O concello de Ourense confirma a cancelación do Entroido 2021

A cidade de Ourense tampouco celebrará o Entroido de este ano 2021. Outro evento cancelado a causa da situación sanitaria e que suma xa os que deberían haberse celebrado dende o mes de marzo do ano pasado. Así o anunciou este martes o concello de Ourense a través dun comunicado no que explicaban que, debido á situación sanitaria actual e ó repunte de contaxios, cancelan a organización desta festa e de todos os eventos relacionados con ela.

A suspensión do Entroido en Ourense xa se suma a anunciada por localidades como Laza ou Xinzo, capitais do Entroido ourensán. A suspensión destas actividades afectará tamén a toda a provincia, xa que comparsas de todos os puntos conflúen no desfile tradicional da cidade. Nas próximas semanas serán moitos os concellos que anuncien esta mesma decisión, motivada polas restricións que seguen vixentes. Dende o concello de Ourense sinalan que se trata dunha decisión tomada por responsabilidade institucional e anuncian que estudarán a posibilidade de introducir elementos de animación de rúa como charangas ou cabezudos para intentar manter o espírito de esta festa.

AVANTAR ACTIVIDADES