ROI CASAL TRAE ESTE DOMINGO AO AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO COA ENTRADA LIBRE O CONCERTO AS MÚSICAS DO CAMIÑO
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nacido en 1980. Domina con gran virtuosismo a arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios da súa Galicia natal. Foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009.
O músico Roi Casal estará este domingo, 12 de xaneiro, ás 19,30 h., no auditorio municipal Manuel María para ofrecer o concerto AS MÚSICAS DO CAMIÑO, unha iniciativa da concellería de Cultura do concello do Carballiño dentro da Rede de Auditorios e Teatros de Galicia, do AGADIC-Xunta de Galicia.
Este concerto será totalmente gratuito, e as invitacións para asistir poden recollerse na área municipal de Cultura.
BIOGRAFIA
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nacido en 1980. Domina con gran virtuosismo a arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios da súa Galicia natal. Foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009.
A súa carreira artística en solitario comeza en 2009, coa publicación do álbum Lendas Douradas, ao que seguiron Maxicamente Vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Os tres traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertíronse en número un en ventas en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos.
A súa música serviu ademáis de banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos paises.
As súas xiras chegaron ata Xapón, Arxentina, EEUU, Suíza, Uruguay, Portugal ou Alemania entre outras nacións.
En 2016 estrea no Gran Teatro de La Habana Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional, por encargo do Instituto Cubano de la Música, para poñer en valor os extensos lazos de unión entre ambos pobos.
Baixo a dirección e composición de Roi Casal participaron neste proxecto figuras da talla de Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Lartitza Bacallao ou Miguel Núñez que poñen o broche de ouro a un elenco de 16 músicos de ambas nacionalidades que seguen xirando nos principais escenarios internacionais dende entón.
Roi Casal é considerado unha das principais referencias da nosa música. O seu estilo moderno e actual, combinado cos aportes da terra da que é orixinario, sitúano como un dos grandes expoñentes da diversidade cultural de España a nivel internacional.
A arpa céltica, a zanfona ou o laúd que Roi Casal emprega, son os elementos centrais do Pórtico da Gloria, que entronca coa aportación cultural que supuxo para Galicia o Camiño de Santiago dende a Idade Media.
O Camiño de Santiago
A música tradicional galega está enraizada na música centroeuropea a través desa vía de ida e volta, que é o Camiño de Santiago, e o repertorio de Roi Casal é unha síntese de todo eso. Nos temas interpretados por Roi Casal podemos atopar fragmentos de música tradicional galega, fragmentos do Códice Calixtino ou do Pergamiño Vindel que chegaron a Galicia dende Centroeuropa a través dos camiñantes que facían o seu camiño a Santiago.
Non menos importante é a contribución que fan os emigrados galegos no país que os acolle, xa que eles convírtense en embaixadores de excepción de Galicia como se mostra a través das letras que D. Xosé Neira Vilas escribiu para Son galego, Son cubano de Roi Casal. Este espectáculo está xirando por escenarios de todo o mundo dende o seu estreno na Habana no 2016 e mostra os seus irectos os elementos fundamentais do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.
Cultura da innovación
Roi Casal parte da música tradicional chegada a Galicia polo Camiño de Santiago para enriquecela con novos aportes intentando manter sobre o escenario a esencia da cultura galega. Nos seus concertos pódense ver e escoitar instrumentos medievais como a arpa, a zanfona ou a gaita combinados sen complexos cunha banda que emprega guitarras eléctricas , sintetizadores, batería, baixo ou violín.
EN DIRECTO
Roi Casal – Voz principal, arpa, zanfona, bouzouki
Carlos Calviño – Guitarras, coros
Xoán Leis – Saxo, flauta traveseira, coros
Patricia Iglesias – Coros, percusións menores
Alfredo Susavila – Teclados
Juan Eugenio Pérez Villavicencio – Baixo eléctrico, contrabaixo Amaury Quintero – Batería, percu