Maside estrea a súa bandeira oficial e con recoñecemento no seu día grande de San Vitorio

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá, ás 13:00 horas, e despois da celebración da procesión e misa solemne en Maside, na honra do seu patrón San Vitorio, os responsables municipais izaron a súa bandeira, oficial e con recoñecemento. Maside é agora un dos poucos concellos que teñen este distintivo propio.

O concello iniciaba o proceso para conseguila en 2008 ante a Comisión Heráldica da Xunta de Galicia e a instacias do investigador e experto en xenealoxía e heráldica Xosé Ricardo Rodríguez. O pleno aprobou esta decisión por unanimidade.

OZOCOgz Deseño Galego

O Consello da Xunta aprobaba a proposta en marzo de 2009 para dotar a este municipio de bandeira propia e escudo oficial. Este último elemento, o escudo, utilizouse dende entón coma emblema municipal para distinción e para os codumentos. No caso da bandeira, deixouse pasar a súa creación no tempo e foi o actual alcalde, José Manuel Iglesias, quen retomou este proxecto. No día de hoxe puido colocarse no balcón das dependencias municipais.

A bandeira ten un fondo verde e un castelo en amarillo flanqueado por dous leóns enfrontados, as olas representan o río Barbantiño e a ponte de orixe romano que o preside. A torre do campanario representa a edificación da casa do Concello, que ten esa mesma estructura e os leóns representan o valor dos veciños na batalla da Ponte de San Fiz durante a Guerra da Independencia.