Arnoia, Castrelo e Cenlle desfrutan de viño, gastronomía e artesanía co Espírito Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño acolleron esta fin de semana a cuarta edición do Festival “Espírito Ribeiro”, unha marca vivencial que se estruturou en tres días de actividades con música, gastronomía, viños e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia.

O evento inaugurouse o venres en Arnoia, no campo da Queixeira. Comezaron cun obradoiro de gyotaku aplicado a saquetas de tea e contaron coa animación musical de Picnic DJ, Micalip’s e Elton Song, a mellor banda tributo de elton John.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado, foi a quenda de Castrelo de Miño, co seu embalse de fondo ofrecendo unha paraxe inigualable para este evento. Artesanía de Galicia ofreceu un obradoiro de cianotipias e para a música Uxía Lambona e a Banda Molona, The Bigüis e Pancho Varona.

Para poñer punto e final a esta gran fin de semana, foi a quenda de Cenlle. Neste caso, puidemos desfrutar dun obradoiro de serigrafía en saquetas de tea, e moita máis música, con Isius, repetindo Pancho Varona e Dr Slump.

Tanto adegas como expositores de artesanía e gastronomía consideran todo un éxito este evento e aseguran que debería haber máis iniciativas enfocadas en enxalzar os seus produtos coma esta.