A capital da comarca do Ribeiro voltou a converterse o pasado sábado na sede do rei Don García na edición número 35 da ‘Festa da Istoria’, revivindo o seu explendor durante a Idade Media, cun amplo programa de actividades que comezou o venres, coa lectura do Bando e os concertos de música medieval e de Budiño, e que rematou cunha sesión pirotécnica. Na xornada central do día 31 de agosto, o casco histórico de Ribadavia acolleu a apertura do banco Alhóndiga para o cambio de euros á moneda oficial, o maravedí, e do mercado da Alameda, antes do gran desfile polas rúas máis céntricas ata chegar ao Castelo dos Sarmiento, o xantar medieval na Madalena ou a Voda Xudea na igrexa da Oliveira, entre outros eventos desta festividade.
Foron miles de persoas as que se achegaron ata Ribadavia para participar activamente nesta recreación do pasado medieval da vila, a maioría lucindo as súas vestimentas de época, tal e como recomenda a organización e que son obrigatorias para acceder a determinadas actividades.
Miguel García, presidente da Fundación Festa da Istoria, entidade responsable da organización, falounos das claves da organización, cun amplo protagonismo para os voluntarios, e destacou, coma novidade, a ampliación do mercado medieval ata o domingo:
Un dos presentes no evento foi o responsable de Turismo da Xunta, José Merelles, que valorou a importancia da Istoria como referente no Estado:
O alcalde de Ribadavia, Cesár Fernández, realizou un convite para todas aquelas persoas que non coñezan a Festa da Istoria acudan en anos vindeiros: