA | SAAVEDRA |
| A SEARA | A SEARA |
| ESPIÑEIRA (SAN PEDRO) | SAN PEDRO DA ESPIÑEIRA? |
| CARBALLEDA | CARBALLEDA |
| COUSO | COUSO |
| ESPIÑEIRA | ESPIÑEIRA |
| O ESPIÑO | O ESPIÑO |
| MUNÍN | MUNÍN |
| TRABAZÓN | TRABAZÓN |
| FROUFE (SAN XOÁN) | SAN XOÁN DE FROUFE |
| A ALÉN | |
| O CAMPO DOS CARROS | |
| CEBRAL | CEBRAL |
| (*)A COVELA | |
| O COVELO | O COVELO |
| FRIXE | FRIXE |
| FROUFE | FROUFE |
| A GUIXAVARA | |
| PARTEME | PARTEME |
| SIDRE | SIDRE |
| SILVARES | SILVARES |
| SURRIBAS | SURRIBAS |
| SUBIROL | SUBIROL |
| LOUREIRO (SANTA MARIÑA) | SANTA MARIÑA DE LOUREIRO |
| ALEMPARTE | A ALEMPARTE |
| ALÉN | A ALÉN |
| OS AMIEIROS | OS AMIEIROS |
| BARRO | BARRO |
| LOUSADO | LOUSADO |
| O QUINTEIRO | O QUINTEIRO |
| RAMIL | RAMIL |
| RIBAS | RIBAS |
| A RÚA | A RÚA |
| VALDUÍDE | VALDUÍDE |
| PARADA DE LABIOTE (SAN XULIÁN) | SAN XULIÁN DE PARADA DE LABIOTE |
| XIREI | XIREI |
| NOGUEIROA | NOGUEIROA |
| PARADA | PARADA |
| PREXIGUEIRO | PREXIGUEIRO |
| REÁDIGOS (SANTA BAIA) | SANTA BAIA DE REÁDIGOS |
| BARCIA | A BARCIA |
| O CASAR | O CASAR |
| CASTIÑEIRA | A CASTIÑEIRA |
| FERRADÁS | |
| FONTES | FONTES |
| O OUTEIRO | O OUTEIRO |
| RIBELA | RIBELA |
| SANTISO | SANTISO |
| O REGUEIRO (SAN PEDRO) | SAN PEDRO DO REGUEIRO |
| CANDOSA | A CANDOSA |
| CERDEIRA | CERDEIRA (De Arriba e de Abaixo) |
| ESPIÑEIROS | OS ESPIÑEIROS |
| O PARAÑO | O PARAÑO |
| AS ANTAS | AS ANTAS |
Bibliografía:
R. A.G.: Nomenclátor de Galicia 2026. Revisión e actualización do Nomenclátor de Galicia realizadas polo seminario de Onomástica da R.A. G.Plenario da R.A.G. do día 20 de xuño de 2025.
D.O.G. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.DOG: Venres, 10 de abril de 2026.
Xulio Dobarro Ferradás
O Irixo, 18 de abril de 2026
[1]Aínda que recente, e castelanizado, podería ser incorporado ao Nomenclátor, ata agora na Esfarrapa.
[2] Xa que na actualidade é unánime este resultado, procedería a substitución do resultado en vigor “Irixo de arriba”
[3]Tan moderno como a construción do ferrocarril Ourense-Santiago (inaugurado en 1958)
[4]Desde antigo está documentado como tal, é a solución viva e na sinalética.
[5]Estábase ignorando sistematicamente esta denominación e incluíase a efectos estatísticos na parroquia do Campo, baixo un único nome xunta coa Ponte en O Irixo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Xulio Dobarro:
Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá
Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”. De Ourense a Compostela
Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía
Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque
Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor e A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”
Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”
Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes por Emilio Duro Peña “
Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”
O Irixo-Dadín : J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (III)
O Irixo: J. César, unha década “de nuestro corresponsal” de “la Región” (ii)
O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal” en “La Región”
Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán
Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”
Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “
Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”
Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”
Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.

















