Xulio Dobarro: De ensinanza e promoción escolar (O Irixo: Dous séculos. 1ª parte)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


INSPECCIÓN DE INSTRUCCIÓN PRIMARIA DE LA PROVINCIA DE ORENSE

OFICIO DO INSPECTOR DON PEDRO VICUÑA, DIRIXIDO AO ILMO. SR. RECTOR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO SOBRE AS VISITAS ESCOLARES PREVISTAS AO PARTIDO XUDICIAL DO CARBALLIÑO, CONCELLOS DE : CARBALLINO, BEARIZ, BOBORÁS, CEA, IRIJO, MASIDE, SALAMONDE (SAN AMARO) e PIÑOR:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

M.I. S.

(1)(Dietas) “Tengo el honor de participar a V. S. que mañana 10 del corriente saldré a visitar las escuelas, dando principio por las del distrito municipal del Pereiro de Aguiar.

Al mismo tiempo pongo en conocimeinto de V.S. que la indemnización de gastos para la visita asciende a 39 reales por día, a saber 24 por el alquiler  de la mula, jornal del mozo y sus respectivas manutenciones, y 15 por abono de la dieta: los primeros aprobados por la Junta y los de segunda por Reglamento”.

(2)(Comunicación ao Rector )                              M.I.S.

Sr. Rector de la Universidad de Santiago:

“Tengo el honor de participar a V.S. que mañana saldré a visitar las escuelas del partido judicial de Carballino; dando principio por las de los ayuntamientos de Irijo y Boborás que son las mas montañosas y distantes de la Capital.

Dios guarde a V. S. m.a.

Orense 10 de setiembre de 1860.

 (Asinado): Pedro Vicuña

 O cuestionario, cumprimentado polo mestre de cada unha das nove escolas do concello do Irixo e revisado polo inspector coa valoración estimada, constaba de 16 preguntas, aínda que estas podían variar na avaliación, segundo a clasificación fixada para cada Escola de Primeiras Letras: Elemental Completa -o caso da do Campo- e o resto das do concello a esa altura como: Escola de Primeiras Letras Elemental Incompleta (ou de aprender a ler, escribir e contar).

 Os datos de identificación de cada escola, daquela dependentes da Universidade de Santiago, constaban no seu encabezamento de: Provincia de Orense. Partido judicial de Carballino. Ayuntamiento de Irijo.

Parroquia de Santa María del Campo de 1.178 almas.

Estado de la Escuela elemental completa de niños á cargo de don Froilán Manuel de la Iglesia.

 A continuación, a dúas columnas: Na marxe esquerda, Observaciones del Inspector, na dereita, Datos suministrados por el Maestro. No caso desta escola do Campo, as observacións do Inspector, na súa maioría, cualifícaas de “Conforme”, a non ser algunha, como por exemplo en canto ás seccións, que considera “No están bien clasificadas, queda advertido” ou que “en este ayuntamiento se satisfacen  -os pagos- puntualmente por trimestre”.

 Como avaliación final: “Los resultados de la educación y enseñanza de esta escuela son buenos. La capacidad del maestro es regular; la instrucción suficiente; la aptitud buena; el CELO bueno; y la conducta irreprensible.

 Irijo 21 de setiembre de 1860. Asdo. Pedro Vicuña.  Os “Datos suminitrados por el maestro”  da escola do Campo na Lama (1828) -actualmente “adaptada” como velorio- inclúen os seguintes:(Obs: seguir en Estado do edificio).

Antecedentes sobre a creación da escola da Lama

La Junta provincial de Beneficiencia del Gobierno Civil de la provincia de Orense” publica no BOPO unha circular dirixida aos concellos o 2 de decembro de 1931 na que os insta a informar sobre a existencia dalgunha Fundación de carácter benéfico, ou docente. O Secretario do concello do Irixo remite o seguinte informe: “Como secretario del mismo, y en cumplimiento a la Circular del Excmo. SR. Gobernador Civil de la provincia, inserta en el Boletín oficial del día dos del que rige, contesto al Cuestionario que en en el se consigna, sobre la Fundación Benéfica a que alude de Francisco Ferradás Dapena, vecino que en sus días fué de este municipio.

 En estas oficinas, no consta antecedente alguno referente a tal Fundación, y por datos adquiridos de personas de avanzada edad tan solo se sabe lo siguiente:

  Que dicho finado dejó todos sus bienes para una escuela y una Obra Pía.

  Que sus albaceas testamentarios vendieron parte de las fincas y construyeron el actual edificio Escuela de Campo-Irijo, Unitaria de niños, cuyo edificio desde pasa de setenta y mas años viene el Ayuntamiento poseyendo como propio y sosteniendo su conservación.

   Que la otra parte de bienes, fueron aforados para la Obra Pía, que es hacer una Misión cada un periodo de años que llegue la cantidad para ello, pues la renta que produce es de treinta y cinco pesetas anuales, y este capital lo viene administrando desde su fundación el Cura Párroco de Campo.

    Que esta institución, fue fundada antes del año 1840.

   Que dicho fundador, era natural y vecino del lugar de Orosa, de la parroquia de dicho Campo.

    Que nada mas se sabe respecto del particular.

    Irijo a cinco de diciembre de mil novecientos treinta y uno.

                                        El Secretario”

 No ano 1947, sendo cura Párroco don David Ureña, despois de ser requerido polo bispo, aquel diríxese ao alcalde solicitando a conservación do edificio que presenta un estado de abandono total, circunstancia que contribúe a clarificar a situación segundo os termos nos que aquel se expresa: “ El Sr. cura párroco de Sta. María del Campo, cumpliendo orden superior, pone en conocimiento de V. que el año 1828 el Párroco de esta, D. Pedro Álvarez Robleda, fundó en la finca de la iglesia denominada, Campo de la Iglesia, una casa escuela, con la donación de un legado que D. Francisco Ferradás da Pena hizo para esta: durante muchos años la conservó y cuidó el párroco; luego después pasó a cuidarla el pueblo perteneciente al radio de la escuela y finalmente al cambiar la legislación, la cuidó el ayuntamiento, mientras hubo escuela en ella. Al ser trasladada la escuela quedó el edificio casi completamente arruinado….En vista de esto recibí orden ( do bispo) de encargarme de su conservación, cuidado y disfrute  mientras no se alcance escuela para ella. En el momento en que se necesite para escuela, necesariamente tiene que volver a su destino, sin que ni yo ni mis sucesores ni nadie pueda oponerse a esto; por ser voluntad expresa del fundador como consta en escritura pública hecha ante el notario D. Francisco Antonio de Vales que se conserva en este archivo.

   ………. Asinado: En Sta. María del Campo, 17 de octubre de 1947. El Párroco. David Ureña.  

1.-Estado do edificio: Atópase situado fóra do “pueblo”, á parte O., situado en terreo elevado e libre de toda clase de elementos que poidan alterar a pureza do aire…O seu estado ten unha parede segura e ben construída, o teito está cuberto a base de colmo e moi escaso de madeirado. Non ten máis zervizos que o salón destinado á ensinanza e un pequeno departamento; razón pola cal o mestre non vive alí, pero dáselle habitación noutro lugar, atopándose esta en estado similar ao do edificio. O salón da escola ten luz suficiente, as ventás colocadas nos lados maiores do paralelogramo, pero non hai vidrieiras. Ten unhas dimensións de 12,1734 m.de lonxitude, 5,074 de ancho e 2,34 de alto. Depende da parroquia (Este dato, xunta con outras informacións relativas a esta escola, é o que nos permite poñela en relación coa Fundación/ Obra pía de Francisco Ferradás Da Pena, veciño de Orosa, de cando este outorgou en testamento a doazón de parte dos seus bens para sostemento da mesma en colaboración co párroco, así como a documentación que obra no Arquivo municipal de cando o señor abade, don David Ureña, a mediados do século XX solicita a restauración da mesma, a rogo do bispo, despois daquela caer no esquecemento. Cando en tempos da República se abriu un expediente informativo por parte do Goberno con respecto ás Fundacións creadas en anos anteriores, esta consta como creada en 1828. Polo tanto, esta pode ser considerada a primeira escola do Irixo, froito da colaboración igrexa-fundación/obra Pía).

2.-Os mobles que contén, uns atópanse en bo estado, outros a mediano uso. A mesa do profesor é de mediano uso e mala construción; oito corpos de carpintería, novos e colocados paralelos á mesa do mestre; dous encerados, un arrimado á parede, e outro sobre unha mesa; o seu estado é regular; hai ademais, catro cadeiras novas e sen vernices, colocadas detrás da mesa do mestre.

3.-Non hai máis medios materiais que os encerados.

4.-Ensínase doutrina cristiá, principios de relixión e moral; lectura, escritura, principios de aritmética, quebrados, decimais, coñecementos do sistema de pesas e medidas métricas, nocións de gramática Castellana, de ortografía e historia, de agricultura, de industria e comercio.

5.-Alumnos matriculados: menores de 6 anos, 6; de 6 a 10, 40; e maiores de 10, 24.

6.-Concorren ordinariamente, 51.

7.-Non pagan retribución ningunha.

8.-Atópase adaptada ao “sistema simultáneo”.

9.-Divídese cada clase de ensinanza en seis seccións.

10.-Empréganse na instrución semanal 30 horas, e do xeito que segue: doutrina cristiá, á semana, 6 h. sección 1 hora; lectura, semana, 5 h.semana; 50 minutos; escrita semana: 4 h. e sección de 40 min; quebrados e decimais por semana 2 h., cada sección, 20 min.; coñecemento do sistema legal de pesas e medidas 1 h/semanal/ sección/10 min; xeometría/semana/2 h./sección de 20 min.;agricultura/ 2h/semana/sección/ 20 min.; industria/1 h/semana/sección/10 min.; e comercio/1 h/semana/sección 10 min. 

11.-Para Doutrina utilízase o texto de Catecismo aprobado pola Diocese, e non hai outros libros máis, a diferenza dunha ducia denominada “La escuela de instrucción primaria”.

12.-Non se poden dar con toda claridade o número de alumnos de cada sección por non estar de todo realizada a clasificación.

13.-O sistema de premios consiste en premiar os nenos que se distinguen pola súa aplicación e bon comportamento; estimulándoos ao coñecemento e fomento das boas accións, a fin de que no sucesivo poidan ser útiles á sociedade.

 Castíganse con reprensións e amoestacións, dándolles a coñecer o prexuízo que en xeral causan as malas accións, e a falta de aplicación ao estudo.

14.-O Mestre ten 31 anos de idade, título elemental, leva exercido como ensinante durante 11 meses en Vilar de Santos e un na expresada escola do Irixo.

15.-Dotación persoal 2.400 reais, e para material 629, por retribución non se lle satisfai ningunha  cantidade; cobra dos fondos municipais.

16.-Descoñécese a puntualidade no pagamento.

               Setembro, 20 de 1860

               (Asdo.:): Froilán M. de La Iglesia.

 Estas primeiras visitas de Inspección no ano 1860, xiradas ás nove escolas do Concello, todas elas son clasificadas como “Escola elemental incompleta de niños”, a non ser o caso da do Campo como “Elemental completa” e nas condicións que se sinalaron. Pois ben, se as condicións de habitabiladidade, hixiene, recursos didácticos e materiais son precarios, ou a capacidade e o celo dos mestres son dubidosos para unha completa, no caso das incompletas aínda o son moito máis.

 O guión que  segue a Inspección é o mesmo, agás no que corresponde á clasificación por  seccións e materias segundo o modelo da do Campo. A seguir recóllense algunhas das respostas, a modo de exemplo da precariedade do local, mobiliario e recursos de todo tipo relativos ao proceso de ensino-apredizase  destas “escolas” -por chamarlle algo-: Cusanca-Sueirexe: estado regular, non se paga aluguer porque a casa é do mestre, non hai moblaxe a non ser a que o mestre facilita, medios materiais de instrucción ningúns, materias que se estudan: doutrina cristiá, lectura, escritura, contar e “por allí lo que se puede”, asisten 20 nenas e 40 nenos, non está feita a clasificación polo pouco que asisten, o mestre, estado sacerdotal, non ten título outorgado pola Xunta provincial de educación, leva dous anos exercendo e percibe unha dotación de 500 reais a conta de 16 familias que a aportan. As conclusións do Inspector son que: “Los resultados de la educación y enseñanza de esta escuela son medianos.

 La capacidad del maestro que la regenta es mediana, la instrucción corta; la aptitud regular, el celo mediano y la conducta buena”.

 Parroquias de Froufe-A Espiñeira: 771 almas, lugar do Cobelo. O local, ademais da reiterada boa ventilación e punto elevado, “no reúne servicio alguno propio de escuela”; non hai mobles nin enseres de ningunha clase, nin medios materiais de instrución, ensínase a doutrina cristiá, a ler, escribir e contar, nese momento ningún alumno concorre por ser “temporera”,  en época escolar asisten 42 rapaces, “nada se me abona por retribución”, non hai nngún libro de texto, título profesional ningún. A xuízo do Inspector, a “actitude do rexente é regular, a instrucción pouca, a aptitude  regular, o celo regular; a conduta boa.

 Parroquia da Cidade: 413 almas; lugar, Os Casares. Local en terreo elevado, ventilado, libre de pantanos, soleado, en estado regular, medidas de 3,36 m. por 2 de alto e de ancho; propiedade do mestre; non hai medios materiais de instrución, as materias son: doutrina cristiá, lectura, escritura e aritmética; asisten a diario 30 rapaces aínda que o numero de matriculados é maior; non hai máis libro có do catecismo de Astete e outros aprobados polo bispo da diocese; o mestre non conta con título profesional aínda que xa leva once anos exercendo, percibe de dotación persoal: 480 reais dos fondos municipais. O Inspector destaca a conduta exemplar do mestre, pero, en xeral, as demais valoracións son de satisfacción regular.

 Parroquia de Corneda e Cangues: Lugar de Guimarás, local alugado que paga o mestre, coas condicións xerais de edificación; non hai moble ningún, nin enseres, agás, un crucifixo, tres mesas e sete bancos de asento, propiedade do mestre; o programa, ademais do sinalado para os casos anteriores, engade que na aritmética se inclúe o sistema legal de pesas e medidas; concorren diariamente 32 escolares, aínda que hai 10 que son menores de seis; libro de texto para lectura: “El amigo de los niños” e algúns outros que traen os nenos. O sistema de premios baséase en estimular os escolares na “ventaxa que hai de non quedar ignorantes”. O mestre foi nomeado pola Xunta provincial, percibe 400 reais en concepto de salario e 100 máis para material. A valoración global do Inspector con respecto ao mestre é “Boa” e a súa conduta “irreprensible”.

 Parroquia de Dadín: 473 almas.Lugar de Saavedra: O edificio non reúne as condicións adecuadas, pois carece de “toda clase de servicios” a non ser o de que permite vivir nel o mestre. Non hai mobles, nin materiais de instrución, asisten de ordinario 16, aínda que hai outros matriculados, dada a pouca asistencia non hai división por seccións, “y a demás por carecer del conocimiento de sistemas”; o único texto é o do catecismo do P. Astete; non ten título profesional e leva un ano de servizo nesta “escola”. O mestre, que asina como: Andrés González Condomiña, é avaliado polo inspector como de “poca instrución”; nos demais parámetros como “regular, mediano…” e boa conduta.

 Parroquia de Loureiro: 473 almas. Lugar: A Rúa. O edificio é “emprestado”, non hai mobles, nin enseres de ningunha clase, asisten habitualmente vinte nenos e oito nenas, horario semanal de 36 horas; lectura do Catecismo do P. Astete e dos libros que os nenos levan da casa; o mestre é estudante de Tonsurado, non ten título profesional, nomeado interinamente pola Xunta Provincial, conta con seis anos na profesión e sete meses do actual 1860. Este desfruta de douscentos reais de dotación; “como escuela temporera le dan cincuenta reales para material pagados de fondos municipales. No recibe retribución alguna de los niños”. Desde o punto de vista do Inspector, o único que valora positivamente é a conduta, en todo o demais, como de pouca instrución, resultados, celo ou capacidade “regular”. O mestre responde ao nome de: José Lois y Bernárdez que, polos apelidos, todo indica que sería veciño da parroquia e aspirante a crego por “tensurado”.

 Parroquia de Parada de Labiote: Lugar de Parada: Escuela pública incompleta de niños y niñas a cargo de D. Francisco Dieguez: estado da escola abondo deteriorado e contigua a outras casas no estremo do lugar, os enseres redúcense a unha cadeira, un banco e  unha mesa; os medios materiais de instrución, “los comunes”?, “las materias que comprende el programa de enseñanza”, “el numero de alumnos matriculados, ninguno; tanto los menores de seis a diez como los mayores”. “Los que concurren ordinariamente en tiempo de invierno son de 20 a 30, y en verano, una docena”. Os libros detexto para os principiantes (4) son algún silabario e para a lectura (68) algún libro relixioso e de escrita (1 neno). O sistema de premios: ningún, e os castigos os comúns. O título profesional é por nomeamento do Concello, así como os haberes que percibe. “La puntualidad en el pago es exacta”.

 O inspector, don Pedro Vicuña, como na maioría dos casos, avalía a conduta do mestre como “Boa”,cando,nos demais parámetros non superan a cualificación de “regular”.

 Como resultado das inspeccións realizadas no Distrito do Carballiño, o inspector elabora un amplo informe de tres páxinas: “ADVERTENCIA DEL INSPECTOR A LOS MAESTROS”, do que recollemos abreviadamente algunhas das orientacións consideradas de obrigado cumprimento:

1.-A ensinanza durará todo o ano, sen máis vacacións que as sinaladas por Regulamento e as que determine a XUNTA LOCAL nas épocas de máis apuro para a recollida de froitos, sendo atribuciónn desta a de sinalar as entradas e saídas dos nenos na escola. Para ausentarse do lugar durante algúns días, Vostedes -os mestres- deberán obter licenza do Sr. Rector da Universidade de Santiago.

2.-Desterrarán das escolas o deletreo, substituíndo este polo silábico, así como non permitir usar procesos para aprender a ler manuscrito, nin libros que non fosen aprobados polo goberno.

3.-Que nas escolas se instalen, o máis pronto posible, os enseres de carpintería para clasificar os nenos e dirixilos segundo o preceptuado pola Pedagoxía, así como unha pizarra grande de madeira seca de castiñeiro, pintada de negro ao óleo, para as explicación de aritmética e outros usos, un silabario en carteis para lectura, mostras de escritura, cadernos litografiados de Flórez ou Araújo para a de manuscrito.

4.- Na escola ten que haber un libro de matrícula e rexistro xeral, de faltas de asistencia, de visitas,…que no sucesivo non se tolerará falta ningunha desta especie.

5.- Elaboración dun horario xeral coa programación das asignaturas que, ademais de expoñelo no local, debe ser enviada unha copia á Xunta local de primeira ensinanza no mes de xaneiro.

6.-Deberán confeccionar un listado de asistencia, así como as datas de celebración dos exames interiores da escola de cada mes que remitirán á Xunta Local por conduto do Mestre da escola elemental completa (O Campo), director das incompletas deste distrito municipal.

7.-Coidar de xeito especial nas escolas incompletas a separación de nenos e nenas.

8.-Ao obxecto de obter os mellores resultados intelectuais, procuraranse as explicacións para que entendan a materia proposta, no canto de contentarse co estudo de memoria; tendo presente que “el secreto para adelantar en las ciencias consiste en la seguridad de los principios, y en no dejar olvidar hoy lo que aprendió ayer”. 

9.-Os locais destinados a escola deben ter como uso exclusivo o escolar; ademais de ser respectados por Vostedes, pois, “no hay lugar para los niños, después de la Iglesia, más santo y respetable que la escuela”.

10.-Para que sexa respectada a unidade de criterio, é preciso que o Director das escolas completas coordine a adquisición do material segundo o disposto pola Lei e a Pedagoxía.

11.- O Director da escola completa debe organizar cada dous, tres domingos do mes, reunións para conferencias sobre dirección, orde, disciplina, que han de seguir tanto na escrita, como en artimética, sistema decimal e legal de pesas e medidas. O Director informará á Inspección sobre a asistencia, así como a evolución que se note nos mestres.

 As mostras da escrita para os nenos deben estar creadas por Vostedes mesmos, reservando as gravadas para os máis avanzados.

12.-Coa finalidade de que os máis avanzados poidan exercitarse na composición, tanto de gramática como de ortografía, deberán quedarse con aqueles, dúas ou tres horas máis á semana, despois de ter saído os máis pequenos ou retrasados na ensinanza. Estas horas deberán destinarase a ditado, e de seguido a viva voz, se corrixan e expliquen as faltas cometidas. Tamén lles ensinarán a confeccionar un recibo, unha factura ou conta, o modo de escribir unha carta.”Esto parecerá a VV. algo pesado y lo mirarán como una nueva carga, pero es preciso hacerlo así para corresponder de algún modo a los sacrificios que está haciendo este Ayuntamiento, á la puntualidad y religiosidad conque satisface las dotaciones, y sobre todo a la confianza que ha depositado en VV. S.M. La Reina  /que D. G./.

13.-Por último, encargo a VV. cumplan con toda exactitud lo dispuesto en los artículos 13 y 15 de la real Orden de 28 de Nov. de 1858. Estos estados los presentarán VV. al maestro de la escuela elemental completa de Carballino para el día dos del mes siguiente al trimestre vencido, a fin de que este los remita a la Secretaría de la Junta Provincial de Instrucción Pública para el día señalado en dicha Rl. Orden.

        Escuela de Carbno. 14 de octubre de 1860.(Seguen as sinaturas de mestres/membros da Xunta local de Instrución), coas seguintes notas a rodapé:

“Las juntas locales en cuerpo, ni sus vocales individuales, no han visitado las escuelas de este Distrito municipal.

Los Curas párrocos, a excepción del de la parroquia de Sta. Eugenia, no se han presentado en las Escuelas a explicar la Doctrina cristiana”.

 En relación coa situación exposta maís enriba, os datos subministrados polo senlleiro investigador e profundo coñecedor da evolución do Sistema educativo en Galicia, tal e como queda patente na inmensa obra de 1245 páxinas: “Historia da educación e da cultura en Galia. Séculos V-XX.”, na colaboración que apareceu incorporada con anterioridade na G.E. G. (tomo, 9), adxunta un gráfico sobre: SITUACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA EN 1847, a partir dos datos recollidos do Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España, Pascual Madoz (1847), que poñen en contexto a situación de Galicia que, dalgunha maneira, vén a ser a que é resultado da análise da inspección do momento, froito do desenvolvemento da aplicación da Lei Moyano ou “Ley de bases de Instrucción Pública”, 1857, “que establecía o ensino primario, mediante escolas completas, incompletas e superiores, para nenos e nenas, e para xordomudos e cegos en centros específicos, confirmando a obrigatoriedade do seu estudo para todos os españois, cando menos entre os seis e os nove anos de idade, sendo gratuíta para todos aqueles que non a puidesen pagar (segundo certificado asinado polos párrocos), dándoselles intervención aos párrocos nas escolas públicas en canto á formación en doutrina e moral cristiá”.-Polo que vimos de presentar anteriormente, os párrocos non debían sentirse moi involucrados, cando, de todo o Distrito escolar do Carballiño, unicamente un participa do proceso-.

 Os datos utilizados para a provincia de Ourense, sobre unha poboación de 315.814 habitantes, poñen de manifesto, o seguinte: non se documenta a existencia de escolas superiores, nin públicas nin privadas; das escolas elementais completas dáse conta de 76 mixtas-públicas, privadas de nenos, 3. A principal oferta escolar está nas elementais incompletas públicas, 299 ; privadas de nenos, 3, e nenas, 3; o que fai un total de 387 escolas, considerando tanto as públicas como as privadas e os tres modelos de escola na provincia.

 Neste sentido, o Diccionario Madoz, para o caso do concello do Irixo, só recolle dous exemplos de escola elemental incompleta de primeiras letras: a de Cusanca: “Hay escuela de primeras letras  frecuentada por crecido número de niños, cuyo maestro tiene 1.100 reales de dotación. Ade Froufe: “Hay escuela de primeras letras, frecuentada por indeterminado número  de niños. Cuyos padres dan al maestro la retribución convenida y en proporción a la temporada que se halla abierta” .

 Con respecto á información recollida do Diccionario Madoz, onde non consta ningún dato da do Campo (1828) -quizais a máis antiga por ser de iniciativa parroquial e de fundación- se deba a estas dúas características, porque, paradoxalmente, vai ser a única do concello á que se lle recoñeza o título de “Primeras letras, elemental completa”, cando as oito restantes son consideradas no informe de Inspección de 1861 como incompletas.

 Isto non supón que, desde tempos algo afastados, como por exemplo cando se publica o censo de FLORIDABLANCA en 1787, e aínda estaba en vigor o Reino de Galicia, cunha poboación de   1.340.192, repartida en 3.683 parroquias e 3.658 “pueblos”, se dá conta da existencia de “Colegios de varones” (para estudos e artesáns) con 15 mestres e 94 nenos, e de “Colegio de hembras” para pobres, con 28 nenas e 46 mestras, alén dos nenos, nenas, novicias e novicios que ingresan nas ordes relixiosas, o que sorprende e pon de manifesto a cantidade insignificante de escolarizados nas idades comprendidas entre cero e dezaseis anos, sobre 470.510 criaturas.

 Cando corría o 11 de decembro 1841, o Boletín oficial da provincia dá conta da seguinte nova con respecto á oferta de prazas vacantes para mestres :”El alcalde constitucional de Irijo me participa en 6 del corriente haber declarado vacantes las siete escuelas de primeras letras de aquel distrito, con la dotación de 100 ducados. Los distritos donde aquellas están situadas son los siguientes: 1ª La de Santa Marin de Ciudad. 2ª La de San Julián de Parada de Laviote. 3ª La de San Juan de Froufe .4ª La de San Cosme de Cusanca. 5ª La de San Pedro de Dadín. 6ª la de Santiago de Corneda. Y 7ª La de Santa Marina de Loureiro.

 Lo que he dispuesto insertar para conocimiento de los aspirantes, quienes presentarán sus solicitudes al Ayuntamiento de Irijo en el término de un mes contado desde la publicación de este anuncio. Orense.11 de diciembre de 1841. =Francisco de Gorria.= Felipe del Castillo, secretario”

 Con esta oferta de escolarización estámonos aproximando aos nove casos analizados nas liñas anteriores pola Inspección vinte anos máis tarde en 1860, e os dez exemplos de escolas de primeiras letras, segundo a Inspección deste ano, 1877.

A pesar das advertencias da Inspección e das esixencias legais derivadas da implantación da Lei Moyano e regulamentos que a desenvolven, o caso é que a prensa do momento no mes de xuño de 1880 faise eco da seguinte nova: “Según escriben de Irijo (Orense) la enseñanza de este distrito se halla en un completo estado de abandono a causa de la indeferencia del Ayuntamiento y de la falta de celo de la Junta local.Los locales de escuelas no reunen las condiciones necesarias, y para que este abandono sea más punible, á pesar de las repetidas órdenes de la Junta de Instrucción Pública encaminada a mejorar el estado de las escuelas, la de la capital del Ayuntamiento continúa cubierta de paja, sin que se atienda las disposiciones de la autoridad provincial que, animada de tan noble propósito, pretende corregir estos defectos notables haciendo que los locales destinados a escuelas estén con el debido decoro.

 Si en vez de tratarse de escuelas dice “El Mundo Político” se tratase de líneas en explotación, ya el ministerio de Fomento tendría dictadas cien circulares y otras tantas reales órdenes; pero, ¿quién se acuerda de averiguar cómo anda la enseñanza en estos benditos tiempos?”

Escola de Casares do Campo na actualidade. Foi inaugurada en 1958 por don Florentino Pérez e dona Rosa Bernárdez, sendo alcalde don Cesáreo Villaverde. Sería clausurada polos mesmos mestres, cando se inaugurou o Grupo Escolar na Ponte, do que tamén foi o primeiro director don Florentino en 1974. A veciñanza foi xenerosa, especialmente a de Casares, tal e como se lle recoñeceu no día da inauguración polo alcalde e autoridades provinciais. Ademais da solidez do edificio -contaba con dous alpendres anexos a cada lado, un para nenos e outro para nenas-, e un amplo campo de xogos, froito da concesión dos toxais anexos de balde. A procedencia dos escolantes era dos lugares do Cardedo, Menaz, Orosa, Marnotes, A Reguega e Casares

 Pois, non sería polas reiteradas chamadas de atención da Inspección, cando en 1877 voltan a emitir sendos informes moi negativos de todo o que ten que ver co proceso de ensino-aprendizaxe, tanto no plano material como pedagóxico. A verdade é que, as advertencias e orientacións dadas en 1861 de pouco deberon valer, tal e como se desprende de noticias na prensa como a anterior e polos  informes emitidos polo inspector de turno, don José Seara, na provincia de Ourense.

 Bibliografía

Arquivo Municipal do Concello Do Irixo

Arquivo Histórico da Universidade De Santiago

Caride Gómez, J. A. (director), coordenadores: Antón Costa Rico, Agustín Requejo Osorio: A Educación en  Galica. Informe Cero. Univ. De Santiago De Compostela. 1988.

Costa Rico, A.: Historia da  Educación e da Cultura En Galicia  (seculos IV.XX). Edic. Xerais, Vigo, 2004.

Requejo Osorio A. E Cid Fdez, X. Manuel (coordenadores): Educación e Sociedade en Ourense. Edic. Do Castro, Sada, 1989.

Suárez Pazos, M. e Outros: Memoria Da Escola. Cultura Material e Testemuños Da Nosa Historia Educativa Contemporánea). Edc. Xerais, Vigo, 2006.

Universidade De Vigo: (estudar En Ourense) 50 Anos De Estudos Universitarios En Ourense (20 De Novembro De 2024).

                                                                           (Continuará)

O Irixo, maio de 2026

Xulio Dobarro Ferradás


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro. O Irixo: “Desamortización eclesiástica en Orense” ( don Ramón O. P.) sobre bens e rendas aforadas na contorna local

Xulio Dobarro. O Irixo: última  -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)

Xulio Dobarro. O Irixo: Introdución ao Catastro de Ensenada segundo don Ramón O. P. A xurisdición de Orcellón e a Encomenda de Pazos de Arenteiro 

Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------