Este sábado, día 8 as 12:00 h no Auditorio Manuel María o Instituto de Estudios Carballiñeses presentará o nº 40 da revista Ágora do Orcellón, así como 2 libros.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O próximo día 8 de xullo, sábado, o Instituto de Estudios Carballiñeses celebra a asemblea xeral de socios correspondente ao primeiro semestre deste ano. Deseguido, realizarase a presentación do número 40 da revista Ágora do Orcellón, así como dos libros A Vera Cruz de Antonio Palacios, escrito por Rafael Otero, e A novela curta galega no tempo da Restauración (1880-1931), autoría de Manuel Rosales Cereijo.

            Este acto estará amenizado pola cantautora María do Ceo. Presentará o acto a actriz Uxía Blanco, socia do Instituto.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

            Ambos actos vanse celebrar no auditorio municipal do Carballiño Manuel María. Ás 11.15h. comezará a asemblea xeral, exclusivamente para socios, e ás 12 terá lugar a presentación das publicacións, aberta para socios e público interesado en xeral.

            Na orde do día da asemblea xeral informarase das actividades realizadas polo Instituto de Estudios Carballiñes no primeiro semestre do ano e dos proxectos para o segundo semestre. A asemblea convalidará as propostas de admisión de novos socios e socias e informarase dos datos económicos do Instituto.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------