Gabriel Alén analiza novos proxectos co alcalde de Cortegada

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, durante a reunión celebrada hoxe co alcalde de Cortegada.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No caso de Cortegada, entre os principais temas que analizaron atópase a promoción do Camiño Miñoto, así como infraestruturas en materia deportiva.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o acondicionamento da ponte sobre o río Deva, a cuberta do parque infantil,  infraestruturas viarias de acceso ao parque empresarial, así coma a recente concesión dunha casa niño.

Finalmente o rexedor agradeceu ao delegado este encontro e destacou o seu carácter municipalista, ao proceder dunha alcaldía dun pobo do rural, o que, na súa opinión, facilita o coñecemento das necesidades dos pequenos concellos.

Hoxe tamén se reuniu co alcalde do concello de Barbadás. Os asuntos que repasaron foron en materia de infraestruturas viarias, abastecemento e instalacións deportivas. Neste senso, o delegado destacou as inversións efectuadas por parte do Goberno galego en materia de igualdade, en concreto os máis de 100.000 euros nesta ultima lexislatura destinados ao Centro de Información á Muller, o cal no que leva de ano recibiu 225 consultas e atendeu a 58 persoas.

O delegado da Xunta de Galicia en Ourense, xunto ó alcalde de Barbadás durante o encontro celebrado esta mañá.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------