O 6 de xullo de 2016 varios medios de comunicación fixeronse eco da nova de Rescatar a un burro que caera a un pozo no Carballiño. Delo derón conta varios medios de comunicación.
O problema é que Petiso dabaselle por escapar, deambulando libre por varias rúas do Carballiño creando perigo para o tráfico de vehiculos. Ademais habia queixas de veciños polas molestias que lle causaba á veciñanza polos seus constantes rebuznos, sobre todo durante a noite.
Desde o 24 de xullo de 2017 e ante o problema o Concello faise cargo do animal e permanece albergado nas instalacións dun veciño do Carballiño.

O pasado día 13 de febreiro, o Alcalde do Carballiño publicou un bando para subastar a Petiso
Badal Novas ten acreditado que polo menos nalgún mes do ano 2019 a factura co concepto “Manutención de burro” é de 150 € que co IVE correspondente vaise a un total de 181,50€.
Non sabemos o importe das facturas anteriores, pero tendo en conta que o burro leva nas instalacións 2 anos e medio, tirando polo baixo o burro costoulle o Concello un mínimo de 4.000€ máis IVE( 21%) da un TOTAL de 4.840 €
A continuación emitimos a NOTA do Concello onde da conta da SUBASTA que tivo lugar hoxe
SUBASTADO EN 160 EUROS O BURRO RECOLLIDO POLO CONCELLO EN ESTADO DE ABANDONO
O burro recollido polo concello en estado de abandono desde o 24 de xullo do ano 2017, foi subastado e adxudicado hoxe por una cantidade de 160€.
A subasta tivo lugar no salón de plenos do concello coa asistencia do secretario do concello, o alcalde e o concelleiro de Seguridade, asì como de dúas persoas en representación de dous licitadores rexistrados. Outros dúas persoas rexistradas previamente non acudiron a esta subasta.
A poxa partía de 50€, que era o mínimo, e debía facerse de 5 en 5€, sendo adxudicado finalmente o animal en 160€ a Lorena Conde.
A persoa adxudicataria deberá facer efectivo o pagamento nun prazo de tres días hábiles para asumir a propiedade do animal.