Pienso, luego Resisto

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.

AVANTAR ACTIVIDADES

Levo tempo observando como un considerable número de persoas formadas intelectual e academicamente en disciplinas relacionadas coa ciencia -moitas exercendo profesionalmente como científicas- confesan unha enorme afección, incluso vocación, pola filosofía, así como unha evidente e incustionable praxe humanista na súa vida. A gran maioría recoñece que esta espontánea e natural proclividade á filosofía funciona como complemento perfecto a esa exactitude, rixidez e dogmatismo inquebrantables aos que se somete a mente científica, sempre escravizada polas leis da física e polos teoremas das matemáticas, pero que ten a vantaxe de impedir especulacións estériles.

Vostede, amable lector/a, seguramente se ten tropezado máis dunha vez con algunha persoa deste perfil. O seu médico de familia, un arquitecto amigo, a farmacéutica da súa vila, a veterinaria do seu bichón maltés… posiblemente lle manifestaron esa bonhomía, empatía e comprensión que non teñen acollida nos territorios imaxinarios da ciencia e da tecnoloxía. O distintivo esencial do humanismo detéctase na actitude empática da persoa e na flexibilidade mental para interpretar a situación, a opinión, as crenzas e mesmo as emocións do interlocutor. O humanismo descansa sobre unha axioloxía antropolóxica onde os valores da persoa eclipsan calquera outra estimación obxectiva (diñeiro, arte, tecnoloxía, ciencia, propiedades…) comercializada socialmente. É probable que certas profesións e determinadas mentes educadas e formadas en valores éticos e deontolóxicos manifesten unha maior propensión ao altruísmo e á solidariedade, como é o caso da profesión médica, cuxa finalidade consiste en coidar a saúde das persoas e empatizar co seu sufrimento.

A persoa humanista sabe interpretar o seu rol social no lugar ou ámbito no que se desenvolve, expresando sempre gratitude ao lugar no que naceu ou no que se atopa e manifestando recoñecemento á man que a guiou “cara ao santuario onde aprendeu a adorar” (Nietzsche: Humano, demasiado humano) e a recoñecer eses valores latentes que escoltan aos seres humanos. É así como nesas persoas o sentimento e a empatía cobran unha dimensión de profundidade metafísica evocando a aqueles espíritos renacentistas que tanto contribuíron ao deselvolvemento da cultura e á dignidade dos seres humanos. A diferenza coas persoas egoístas, protocolares ou rigoristas, o humanista interpreta a existencia extrapersoal como a súa propia, recoñecendo como un deber o seu trato e compromiso cos demais. Nace así un nexo ético entre o deber e o humanismo, que é froito desa aceptación responsable de respecto e coidado aos demais.

O perfil das persoas humanistas corresponde a espíritos libres, capaces de pilotar o vaixel da súa propia vida sobre o proceloso mar das imposicións institucionais e das balizas restrinxentes que acoutan territorios burocráticos con izados de bandeira sospeitosamente intrusos e mercantilistas. Son necesarios na sociedade eses espíritos emancipados porque a súa compañía nos afasta do desalento que nos pode asaltar en medio das horrendas adversidades ás que nos vemos sometidos con frecuencia -enfermidades, soidade, desamparo, inactividade, rabia, pandemias-. Xa Nietzsche reivindicaba a súa presenza, a falta de amigos, como terapia de saúde mental: “como compañeiros cos que un pode charlar e rir cando ten ganas de charlar e de rir… pois eles tiveron a experiencia decisiva nunha grande emancipación, e que de non ser así serían espíritos atados para sempre ao seu recuncho e estaca”.

Pienso, luego Resisto, un libro singular

Descartes representa o marco referencial da modernidade, da Ilustración e do progreso. A súa memorable frase “cogito ergo sum” (“penso, logo existo”) converteuse no fundamento do pensamento moderno e no principio indiscutible da filosofía dos últimos séculos. Son incalculables os libros, artigos e teorías que motivou esa expresión ubicada no Discurso do método, así como a problemática relacionada coa interpretación e significado desa mesma proposición. Con todo, o enunciado “Pienso, luego resisto” nada ten que ver coa filosofía do cogito cartesiano nin cunha proposta de posible entimema lóxico, aínda que si garda certa relación coa filosofía como actividade humana. É un libro, si, un libro de 400 páxinas publicado polo propio autor, pero non distribuído nin á venda nas librerías, porque é un ensaio pensado para os seus fillos. A finalidade de tal publicación non é moi diferente á de Aristóteles con Ética a Nicómaco ou á de Fernando Savater con Ética para Amador. A diferenza con estes reside no título, no que non aparecen os nomes dos destinatarios da mensaxe, que si aparecen nos dos dous filósofos citados. Ben é certo que no libro Pienso, luego resisto aparece a dedicatoria aos cinco vástagos do autor.

            Estou facendo referencia a David Suárez Quintanilla, catedrático de Ortodoncia na Universidade de Santiago de Compostela (USC), científico de profesión e filósofo e humanista de vocación. O ensaio que acaba de publicar -que por non pretender publicitalo nin sequera aparece o nome da editora nin o ano da súa edición- é unha síntese de ciencia, filosofía, pedagoxía, axioloxía e, fundamentalmente, cultura que, sen ningunha dúbida, chegaría a encandear a mozas/mozos e a persoas de calquera idade.

            Son tantos e tan variados os temas que analiza, e tan diversos os recursos para xustificalos, que resulta unha autentica delicia seguir os argumentos cos que acompaña cada cuestión. Desde o estudo do “home masa tecnolóxico de Ortega y Gasset” ata a “crenza en Deus e a relixión”, pasando pola “neurociencia”, “valor da arte e da filosofía”, “os pensadores da sospeita”, “cerebro, mente e crenza”, “Enfoque ciborg”… o argumentario sorprende pola riqueza de recursos utilizados: filósofos, científicos, literatos, cine, arte, textos sagrados das distintas relixións, psicólogos e pedagogos… De cada capítulo saímos con algún coñecemento novo e cunha perspectiva máis diafána de conceptos que xa tiñamos. Ben se puidese comparar a súa lectura a ese famoso libro de Jostein Gaarder, El mundo de Sofía, onde a protagonista vai descubrindo a filosofía na vida e adquirindo ao mesmo tempo un coñecemento doado dos grandes filósofos e dos importantes sistemas filosóficos creados ao longo da historia.

            Se eu tivese que adosar algún cualificativo a este libro elixiría o que utilizou Inmanuel Kant para o espírito da Ilustración: sapere aude (atrévete a saber). Esa idea esbózaa David Suárez Quintanilla nas primeiras páxinas: “Si decidís, hijos, que sé que lo haréis, embarcaros en esta grata y placentera tarea de usar vuestra mente y abrirla a vuestra imaginación, que es, de acuerdo con Albert Camus, lo que más nos distingue de los animales, os doy dos pistas…”. E de seguido cita un texto da Isla del Tesoro de Robert Louis Stevenson, e outro de En busca del tiempo perdido de Marcel Proust. O autor utiliza este ensaio como unha lección de tolerancia, de apertura a toda clase de coñecementos e de gran respecto ás opinións dos demais, unha lección dirixida non só aos seus fillos, aos seus alumnos e á xuventude da que forman parte, senón a calquera persoa con vocación de liberdade, de autonomía operativa e, sobre todo, de convivencia.   

O modelo orteguiano do home masa

O autor expresa unha enorme preocupación polas ideas, crenzas, aspiracións e futuro da xuventude actual, na que ubica os seus fillos. E nada máis oportuno para a súa estratexia que mergullarse na Rebelión de las masas para que Ortega y Gasset lle permita achandar o camiño que conduza á resposta que intenta defender David Suárez Quintanilla. E como se fose hoxe aquel ano 1929 en que se publica o libro, reproduzo aquelas palabras de Ortega:

“Estas generaciones últimas, nacidas y educadas en la sociedad del bienestar, parecen percibir la superabundancia de los medios, pero no las angustias… Existe una impresión natural de que la vida es fácil, sobrada, sin limitaciones trágicas”.   É obvio que David detecta a visión de futuro que describe o filósofo español na Rebelión de las masas: “se hace un esclarecedor análisis de lo que podría ser la sociedad española y europea del futuro, un futuro que es hoy presente. Por tanto, creo que es un punto de partida justo comparar esa masa orteguiana con la situación de la sociedad en que están inmersos, sumergidos, nuestros hijos y alumnos”.

            Non obstante, a lista de filósofos invitados por David ao seu Banquete platónico do século XXI non se limita a Ortega. Son innumerables os filósofos que acuden á convocatoria de David por considerar a filosofía como unha disciplina “práctica e rentable… La filosofía para los únicos que no es práctica y rentable es para los propios filósofos que, para su desgracia o verdadera maldición como grupo, ni han sabido aplicar ni la han sabido vender… En contra de lo que piensa la mayoría, la filosofía no es un “rollo”, sino que tiene un carácter muy práctico”.

Filosofía, ciencia, felicidade

Friedrich Wilhelm Nietzsche contounos que “os problemas filosóficos volven propoñerse agora nos mesmos termos que hai dous mil anos” (Humano, demasiado humano). E cales son eses problemas, podemos preguntarnos? Seguramente un deles debe ser o de encomendarlle á filosofía que confira á vida a maior profundidade e significación posibles. Para Nietzsche a filosofía divorciouse da ciencia despois de formular a pregunta sobre que coñecemento da vida e do mundo fai máis feliz ao ser humano.  

Desde a miña perspectiva, a capacidade estratéxica de ligar a filosofía coa ciencia e coas súas leis, a través dun bypass intencional e consciente como ocorre en David, crea seres humanos éticos e tremendamente felices. A felicidade debe ser a meta que se propoñan conseguir, conxuntamente, a filosofía e a ciencia. Esa sinerxia crea sabedoría e humanismo, uns valores que emerxen visiblemente en determinadas persoas.

            O libro Pienso, luego resisto está escrito en castelán, como ben se pode deducir do seu título, posiblemente coa intención de agasallar con algún exemplar a algúns dos moitos amigos e colegas profesionais cos que conta en todas partes o autor, moitos deles descoñecedores da nosa lingua.  

            O lector segue o curso do relato atopándose en cada esquina con filósofos, con neurocientíficos, con periodistas, con líderes relixiosos… que aportan argumentos que lle axudan a entender as teses bosquexadas polo autor. O lector non precisa, pois, aprender unha teoría filosófica nin unha lei física para interpretar as ideas coas que se atopa nesta lectura -aprendizaxe que implica case sempre dificultade para acceder á súa comprensión-, senón que aquí as teorías e sistemas filosóficos aparecen contextualizados para facilitar non só a explicación correspondente do texto, senón a comprensión da teoría ou sistema invocados.

O seu estilo destaca pola elegancia e sinxeleza, lonxe da arrogancia e da máis mínima proclividade ao divismo. Tenta educar aos fillos con dignidade e honestidade, enviando a mensaxe de loitar contra a ignorancia e a apatía, chegar á xuventude e a todos os cidadáns.

            Pienso, luego resisto obedece a unha única e exclusiva finalidade do autor: procurar que os seus fillos abran a mente aos valores humanos e os apliquen na vida e nas súas relacións coas demais persoas. A súa intención, a través dun pacto coa erudición, engloba técnicas pedagóxicas, fundamentos axiolóxícos, formación humanísta, historia familiar, ciencia, cultura… e procurando sempre que as ideas non perdan nunca o seu enlace e continuidade coa realidade. Estas mensaxes levan implícitos determinados obstáculos contra os que hai que loitar e resistir. “Vivimos en el mundo de la inmediatez donde queremos todo para ayer, nos hemos acostumbrado a borrar la palabra “espera” o “demora” de nuestros deseos y nuestra comunicación, los teléfonos y las tabletas inteligentes nos atraen y distraen, eliminando de nuestra vida la conversación, el escuchar, la reflexión y la mediación sobre conceptos e ideas. El pensamiento, y no digamos la literatura filosófica, están en clara desventaja frente a la vistosidad multimedia, el acceso inmediato a todas las respuestas de Google y la facilidad de encontrar almibarados consejos de autoayuda para las mentes simples”. Esta idea que explicita con toda a intención o autor vén sendo defendida por psicólogos e sociólogos desde hai tempo, como se pode comprobar no libro “Qué está haciendo Internet en nuestras mentes? Superficiales”, do escritor estadounidense Nicholas G. Carr, ou nas publicacións do canadense Herbert Marshall McLuhan como A aldea global, O medio é a mensaxe, A Galaxia Gutenberg… Contra todo isto hai que RESISTIR. O argumento sería: se pensamos, debemos decatarnos do que pasa ao noso lado, e contra esa treboada ideolóxica e anestésica cómpre resistir.

Un libro atrevido, efusivo e sincero

“He decidido hacer el libro de carne y hueso, y que así, fresco, nos permita disfrutar del olor de la cola que une sus páginas…Porque a diferencia de los móviles y las tabletas, donde la inteligencia está en su interior de plástico, silicio y circuitos integrados, el secreto de los libros consiste en ceder su contenido a nuestra imaginación, para que sea ésta, con nuestro pensamiento, producto del espíritu, la que le de su dimensión real. Por esto, hoy más que nunca, debemos leer cosas que merezcan la pena ser leídas y decidir y tomar una posición en esta dualidad antagónica de leer reposadamente con nuestra imaginación o dejar que una catarata ininterrumpida de imágenes, colores y sonidos bloqueen nuestra capacidad para imaginar y desarrollar nuestra inteligencia. Es una decisión muy importante en la vida de mis hijos y alumnos… Leer, y no el móvil o las tabletas, son el verdadero gimnasio de la mente para su salud y desarrollo…”

“Paradójicamente la filosofía es hoy, más que nunca, urgente porque tras derrumbarse la modernidad y ahora la postmodernidad, la nueva sociedad VICA (volátil, incierta, compleja y ambigua) necesita no solo nuevos valores y metas, sino nuevas utopías para compartir”. Esta mensaxe non pode reducirse a un simple voluntarismo, a un modelo teórico de “buenismo”, senón a unha profunda terapia de urxencia social. Apremia frear as condutas patolóxicas que atentan contra a convivencia e a paz social; hai que darse présa para buscar antídotos contra condutas traumáticas de auténticos monstros sociais que se dedican a estremecer á cidadanía atentando contra a vida de persoas vulnerables, como o aterrador e horrendo episodio acaecido no Carballiño nestas últimas datas perpetrado por un adolescente.

David fala con franqueza e espontaneidade da súa familia, da súa vida e das súas relacións sociais e profesionais, da súa idea de perpetuación a través dos seus fillos e alumnos a través da lembranza e do testemuño: “Mi padre, catedrático también de anatomía, murió con apenas 54 años de repente, justo cuando yo había finalizado el máster de ortodoncia y mis hermanos estaban aún acabando la carrera (los tres somos dentistas, nuestro padre y abuelo también y mis dos exmujeres también, por eso escribo de filosofía). Adorábamos a mi padre…y es evidente que el día de su muerte se acabó todo para su cuerpo, todo… Pero…si analizamos bien la vida de mi hermano, o la mía, veremos que esa unidad funcional papá ha sido determinante en nuestra vida. Y por eso es importante el ejemplo, no solo contar con gigantes a los que podamos subirnos, sino líderes que marquen el camino a seguir… Por eso los modelos que un niño primero y un joven después toman como referencia, como aspiración, como patrón de vida y comportamiento, son tan importantes”. “Mi padre murió hace más de 33 años y cada día sigue influyendo en mi vida y mis decisiones, mi padre vive en mí porque su amor ha superado la aniquilación de su cuerpo; antes de morir la vida de mi padre era suya, ahora es mía y de los que lo amamos”.

            Non elude nin esquiva ningún tema, por esa razón aborda e acomete o problema relixioso, o nacionalismo, a política, a ética, o consumismo, a arte, o cine… E o amplo coñecemento e sólida formación que exhibe en todos estes asuntos fascinan, impresionan e encandean ao lector.

            O asunto relixioso asoma de modo frecuente no libro, delatando o intenso e sólido coñecemento con que domina esta materia. Dedica un capítulo completo a relatar as súas experiencias coas relixións do mundo, reflectindo as mil teorías existentes sobre as orixes das mesmas. Existen relixións “donde los dioses interfieren en la vida de los hombres y donde no, donde el fundador ya era sagrado desde su nacimiento o a través de una conversión (desde la acomodada vida principesca de Siddhartha hasta convertirse en Buda), si el objetivo es captar nuevos adeptos (cristianismo) frente a las que buscan retener a los miembros, que son, solo ellos, el pueblo elegido (judíos), las que prometen vida después de la muerte y las que no, etc.”. Neste contexto introduce un amplo -e case teolóxico- debate sobre o papel da relixión na sociedade, o que lle permite profundar na importancia que as crenzas relixiosas xogan na vida das persoas. Ao seu parecer, cómpre rexeitar as pretensións de quen intentan substituír a relixión por un humanismo ético, por unha ética laica.

¿Hai alternativas á crenza en Deus e á relixión?, pregunta David Suárez. E para esclarecer esa polémica recorre a teólogos como Hans Küng, a médicos como Cabezas Cerrato, a neurocientíficos como o ateo San Harris e a filósofos como Wittgenstein ou Camus. A conclusión á que chega queda expresada así: “Es necesario que Europa occidental elabore y promulgue un humanismo laico en base a Montaigne, Pascal, Erasmo, Voltaire, Kant, Heidegger o Camus; una Europa que, en paralelo, siga buscando a un Dios desaparecido. Es fundamental, tras la pandemia mundial, establecer una razón ética mundial, sea la propuesta por inciativa de Jürgen Habermas, por Khun o el papa Francisco”.

            Con todo, o que máis sorprende e marabilla de David é o seu dominio e seguridade no ámbito filosófico. Máis que un dentista, un ortodoncista e un científico parece un doutor en filosofía. Reúne no mesmo foro a Epicuro, a Séneca, a santo Agostiño, a santo Tomás, ao Mestre Eckhart, a Ortega, a Camus, a Heidegger, a B. Russell, a X. Zubiri, a Hannah Arendt, a J. Mosterín, a Mario Bunge, a J. Antonio Marina… dándolle a palabra no momento oportuno.

            Canto podería aprender a xuventude sobre o cerebro, sobre a neurociencia, sobre a Intelixencia Artificial (IA), sobre cine, sobre filosofía… lendo este libro subrepticio de David Suárez Quintanilla! Sería necesario convencelo para que o publique nunha editorial, o coloque nas librerías e chegue  ás bibliotecas, porque pode ser tan gratificante a súa lectura para a xuventude como o famoso Mundo de Sofía, de Jostein Gaarder, ou Ética para Amador, de Fernando Savater. Un libro no que o humanismo, a cultura, os valores, a ciencia, a formación persoal, a gratitude… lideran a pedagoxía, a didáctica e a mensaxe. Un libro, en definitiva, entretido e ameno porque casa a mensaxe coa anécdota, e a didáctica coas vivencias amables e simpáticas do autor. Un libro, en definitiva, cun incuestionable apromo discursivo que sementa mensaxes de optimismo e de humanismo nunha sociedade náufraga de monotonía, de ideais exangües e reiterado obxecto de manipulación política e de instrumentalización económica e tecnolóxica.

—————————————————————————————————

Outros artigos de Avelino Muleiro

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

—————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.