Presentación no Carballiño do libro de Paco Rodríguez: “Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza”

Este mércores 23 de marzo o Salón de Actos do Casino do Carballiño acolleru a presentación do último libro de Francisco Rodríguez.

O acto organizado pola A.C. Avantar que contou ca colaboración da librería OZOCOgz onde se poden adquirir os libros

AVANTAR ACTIVIDADES

Andrés Fernández Rodríguez, voceiro da Agrupación Cultural Avantar fixo a presentación de Paco Rodríguez facendo un percorrido pola súa biografía.


Trátase do volume I dunha obra que, ao longo de 544 páxinas e nunha coidadísima
edición, percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza, e a
crise da segunda metade do século XIV. O seu título: Unha etapa estelar e conflitiva do
reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval
galego, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da
Fundación Galiza Sempre.

Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e
ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade
de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora
conta con experiencia dabondo

Este Tomo I que agora ve a luz céntrase en evidenciar a relevancia incuestionábel do
reino de Galiza analizando, debatendo e tirando conclusións tanto desde a historiografía
oficial e académica como desde as fontes documentais existentes. E, naturalmente,
tomando en consideración a importante, e desconsiderada, historiografía que se ten
esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a
existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica
na Península, favorecendo así a construción dunha visión histórica ao servizo do
castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois.

A análise dese momento estelar e conflitivo que se anuncia no título, cuxo desenlace tivo
transcendencia para o noso futuro, é obxecto de estudo no Tomo II, xa en preparación e
que verá a luz nos comezos do mes de xullo.