En Punxín: Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de 2 peóns/as

IES CHAMOSO LAMAS

Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de 2 peóns/ as para desenvolver o Programa de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade da Deputación de Ourense

Por Resolución da Alcaldía do 17/03/2022, aprobouse a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, por obra ou servizo determinado, de dous/dúas peóns/peoas para desenvolver o Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2022, desempeñando as funcións de acondicionamento de vías públicas e
medio ambientais do Concello de Punxín.
A súa duración será de 7 meses, a partir da súa formalización,
e en réxime de dedicación a tempo parcial. A xornada de traballo será de 6 horas diarias, de luns a venres, ambos incluídos.
Na sede electrónica e no taboleiro de anuncios, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas.
O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e, no seu caso, no taboleiro de anuncios.

HIPER MASIDE