A carballiñesa e presidenta da CEO Marisol Novoa recibiu un dos premios ” Insua dos Poetas 2021″

Este sábado pasado tivo lugar a XII edición da Festa da Palabra na Insua dos Poetas

Publicidade

A lembranza do autor granadino e os seus Seis poemas galegos resoaron mesturados coa natureza nunha celebración na que se entregaron os premios “Insua dos Poetas” 2021 que recaeron en: Yolanda Castaño (literatura), Vidal Souto -a título póstumo- (artes plásticas), Orfeón do Carballiño (música), Maribel Outeiriño (periodismo), Marisol Nóvoa (emprendemento), Fundación Amaranta-Ourense (iniciativa social) e Diego Martínez Duro (cultura na emigración). Todos eles recibiron unha peza escultórica orixinal do artista ourensán Acisclo Manzano. 

A carballiñesa e presidenta da CEO Marisol Novoa recibiu o premio no apartado de emprendemento

INTERVENCIÓN DE MARISOL NOVOA