Carballiño e Ribadavia anuncian o peche das instalacións deportivas salvo competicións nacionais

O concello do Carballiño comunica o peche das instalacións deportivas do municipio dende o mércores 27 de xaneiro agás para os equipos en competición nacional, tal como marcan as novas restricións. Dende a Concellería de Deportes do Carballiño agardan que esta situación mude e poda volver a actividade deportiva con normalidade o antes posible.

No caso de Ribadavia tamén se tomaron estas medidas: péchanse ao público as instalacións deportivas municipais dependentes do consello municipal de deportes coma o centro deportivo municipal O Consello, o pavillón municipal Maquiáns e o Complexo Deportivo O Xestal. Permanecerán abertas ao público para información e trámites administrativos as oficinas do servizo municipal deportes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como excepción, O Consello abrirá exclusivamente para actividade de adestramentos do equipo de nacional da entidade ADC Ribeiro.