Aprazadas ata 2021 as “Xornadas de Folclore”

APRAZADAS ATA 2021 AS “XORNADAS DE FOLCLORE”, PREVISTAS PARA O VINDEIRO MES DE AGOSTO

Dada a situación provocada pola crise do COVID-19 e o risco que suporía o desenvolvemento desta actividade -na que participan 190 persoas de grupos folclóricos de catro continentes e máis de 40 da organización- toma a decisión de aprazar as Xornadas, que ían celebrarse do 10 ao 19 de agosto de 2020 en 16 localidades da provincia: entre as que se atopa o Carballiño e Ribadavia, como vén sendo habitual nestes anos, un espectáculo que congrega en total a máis de 20.000 persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A decisión, comunicada hoxe polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao remate da reunión do Comité de seguimento do COVID-19 na provincia de Ourense, tómase despois de dialogar co equipo do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lourenzo”, co director artístico das xornadas, Xulio Fernández, así como con Francisco Javier García Gómez, director do Centro Residencial Docente de Ourense -no que estaba previsto o aloxamento de 210 persoas, entre participantes e colaboradores da organización-,