Educación licita por case 2 millóns de euros obras de acondicionamento en varios centros entre os que se atopa o IES Nº1 do Carballiño

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación de obras de acondicionamento xeral en 8 centros educativos. Entre eles está o IES Nº 1 (O Carballiño).

Publicidade

A finalidade das obras proxectadas é acadar un maior  aforro enerxético, ademais de executar outras actuacións accesorias. O obxectivo é iniciar as obras no centro durante o verán e compatibilizalas co inicio do curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os prazos de execución van entre o mes e medio e os 2 meses e medio.

As obras do IES Nº 1 (250.000 €, prazo de execución de 1 mes e medio) consistirá na substitución da carpintería exterior e das luminarias por tecnoloxía LED, así como na colocación de falsos teitos en varias aulas e na renovación dun núcleo de aseos.