O Festival céltico revive o patrimonio de San Cibrán de Las

O Concello de San Amaro acolleu a segunda edición do seu Festival Céltico. Trátase da segunda edición dun festival que reivindica e lembra as raíces dos antepasados de San Cibrao de Las, un enclave de referencia a nivel histórico e cultural, xa que é o castro con maior superficie escavada de toda a provincia de Ourense.

O evento apoia a conservación do patrimonio cultural conmemorando o pasado castrexo que tanto caracteriza á nosa comunidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A programación incluiu, ademais do xantar, actuacións musicais a cargo do grupo Gaeloc e a cancelación pola choiva do grupo Zurrumalla. Xogos e un espectáculo de danza cerimonial, coa actuación de Dar Trela Teatro e Percusión Ancestral, e a recreación histórica das asociacións Tir Na Og e Terra Cópora.