O Concello do Carballiño agradece á veciñanza o bo comportamento durante este último período de restricións polo coravirus, que contribuiron a que as autoridades sanitarias decidisen esta mañá suavizar as medidas e baixar ao nivel 2.

Así mesmo, pídese a máxima responsabilidade para poder seguir diminuindo o número de persoas activas e permitir o desenvolvemento da actividade económica dentro das novas medidas que rexirán a partir desta noite.

Debemos tomar todas as precaucións de separación e seguridade recomendadas, usar sempre   mascarilla e lavar as mans con frecuencia con xabón ou xel hidroalcólico, así como evitar, na medida do posible, a interacción entre persoas non convivintes.

Se todas e todos cumprimos, poderemos seguir avanzando na loita contra a Covid-19, sen ter que dar ningún paso atrás que supoña un novo contratempo para a actividade empresarial, comercial, hostaleira e dos demais sectores económicos da vila, ademáis de para a saúde das veciñas e veciños.