Preséntase a asemblea local do Bng de Maceda

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego de Maceda presentouse o pasado sábado nun acto no concello que tamén celebraba o 40 aniversario da fundación do BNG.

Maceda, 24 de outubro de 2022. A recentemente constituida Asemblea Local do BNG en Maceda, organizou o pasado sábado 22 de outubro, un acto conmemorativo do 40 aniversario da fundación da formación política. A agrupación aproveitou a presenza de militantes históricos, membros da Executiva Nacional e da Fundación Galiza Sempre, así como de militantes da comarca en dito acto, para presentarse ante os veciños e simpatizantes que se achegaron como Asemblea Local do BNG no Concello de Maceda.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Conde, militante fundacional do BNG e alcalde de Vilar de Barrio, interveu para presentar a agrupación, da que Cesáreo Borrajo, militante histórico do BNG de Maceda e membro do Consello Local, dixo que “viña a ser a mellor maneira de celebrar o 40 aniversario do partido, agrupando a todos os nacionalistas de Maceda, de novo baixo un mesmo paraugas”.

No acto, interviñeron tamén Lucia Veciño, secretaria da Fundación Galiza Sempre, quen presentou o libro “40 anos o servizo de Galiza, BNG 1982-2022”, editado pola Fundación; e Noa Presas, diputada no Parlamento Galego pola provincia a de Ourense.  Según Pablo Seoane, militante de Maceda e membro do Consello Comarcal do BNG, “foi una tarde para celebrar e compartir o que nos une, e o proxecto que temos para o noso Concello e para o noso país”.