Tai-chi, hockey, futbol sala, balonmán, ciclismo, bádminton, tenis ‘pickleball’, voleibol, cachibol, e incluso prácticas de remo baixo teito da man do Club Náutico de Castrelo de Miño, son tan só unha escolma das actividades que se poden levar a cabo neste ‘IX Salón do Deporte e Turismo Activo’ (Sportur Galicia 2026) que se está a desenvolver en Expourense e que terá o seu punto final mañá, sábado 30 de maio, ás 8 da tarde.
Unha cita que supón unha boa oportunidade de promoción para os distintos clubes deportivos que poden ademais captar novos deportistas, xa que os visitantes poden poden probar e afeccionarse a deportes que antes non tiveran ocasión de practicar.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
‘Sportur Galicia’, organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense, ten coma obxectivo nesta edición a promoción do deporte como canle de superación, integración e transmisión de valores. Participan como expositores unha vintena de federacións e clubes que teñen organizado un completo programa de exhibicións, clases abertas e competicións.
A entrada ao recinto de Expourense é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Instagram. O horario do salón será mañá, sábado 30, de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas.
















