O Centro de Saúde xa non vai para a Estación de Autobuses. Nesta vaise construir unha piscina olímpica con helipuerto na azotea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño aprobou xa en comisión informativa previa a celebración do último pleno do ano, cos votos a favor de todos os partidos políticos (PSOE, PP, ESPAZO COMUN e BNG) a construcción dunha piscina climatizada olímpica no lugar da actual Estación de Autobuses, espazo ideal por estar cerca do río Arenteiro. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Estación de Autobuses está actualmente en obras, cun arranxo nas dársenas que será o paso previo para reforzar a estrutura para a construcción dun helipuerto. O servizo de transportes pasará a ubicarse en Maside, próximo ó poblado da Fontela, nunha finca que actualmente está desocupada. Para este último trámite, ambos concellos xa tramitan un convenio de colaboración.

O presuposto aproximado deste proxecto, para o que se contará ca colaboración de entidades provinciais e autonómicas, ascenderá ós sete millóns de euros.