Manuel Baltar felicita a Ramón Barreal e á veciñanza de Laza “por contar desde hoxe cun gran alcalde e un goberno serio”
- O presidente provincial do PP de Ourense afirmou que se abre unha nova etapa “que terá á fronte do concello a unha persoa con experiencia máis que suficiente para ofrecer a Laza o que lle faltou no último ano: un rexedor, un goberno e xestión”
O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, felicitou esta tarde a Ramón Barreal tralo seu nomeamento como novo alcalde de Laza, felicitación que fixo extensiva a toda a veciñanza “por contar desde hoxe cun gran alcalde e cun goberno serio”. Unha nova etapa, dixo Baltar, “que terá á fronte do concello a unha persoa con experiencia máis que suficiente para ofrecer a Laza o que lle faltou no último ano: un rexedor, un goberno e xestión”.
Ramón Barreal, destacou o presidente dos populares ourensáns, foi o gañador das pasadas eleccións municipais, nas que obtivo catro concelleiros con máis do 43 % de apoio, “pero se atopou cunha alianza entre dúas formacións –PSOE e Xuntos por Laza- que nomearon a un alcalde que nunca quixo exercer como tal e que fixeron un goberno que nunca xestionou”.
Agora, engadiu Baltar, o novo alcalde popular accede á presidencia da corporación local con máis ilusión e forza e cun aval máis, como é o apoio maioritario –casi o 50 %- dos veciños e veciñas de Laza nas recentes eleccións galegas, que suporían no caso de se tratar de comicios locais unha maioría absolutísima”.
“Laza non podía perder máis tempo”, dixo Manuel Baltar, que cualificou a situación de desgoberno do concello “como un exemplo máis da descomposición que vive o PSOE na provincia, máis grave se cabe tralo anuncio da renuncia doutro concelleiro socialista de Laza”.