DECRETO DA ALCALDIA de RIBADAVIA

DECRETO DA ALCALDIA DE DATA 16 DE MARZO DE 2020.-

Ante a extensión da pandemia do virus COVID – 19, e como continuación dos Bandos ditados por esta Alcaldia con data 12 e 13 de marzo pasado, resulta necesario a adopción, no marco organizativo do Concello de Ribadavia, de medidas preventivas eficaces que eviten, na medida do posible, a propagación do coronavirus na nosa comunidade.
O Goberno de España declarou o día 14 de marzo de 2020 (Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19), o Estado de Alarma en todo o país durante quince días, que podería prorrogarse se fose preciso e contase coa autorización do Congreso de Deputados.

AVANTAR ACTIVIDADES

A medida adoptouse para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na Comunidade autônoma Galega por Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

O Estado de Alarma comporta unha severa limitación dos desprazamentos e o peche dos establecementos comerciais. Así mesmo as Administracións Públicas están obrigadas a facilitar medidas que favorezan o traballo dende as súas casas aos empregados públicos na medida do posible, e sempre que sexa viable a prestación dos servizos públicos por medios non presenciais.
Á vista das propostas formuladas pola Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19, oídos os portavoces do grupos municipais e os responsables técnicos dos distintos servizos municipais, e no exercicio das atribucións legais que me confire o artigo 34.1, apartados a), d) e h), da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, dispoño:

1º) Aprobar o protocolo xeral de actuación do Concello de Ribadavia e dos seus organismos e entidades adscritos ou dependentes en relación co coronavirus COVID – 19, nos seguintes termos:

  1. Obxecto: este protocolo establece as medidas que se adoptarán con carácter xeral para a prevención da propagación do coronavirus COVID 19 nos centros de traballo do Concello de Ribadavia. As persoas responsables dos distintos centros de traballo, servizos ou unidades administrativas adoptarán as medidas previstas neste protocolo de forma inmediata e coordinada.
    A coordinación corresponderá ao Alcalde, co que se resolverá de forma directa calquera dúbida ou aclaración precisa para a súa aplicación.

2º)Peche ao público dos centros de traballo.

  1. Peche ao público dos centros de traballo.
  2. A totalidade dos centros de traballo dependentes do Concello de Ribadavia permanecerán pechados ao público con carácter xeral a partir do día 16 de marzo de 2020 e ata o 29 de marzo de 2020. En consecuencia, non se permitirá o acceso das persoas que non teñan a condición de cargos electos ou empregados públicos municipais, agás nos casos excepcionais nos que se conceda cita previa para a atención dos cidadáns.
  3. En consecuencia, os servizos administrativos, sociais, culturais, deportivos, turísticos e calesquera outros, que se prestan de forma presencial ás persoas, incluíndo o uso de instalacións deportivas e centros culturais, quedan suspendidos na súa prestación ata o 29 de marzo de 2020.
    No caso dos servizos obxecto de suspensión gravados con taxas ou prezos públicos, o Concello de Ribadavia procederá de oficio á devolución aos interesados dos importes correspondentes aos servizos xa pagados que non teñan sido obxecto de prestación como consecuencia da súa suspensión.
  4. Queda suspendida a realización de probas selectivas de persoal, en concreto as probas de acceso a Policia Local do Concello.
  5. Queda suspendida a feira quincenal que ia a celebrar o vindeiro día 25 de marzo. A celebración das vindeiras feiras quincenais (10 e 25 de cada mes) quedarán supeditadas ó mantemento do estado de alarma e emerxencia sanitaria.
  6. Os servizos de carácter administrativo continuarán a prestarse aos cidadáns, en horario de 9 a 14 horas, se ben de forma non presencial, utilizando os medios telefónicos e telemáticos dispoñibles. Para tal efecto, os interesados poderán tramitar as súas solicitudes e realizar as actuacións que resulten necesarias nos seus expedientes a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia http://ribadavia.sedelectronica.gal (consta un enlace na páxina web do Concello www.ribadavia.es).
    No caso de que os cidadáns carezan de medios para realización on-line dos trámites, atenderáselles mediante correo electrónico ou telefonicamente, nos seguintes termos:
    a) Con carácter preferente, os cidadáns poderán remitir un correo electrónico indicando o trámite que desexen realizar. Os servizos municipais poranse en contacto cos interesados o antes posibles, e facilitará as instrucións a seguir para a realización dos trámites. Na medida en que sexa legalmente posible, se facilitará a presentación de documentación mediante correo electrónico, realizándose a presentación no Rexistro Electrónico polos propios empregados públicos.
    b) En caso de non dispoñer de correo electrónico, os cidadáns poderán formular as súas consultas de forma telefónica. Para a remisión do correo electrónico ou a consulta telefónica empregaranse as direccións de correo e teléfonos que se transcriben a continuación: concello@ribadavia.es, 988477100 (Concello), 9888472403 (Servicios Sociais), 988471549 (Pavillón), 988471275 (Oficina de Turismo), 988471900 (Casa de Cultura), Policia Local (650450070), Emerxencias (650450078).
    Excepcionalmente, naqueles casos en que non sexa posible a tramitación on-line do asunto de que se trate e este teña carácter urxente, poderá atenderse de forma presencial aos interesados, con cita previa que se comunicará de forma telefónica ou mediante correo electrónico, e coa adopción das medidas precautorias oportunas.
    Os Servizos Sociais Municipais, dado o seu carácter asistencial quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo aos protocolos establecidos polo responsable de Área, facilitando sempre que se poida o teletraballo aos empregados públicos que prestan servizo neste Departamento.

O persoal do servicio de limpeza, de acordo coa normativa vixente, continuarán coa prestación do servicio de xeito ordinario, os cáles poderán ser reforzados cando a situación o requira.
Os restantes departamentos municiais (Departamento de Obras e Vías públicas –Departamento de Electricidade – Cemiterios), o concelleiro responsable, a modo de servicios mínimos, organizará os servicios, de xeito que se organizaran quendas co obxectivo de seguir prestando os referidos servicios.
c) Dada a situación de crise sanitaria e tendo en conta o disposto polo Goberno de España, a Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil continuarán coa prestación dos respectivos servizos de xeito ordinario, que poderán ser reforzados cando a situación o requira.
d) Todos os empregados municipais que non preste servizos dun modo presencial permanecerán localizables e deberan estar dispoñible coa finalidade de prestar servizo ou reemplazar aos compañeiros cando fosen requiridos, cando así o requiran as necesidades dos servicios.

3º) Medidas en relación cos empregados públicos municipais.

  1. Os empregados públicos municipais que realicen o seu traballo nos servizos obxecto de suspensión continuarán acudindo aos seus centros de traballo para a realización de tarefas de conservación e mantemento dos centros, así como tarefas burocráticas ou de estudo e preparación dos servizos.
    Non obstante o anterior, no caso de postos de traballo susceptibles de desenvolverse mediante teletraballo, os empregados dos servizos afectados pasarán a prestar os seus servizos nesta modalidade, conforme ao sinalado no apartado seguinte.
  2. O Concello de Ribadavia buscara as fórmulas para implantar o teletraballo como forma de prestación dos servizos de todos os seus empregados públicos, sempre que sexa posible.
    Esta implantación realizarase de forma progresiva. A implantación efectiva do teletraballo esixirá que o empregado afectado dispoña no seu domicilio de conexión a Internet e dos medios necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas.
    O empregado público realizará o teletraballo no horario ordinario, sen prexuízo das adaptacións que poidan establecerse en casos concretos por motivos de conciliación da vida laboral e familiar.
    Nos casos en que non sexa posible a implantación do teletraballo, os empregados municipais continuarán asistindo aos seus centros de traballo para a prestación dos seus servizos.
  3. Sen prexuízo do anterior, no suposto en que non sexa viable a implantación do teletraballo, os empregados públicos municipais que o soliciten poderán obter un permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, polo tempo indispensable, nos termos previstos no artigo 117 do Lei do emprego público de Galicia. En particular, esta medida aplicarase aos empregados municipais que teñan ao seu cargo menores ou maiores dependentes que se vexan afectados polos peches de centros educativos e de maiores.
    Non obstante, non poderán concederse estes permisos de forma simultánea no caso no que os proxenitores ou responsables do maior dependente teñan a condición de empregados públicos.
  4. Evitaranse na medida do posible as reunións de traballo, utilizándose preferentemente vias telemáticas.
  5. A realización de viaxes de traballo esixirá autorización previa do Alcalde.
  6. Os empregados públicos que sospeiten que poidan estar infectados polo coronavirus COVI – 19 non deberán acudir aos centros de traballo, comunicándoo de forma telefónica ou mediante correo electrónico, e deberán contactar coas autoridades sanitarias para os efectos de realizar as probas diagnósticas que procedan.
  7. En todo caso, os empregados públicos que pertenzan a grupos de alto risco, padezan patoloxías crónicas ou teñan familiares con enfermidades graves deberán comunicalo ao Concelleiro de Persoal, co fin de estudar a adopción das medidas oportunas, que poderán incluír a exención temporal da obriga de acudir ao posto de traballo.

4º ) Medidas en relación cos órganos colexiados e cargos electos:

Queda suspendida no mes de marzo a realización de sesións dos órganos colexiados do Concello (Comisións Informativas e Pleno), coa excepción da Xunta de Goberno, que en todo caso reunirase nos supostos que resulten imprescindibles.
Os concelleiros, procurarán realizar as súas xestión e actividades de forma telemática ou telefónica, podendo solicitar a asistencia que precisen na área de informática do Concello.

5º).- Suspension de prazos. Prescripcion e caducidade.-

Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.
Suspensión de prazos de prescrición e caducidade. Os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren

6º) Outras medidas: Dotarase de puntos de hixienización o acceso a todos os centros de traballo. Dotarase de dispensadores automáticos de xabón e desinfectantes en todos os aseos, e de líquido antiséptico en todas as dependencias.
Colocaranse paneis informativos nos aseos, vestiarios e puntos de acceso, indicando a técnica correcta de lavado de mans.
Daranse ordes os servicios de limpeza para extremar as tarefas de desinfección, aplicando un desinfectante nos pomos das portas e sistemas de apertura de fiestras, nos marcos das portas e nas billas e instalacións sanitarias, no marco da xornada laboral.
O persoal empregará os equipos de protección individual necesarios, debendo seguir en todo caso as recomendacións das autoridades sanitarias.

7º) Activacion do Plan de Emerxencias Municipais (P.E.M.U.). Ante o estado de alarma e de emerxencia sanitaria, acordase activar o Plan de Emerxencias Municipais asi como dar conta de dita activación as autoridades competentes.

8º) Ordenar a publicación deste protocolo na páxina web e taboleiro de anuncios do Concello, así como tamén notificarase os representantes legais do traballadores e os voceiros dos diversos grupos municipais.