Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 3ª parte). Ensino obrigatorio e acceso ao ensino medio : (séc. XIX-XX)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


  “A base social na que se reclutan os estudantes de Bacharelato no Ourense decimonónico e ata ben entrado o seculo XX, compóñena un conxunto de grupos profesioanis con distinta representatividade  que demostran o seguinte:

A tendencia da fidalguía galega do XIX, cada vez máis descapitalizada, de cara aos estudos medios non eclesiásticos como vía de acceso ás profesións universitarias que aseguran e reproducen a posición de privilexio da clase de procedencia. No fondo, asístese a un proceso de acomodación aos novos tempos da vella clase fidalga que xa empezara na primeira metade do século, como o explica a elevada porcentaxe de profesións liberais, de funcionarios e de militares entre os pais de alumnos do Instituto ourensán, coa mesma fonte de procedencia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 A feble presenza das clases sociais baixas, xa que se trata dunha sociedade eminentemente rural e agraria, onde predominan formas de produción artesanal e os oficios máis tradicionais, os campesiños e os artesáns ostentan unha representación ínfima en relación co peso real destes grupos na sociedade galega do momento.

 De acordo co anterior e se admitimos que a base social do alumnado de Bacharelato constitúe unha mostra fiel das clases acomodadas  da sociedade do momento, pode dicirse que a clase media e alta ourensás da época compóñena, en esencia, a ”vella fidalguía propietaria”, aínda vencellada á terra, a “nova fidalguía” xa reciclada que ocupa os postos máis elevados na escala dos novos servizos xerados pola sociedade moderna. [….]

 Os estudantes ourensáns de Bacharelato forman parte dunha élite provincial máis que propiamente local, dado o seu lugar de procedencia. [….]

 …observándose para o caso ourensán a delimitación dunhas zonas claras de influencia do Instituto, determinadas, en primeiro lugar, pola cidade e a súa área circundante e, en segundo lugar, polos partidos xudiciais que contan coas entidades máis representativas de poboación na área occidental da provincia” .

        Benso Calvo, C. : Los destinatarios  del bachillerato en Galicia. Estudio geográfico y social del alumnado orensano (1850-1910). Rev. De Educación nº 305, 1994.

 Tomo emprestada esta presentación para o relato que segue, para acreditarmos que as conclusións ás que chega a autora na súa pescuda sobre o alumnado que accedeu ao primeiro instituto da provincia, que logo sería o actual IES Otero Pedrayo, concordan, en grande medida, coa que foi a situación do alumnado de ensino primario do concello do Irixo ata ben avanzado o século XX. En que sentido?

 En canto ao que foi o acceso dunha porcentaxe moi limitada do alumnado escolarizado cos estudos primarios que, moi excepcionalmente, accedería, nuns casos ao seminario, e noutros ao Instituto. Este fora creado en 1845, ubicándose no edificio da Compañía de Xesús, onde tamén compartía espazo co Seminario.

 Segundo a información obtida do Diccionario de Madoz (1850), o profesor A.C.R., citando a Carmen Benso, recolle un extenso parágrafo do que salientamos algún aspecto como o relativo á  estrutura do Instituto[-ten un longo corredor que dá comunicación a catro excelentes cátedras cuxo piso é de madeira, cada un con dúas liñas de asentos, cadeira e mesa do catedrático, todo de construción sinxela pero elegante-]; a dotación de biblioteca, con abundantes e boas obras recollidas de diferentes conventos da provincia; a cátedra de física, química e historia natural con dous gabinetes e mesas fixas para a colocación de instrumentos e modelos destas ensinanzas… o persoal docente repártese entre: dous profesores para latín e castelán, un para cada unha das materias de: xeografía, historia, relixión e moral, retórica e poética, matemáticas, lóxica, física e quimica, historia natural e francés; un blibliotecario, un auxiliar, un conserxe e dous porteiros. Ao que habería que engadir  uns anos máis tarde un Colexio de internos e a concesión dun xardín botánico na Alameda do Pousío “para o ensino práctico desta ciencia e para servir de principio a unha escola práctica de agricultura”. Motivo este útltimo, incorporado á escolma de textos, que lle da pé a X. L. Méndez Ferrín para un comentario ao respecto e reivindicar a denominación do Xardín do Posío como Pousío e  Botánico, “que o moderantismo fundou como dependencia do instituto da Lei Moyano”, alegando que o topónimo de “Pousío” había ter que ver a súa orixe cunhas terras no extremo da cidade que se deixarían a “pousío” -barbeito- e, polo tanto, o de “Posío” trataríase dunha castelanización. Precisamente, neste ano 2026 que andamos, o “Pousío” está sendo obxecto de polémica polas obras de infraestrutura que se están a levar a cabo, alén de seguir mantendo o enreixado que, entre outras razóns, cumpriu co obxectivo de restrinxir o acceso cando no tempo de estío se celebraban actividades musicais das que aínda temos lembranza.

 Se tomamos como dato relevante o número de alumnado matriculado no ensino medio, e excluíndo o que acollía o seminario, diremos que a continuidade deste nivel non obrigatorio era moi escasa, especialmente entre os de procedencia rural. Así, o “alumnado matriculado en bacharelato (ensino oficial, privado, doméstico e libre” segundo os datos de A.C.R para os anos 1886-87 en total en Ourense: 310;  1895: 453;  1914-15: 456;  1926: 1209.

 A profesora Carmen Benso Calvo, a partir da clasificación social da sociedade do XIX, segundo  R. Villares Paz,sinala que “predomina como clase social dominante un grupo composto por vellos fidalgos rentistas  e novos rentistas xurdidos coa desamortización, fronte a unha burguesía comercial, recluída nas cidades principais (Coruña e Santiago), e unha localizada burguesía industrial asentada nas ribeiras marítimas viguesas e pontevedresas. Ademais destes dous grupos, claramente dominantes, un amplo campesiñado moi estratificado e unha porción de operarios completan a visión da sociedade galega do XIX”.

 Seguindo coa análise da profesora C. Benso, “en Galicia, o elevado volume de alumnos que rexistran os seminarios manifesta unha especial atracción por tales estudos, sobre todo no que respecta ás clases baixas, cuestión na que inflúe ademais da conservadora e clericalizante mentalidade dominante da poboación galega, Ourense, que forma parte da Galicia interior, agrícola e escasamente desenvolta presenta uns índices de escolarización por enriba da media galega, fenómeno que está asociado coa relativa concentración da poboación observada nesta provincia en relación ao conxunto galego. Por zonas, o noroeste ourensán, onde está ubicada a capital e as máis importantes vilas -Ribadavia, O Carballiño, Allariz, Celanova…- é a que ten unhas taxas de alfabetización máis altas, o que vén a confirmar a influencia positiva do hábitat concentrado no acceso á ensinanza”.

 A relación dalguhas persoas naturais do concello do Irixo cos estudos eclesiásticos veñen de moi antigo. Así Fray Alonso de Cusanca foi bispo na diocese de Ourense entre 1420 e 1424, para, a seguir exercer como prelado na catedral de León e ser enterrado na igrexa de Santo Domingo de Ribadavia, en cuxo tímpano se conserva o seu escudo de armas e onde exercera como prior. O seu irmán Frei Xoán e os seus sobriños, Gonzalo e Martín de Cusanca desempeñaron diversos cargos como eclesiásticos na catedral de Ourense, onde, ademais, foron enterrados.

 Na publicación “Almanaque Gallego” (Gallegos ilustres) dáse conta de D. Manuel Ros de Medrano 1756, (natural da cidade de Ourense, cuxo pai foi J. Bernabé Ros de Medrano, natural de Santa Marina de Loureiro; Irijo-Carballino), que contou como antepasado seu a don Diego Ros de Medrano, bispo de Ourense (1673-1694), destacando no seu currículo como: “benemérito hijo del país galaico, abogado distinguido, sacerdote ejemplar, que después de haber ganado altas prebendas en las catedrales de Orense y Santiago, y representado, con otros a Galicia en las Cortes de Cádiz, honró el Episcopado español rigiendo la diócesis de Tortosa”.

 “Estudio Filosófía y Teología en el convento de San Francisco, –actualmente sede do Arquivo Histórico provincial de Ourense– de su pueblo natal, y después en la Universidad de Santiago. Derecho Civil y Canónico hasta obtener el grado de Doctor. Pasó luego a Madrid, a fin de ejercer la profesión de abogado, y allí publicó una obra de oportunidad  titulada: Origen de las Renta de España; y defendió y ganó un célebre pleito, acerca del tributo feudal conocido con el nombre de Luctuosa”.

 A traxectoria deste ilustre ourensao, está na mesma liña á de quen lle adicamos un capítulo enteiro nunha parte seguinte, a  Agustín Alén-Froufe (1771).

 O desenvolvemento escolar ao longo dó século XIX, desde o punto de vista normativo, xira arredor de regulamentos que teñen unha primeira fase de consolidación coa Lei e Regulamento provisorio de escolas de 1838, ao que responden en grande medida os procesos de inspección levados a cabo ata a fin de século, polo que se determinan de xeito preciso as pautas a seguir polos mestres, así como os materiais básicos en canto a moblaxe, menaxe, libros de texto, seccións das escolas de primeiras letras, ata un nivel de detalle abondo preciso, tal e como se pode extraer dos informes de inspección vistos con anterioridade para a franxa de idade de seis a nove anos que correspondía ao primeiro ensino, que se impartía nas escolas elementais completas e incompletas e nas superiores.

Mostra do tipo de Informe que expediu cada responsable de cada unha das 29 escolas en activo en 1969 no Irixo, como exemplo dunha nova realidade social e escolar (Emigración, avós/as=pais/nais, acceso ao ensino medio..) de cara á posterior creación do Grupo Escolar. O nome de cada persoa, aínda sendo importante, non será  tan significativo como a lectura que se pode facer dos datos: case o cincuenta por cento dos que inicialmente fomos escolarizados nesta escola vémonos obrigados a desprazármonos por motivos familiares e de estudos

 A Lei Moyano (1857) estableceu a obrigatoriedade do emprego dos libros de texto, así como o numero de referencia para a creación de escolas públicas, a partir de 500 almas unha de nenos e outra de nenas. Enténdese que son públicas aquelas escolas que son sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, aínda que podían recibir a colaboración económica de fundacións, sendo os concellos os que debían cubrir os gastos con cargo ás arcas municipais e aquelas familias máis solventes, quedando excluídas desta obriga aquelas de  menos recursos. Con respecto ao ensino secundario no caso do Irixo, este é un nivel que nunca estivo presente  -aínda cando o censo de habitantes era abondo xeneroso, máis de 6.000 en diferentes momentos-   nin o estará, na medida que a taxa de poboación tende a reducirse ata niveis inauditos de diminución con aproximadamente 1.250 habitantes en 2026.

 Con respecto ao ensino secundario, no caso do Irixo, este é un nivel que nunca estivo presente  -aínda cando o censo de habitantes era abondo xeneroso, máis de 6.000 en diferentes momentos-   nin o estará, na medida que a taxa de poboación tende a reducirse ata niveis inauditos de diminución con aproximadamente 1.250 habitantes en 2026.

 Foi a mediados do século pasado cando, de xeito maís ou menos estable, se empezou a notar unha certa tendencia do alumnado escolarizado nas escolas de primaria do concello ao nivel de Bacharelato. Unha vez  superados  “los cuatro cursos de Enseñanza Primaria e “Inscripción sin examen de ingreso en el primer curso de Bachillerato” –elemental, de catro cursos, case sempre por libre ou en colexios concertados autorizados privados-,  había que superar unha proba de madurez, A Reválida, para poder acceder ao Bacharelato superior de Ciencias ou de Letras, de dous cursos, cunha nova proba de madurez, Reválida, que, no caso de cualificación positiva, daba acceso ao Título de Bacharel Superior. No curso 1974-75, no caso de superar a Reválida obtíñase o titulo de Bacharel, ou tamén, no caso de prentender acceder á Universidade ou Escolas Técnicas e de Maxisterio debería ter superado un curso de acceso (PREU, COU) máis a proba de Selectividade. Organigrama, curriculos e criterios de promoción que se verían modificados posteriormente coa implantación da EXB, como etapa obrigatoria ata os 14 anos, -con titulación do Graduado Escolar ou Certificado de estudos primarios que abre unha dobre vía de promoción a FP de 1º Grao ou ao BUP- e ampliación desta ata os 16 anos coa LOGSE, co Ensino Secundario obrigatoria a catro anos (ESO) e unha etapa posobrigatoria de Bacharealto de dous anos, que unha vez superado se recibe o título de Bacharel. Neste momento, ano 2026, para acceder á Universidade é preciso superar a proba coñecida como PAU, cuxa cualificación na proba se obtén da media dos dous cursos de Bacharelato máis a da PAU. Tamén cabe a posibilidade de acceso desde a FP de 2º Grao ou a a nova organización desta por ciclos, superando algunha das modalidades de nivel Superior.

 En consecuencia, a promoción do ensino primario/básico das escolas do Irixo ao nivel medio, de Bacharelato, Formación Profesional, Seminario e outras ensinanzas pasaba, necesariamente polo translado á cidade de Ourense ou, no mellor dos casos ao Carballiño, cando estamos a situarnos xa a mediados do seculo pasado nun centro privado e no primeiro Instituto inaugurado na vila en 1976.

 Se o alumando que accedía aos estudos medios era moi reducido ata, practicamente a segunda metade do Séc. XX, a porcentaxe de promoción aos ensinos Superiores na Universidade (cunha duración media de cinco cursos, agás algunhas especialidades como Medicina), Escolas Técnicas, de Maxisterio, Sanitarias (tres cursos), Artísticas, era case accidental.

 Con respecto ás conclusión de M. C. Benso sobre a procedencia do alumnado ourensán no Bacharelato, contra a fin do século XIX e primeiras décadas do XX, efectivamente, podemos confirmar a súa argumentación en canto a que a maior parte do alumnado que desde o concello do Irixo accedería ao Bacharelato e Universidade -ademais do Seminario- ten que ver con esas familias identificadas como “vella fidalguía propietaria” -as que daquela foron propietarias do que hoxe coñecemos como Casas Grandes de Cusanca (don Román), Corneda (as herdeiras de dona Emilio Pardo Bazán e J. Quiroga)-, e a “nova fidalguía” que, coa adquisición de bens a resultas do proceso de desamortización adquirion bens da igrexa, así como pequenos artesáns e comerciantesda Ponte, Dadín, Santiso, Valduíde, As Campinas, O Concieiro…Destas familias temos varios exemplos que seguiron a carreira eclesíastica, e xudicial (Bernardo Castro Pérez), e mesmo se convertiu nunha tradición familiar (Camilo Duro, tío de Emilio Duro Peña); algún médico como Don Hermesindo Pérez García, en Dadín, que casara con Elvira López Suárez na Ponte da que tería continuidade algún médico (don Luís) e varios familiares que ocuparon cargos de alta responsabilidade na administración pública e nas finanzas (Alcaldía, Presidencia da Caixa de Aforros de Ourense, Delegación  de Facenda, Traballo,  Tabacalera, Director Xerente da empresa de transportes  “Auto Industrial SA”, “Marca”, etc.). 

 A “Gaceta de Galicia” do 18 de xuño de 1903 dá conta do seguinte: “Ha ultimado sus estudios, recibiendo el grado de licenciado en Medicina y Cirujía, con la honrísima calificación de sobresaliente el que ha sido aventajado alumno de esta Universidad D. Juan Crespo, de Irijo (Orense).

 Felicitamos cordialmente al nuevo galeno, deseándole todo género de prosperidades en su práctica profesional”.

 A carreira eclesiástica, ademais de vocacional, seguía sendo unha vía de promoción social e intelectual, tal e como foi o caso do ilustre Emilio Duro Peña (1919-1995) que, destacaría no campo da arquivística, chegando a adquirir a Cátedra de Cóengo Arquiveiro da Catedral de Ourense, alén doutros méritos senlleiros.

 Outros completarían a carreira eclesiástica para exercer como cregos  e algúns reorientaron a súa vocación a outras ensinanzas. En Santiago foi frecuente atoparse con persoas procedentes dalgún dos seminarios de Galicia que despois dalgúns cursos avanzados de Teoloxía, próximos ás portas de ordenarse sacerdotes, optaron por incorporarse a especialidades do ámbito das Humanidades, preferentemente,  como Filosófía, Pedagoxía, Filoloxía…

 Parte da actividade intelectual e educativa na cidade de Ourense, entre 1950-1970, estivo marcada pola presenza de don Emilio Duro Peña e don Emilio Nogueira Dacosta. Aquel como cóengo e arquiveiro ilustre, este como Inspector Xefe de Ensino Primario, responsable da programación provincial en canto á creación de“Grupos escolares” (na foto, o do Irixo) e desenvolvemento normativo (Nas fotos de “La Región”, don Emilio na inuguración do curso escolar e o comedor do Colexio nacional comarcal da Uceira no Carballiño, 1972

Coetáneo ao anterior, e moi vencellado ao ámbito do ensino, nace na Costa-Cusanca, don Emilio Nogueira Dacosta (1914-1988) quen, pola súa condición de Inspector Xefe de  Ensino Primario, vai intervir en moitas das decisións que teñen que ver coa planificación escolar no concello do Irixo, de maneira especial na creación de novas escolas, a Aplicación do Plan Galicia de Educación, os preparativos no desenvolvemento da Lei Xeral de Educación de 1970, clausura de todas as escolas e creación do Grupo Escolar Virxe da Pena da Sela na Ponte-O Campo-O Irixo.

 Este PLAN proxectaba as súas expectativas en acadar cara 1975 os seguintes obxectivos:

-Escolarización total do grupo de alumnado en idade escolar obrigatoria (6 a 13 anos).

“Relación de alumnos matriculados en la  escuela de Froufe”, asinada pola mestra o 31 de maio de 1969. Estado actual da escola no interior dunha mesta carballeira

-Creación de concentracións escolares a fin de que, por unha parte, se mellorase a calidade dese nivel mediante a gradación de niveis, e, por outra, reducir os custes de funcionamento das escolas unitarias existentes.

 O certo é que o proceso se levou á práctica no concello nesa liña xeral de actuación do MEC, outra cousa foron os resultados obtidos e os cambios de mentalidade que supoñían en canto a organización de desprazamentos, transporte, comedores, e o éxito ou fracaso do PLAN, cuestionado por persoas do ámbito pedagóxico.

 É na década de 1960-70  cando de verdade se produce un lento pero exponencial incremento do acceso da poboación escolar do ensino primario ao ensino medio, o Bacharelato, como vía intermedia obrigatoria de promoción ao ensino universitario.

 Os incertos vieiros, para incorporarse ao Bacaherelato elemental desde un concello rural como O Irixo, non eran doados. Ausencia de información, ensinantes de escolas unitarias implicados pero superados polas circunstancias, lonxanía co Instituto máis próximo na capital da provincia, matriculados por libre con probas en entornos descoñecidos, coas carencias máis elementais para asimilar os contidos de materias máis complexas ou ignoradas (Formación do Espírito Nacional !!!, Educación Física???..), familias fracturadas pola emigración, eran algúns dos múltiples atrancos aos que habíamos de enfrontármonos.

 Certo é que algunhas persoas resolverían todos eses atrancos con éxito notable, mesmo por libre, logo de teren superado os catro cursos de Bacharelato elemental máis unha Reválida, os dous de Bacharelato Superior máis a Reválida para o título de Bacharel Superior, que,  no caso do acceso á Universidade,  debían aínda superar o PREU ou COU e a proba de madurez da Selectividade.  

 Foi a partir da década dos setenta cando, despois de superar o Bacharelato, algúns por libre e outros en colexios privados e internados conseguiron dar o salto á Administración Pública, Forzas de Seguridade do Estado, vía oposicións, Escolas Universitarias, Universidade de Santiago, ata acadar un xeneroso número de persoas con licenciatura nas diferentes especialidades implantadas.  

 Como dato a suliñar neste contexto escolar do momento, créanse un elevado número de prazas escolares en colexiós con internado na cidade de Ourense, tanto relixiosos como laicos, que acolleron unha ampla representación de alumnado de case todos os concellos da provincia. Sería aquí, cando por primeira vez descubririamos os topónimos de moitos dos concellos da provincia e de moitas aldeas que, ata daquela, eran para a maioría ignorados, incluso os nomes de países estranxeiros a onde emigraran moitas das nosas familias para cubrir os gastos derivados desta nova aventura escolar (Mourazos, Sarreaus, Cortegada, A Illa, Trandeiras, Vilar de Barrio, Cartelle, Bande, A Merca, Berán, A Peroxa…por suliñar algúns nomes, gardados na memoria con certa nostalxia).

 Bibliografía

Arquivo Municipal do Concello Do Irixo . Arquivo Histórico da Universidade De Santiago

Caride Gómez, J. A. (director), coordenadores: Antón Costa Rico, Agustín Requejo Osorio: A Educación en  Galica. Informe Cero. Univ. De Santiago De Compostela. 1988.

Costa Rico, A.: Historia da  Educación e da Cultura En Galicia  (seculos IV.XX). Edic. Xerais, Vigo, 2004.

Requejo Osorio A. E Cid Fdez, X. Manuel (coordenadores): Educación e Sociedade en Ourense. Edic. Do Castro, Sada, 1989.

Suárez Pazos, M. e Outros: Memoria Da Escola. Cultura Material e Testemuños Da Nosa Historia Educativa Contemporánea). Edc. Xerais, Vigo, 2006.

Universidade De Vigo: (estudar En Ourense) 50 Anos De Estudos Universitarios En Ourense (20 De Novembro De 2024).

                                                                            (Continuará)

O Irixo, xuño de 2026

Xulio Dobarro Ferradás


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xulio Dobarro:

Xulio Dobarro. O Irixo: Dous séculos de ensinanza e promoción escolar ( 2ª parte). Inspección escolar de 1877

Xulio Dobarro: De ensinanza e promoción escolar (O Irixo: Dous séculos. 1ª parte)

Xulio Dobarro. O Irixo: “Desamortización eclesiástica en Orense” ( don Ramón O. P.) sobre bens e rendas aforadas na contorna local

Xulio Dobarro. O Irixo: última  -non derradeira- versión dos topónimos locais (2026)

Xulio Dobarro. O Irixo: Introdución ao Catastro de Ensenada segundo don Ramón O. P. A xurisdición de Orcellón e a Encomenda de Pazos de Arenteiro 

Xulio Dobarro. Crónica de Orcellón e a Castela ourensá

Xulio Dobarro. Ano Ramón Otero Pedrayo, 2026. ”Os camiños da vida”.  De Ourense a Compostela

Xulio Dobarro. O IRIXO: Augas e seca na memoria .Tapacuñas, presas e muíños en retesía

Abraiante outono entre o Irixo-o Carballiño

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: festas da Asunción e san Roque

Xulio Dobarro: “Con E. Blanco Amor  e  A.D. R. Castelao na cerna da Insua dos Poetas (2009-2025)”

Xulio Dobarro: Do Irixo (Saavedra) a Mallorca  pasando polo Val Miñor-as Mariñas, sobre a técnica  da pedra en  seco ou a “óso”

Xulio Dobarro: “Semana grande na parroquia de Dadín (O Irixo) con peregrinaxe “móbil” e procesión á Pena da Sela

Xulio Dobarro: “Cusanca (O Irixo) e os “Cusanza”, do Viñao ao Ribeirodavia”

Xulio Dobarro: “El monasterio de san Pedro de Lobanes  por  Emilio Duro Peña “

Xulio Dobarro “Quincuaxésimo aniversario da pergrinaxe da virxe de Fátima  desde a Ponte  á Pena da Sela  (1967). Novena  a partir do día 3 de maio -2025.”

Xulio Dobarro “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro”

O Irixo:  “O galiñeiro parrandeiro”  da asociación os Parrandas do Irixo,  acada o 1º premio no desfile de comparsas do entrodo do Carballiño-2025

 O Irixo-Dadín : J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (III)

 O Irixo: J. César,  unha década  “de nuestro corresponsal”  de “la Región”  (ii)

O Irixo: J. César, polo menos unha década (1963-1973) “de nuestro corresponsal”  en “La Región”

Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------