O concello de Piñor será o primeiro da Vía da Prata cun albergue para peregrinos a cabalo

O concello de Piñor ten en marcha dúas das obras importantes para este ano. Por unha banda, o novo albergue de peregrinos, que será o primeiro da Vía da Prata en contar con cuadras e caballerizas para cabalos e contará con 40 camas. Para a execución deste proxecto, o Concello adquiriu unha vivenda en ruínas e un antigo almacén. A recepción, os aseos e o salón estarán situados na antiga vivenda, que se comunicará a través dun pasadizo acristalado con outras novas construcións onde estarán os dormitorios.
Por outra banda, ó carón desta edificación, está tamén en marcha a construción dun edificio multiusos para todo tipo de actividades.
Este paliará a necesidade de espazo deste Concello para o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas. Contará con varias dependencias, entre elas un auditorio.
Ambos os dous proxectos suman un investimento de preto de 1,6 millóns de euros, ambos situados na localidade de Arenteiro.