Sofía da Silva, 3º posto en Máster na proba de ciclismo da Costa Atlántica 2022

O Club Ciclista Os Mosqueteiros segue sumando bos resultados. Neste caso, de novo Sofía da Silva conseguía rematar a proba da Costa Atlántica 2022 esta fin de semana cun 3° posto en categoría Master e un 4º posto na categoría xeral. Uns resultados que saben aínda moito mellor ó ser a súa primeira proba por etapas.

A outra cara da moeda para o clube foi a mala nova do abandono de Yago Souto, a causa dunha inesperada febre que lle impediu terminar a carreira.

AVANTAR ACTIVIDADES