O BNG apoia as mobilizacións do vindeiro 1 de maio, Día Internacional da Clase Obreira, convocadas pola CIG

Xornada na que se denunciará unha vez máis a situación de pobreza, desemprego e emigración que está a sufrir o noso país, así como reivindicar a posta en marcha de políticas alternativas no eido social, económico e laboral

Ante a proximidade do 1º de Maio, Día Internacional da clase Obreira, a celebrar o sábado, desde a Executiva Nacional do BNG acordouse apoiar, unha vez máis, as manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

Publicidade

Unha boa oportunidade segundo os nacionalistas, para denunciar a situación de pobreza, desemprego, explotación e emigración que se está a padecer na Galiza, e para reivindicar políticas alternativas nos ámbitos económico, social e laboral.

En Ourense cidade, a mobilización sairá ás 11:30 horas desde a Avda de Pontevedra (Alameda).