Doazóns a Aspadisi ( Asociación de nais e pais de discapacitados psíquicos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro )

A campaña de doazóns a Aspadisi marcha moi ben pero é importante recordar que se alguien fai unha doazón antes de fin de ano xa se pode beneficiar dunha bonificación fiscal do 80% na declaración da renda do mes de maio de 2022.

A deducción por importes ata 150 € teñen esa bonificación ( 80 % ) A partir de 150 € a bonificación é do 35%

AVANTAR ACTIVIDADES

INFORMACIÓN:  A asociación Aspadisi ( nais e pais de discapacitados psíquicos das comarcas do Carballiño e o Ribeiro ) ten un centro ocupacional onde os usuarios fan actividades de luns a venres de 10 da maña a 6 da tarde.

A media de idade dos usuarios é de 42 anos polo que as familias están preocupadas polo que será deles o día de maña.

Para resolver este problema estase engadindo unha planta máis ao centro ocupacional e facer unha residencia con 32 plazas para que no futuro os usuarios ( e nalgúns casos os pais e nais ) poidan residir na mesma .

O orzamento é de 1200000 € polo que necesitan todas as axudas posibles.

ASPADISI é unha Entidade declarada de Utilidade Pública, según a Orde do 21 de marzo de 2.018 publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 66, do 5 de abril de 2.018,  e inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro co número 1995-1526-1

Por esta razón e tendo en conta o artigo 68.3 da Ley 35/2006, de 28 de novembro, do IRPF, e nos artigos 17 a 23  da Ley 49/2002, (lei de réxime fiscal das entidades sin fins lucrativos) de 23 de decembro  calquera doazón que se faga a Aspadisi ata 150 € terá unha bonificación fiscal do 80% na declaración da renda.

É dicir que si doas 150 € este ano, na seguinte declaración recuperas 120 € polo que en realidade do teu bolsillo saen só 30 €.  Se a doazón é de 100 € recuperarías 80   e así sucesivamente de forma proporcional.

As doazóns superiores a esa cuantía ( 150 € ) teñen un beneficio fiscal do 35 %

Exemplo:  Se aportamos 500 €   teríamos polos primeiros 150 € unha bonificación do 80%,  (120 €).   Polos 350 € restantes a bonificación sería do 35%, (122,5 € ).   Total de bonificación   242,5 €

Se é unha empresa a doante ten unha dedución no imposto de sociedades do 35% da base, que pode ser do 40% se nos dous anos anteriores realizou aportacións a mesma por importe igual ou superior a cada exercicio anterior.

Se decides colaborar facendo alguna doazón podes facelo a través das seguintes entidades bancarias de forma que queden claras dúas cousas: A identidade de quen fai a doazón e especificando no concepto: “ Doazón para a asociación Aspadisi “

Abanca             ES42 2080 5287 3630 4345 5946

Sabadell           ES11 0081 2222 1500 0114 5324

Caixabank        ES30 2100 5779 2102 0024 2620

Caja Rural        ES04 3070 0039 0663 0656 7527

BBVA                ES77 0182 0635 5900 1150 0366

SANTANDER   ES84 0049 6682 0821 1008 1637

Tamén o podes facer na propia asociación ou entregandollo a calquera membro de Aspadisi.  Nese caso dariachese un certificado da doazón ( se o consideras necesario )

Ademais de ser un soño a creación desta residencia, é unha necesidade, xa que os usuarios teñen unha idade avanzada que ronda os 40 anos, e por conseguinte, a idade dos seus proxenitores é tamén avanzada.