Nova sesión do ciclo de debuxo con modelo, mañá en Ribadavia

Esta actividade está dirixida a artistas plásticos e estará en marcha durante o mes de setembro e outubro. A primeira sesión foi un éxito de participación. Mañá haberá outra sesión, neste caso de Espido Artístico, ás 20.00 horas na Igrexa da Madalena. As seguintes serán o día 3 de outubro e 7 de outubro. As sesións está dirixidas pola profesional desta modalidade Carolina Atuesta. A actividade é de balde ata completar o aforo.

Publicidade