Arquitectura sostible e enerxía xeotérmica centran o XVI Simposio de Enerxías Renovables que se celebra hoxe en Expourense

Expourense acolleu hoxe o XVI Simposio de Enerxías Renovables que puxo en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sostibles, eficientes e con tendencia ao “consumo case cero” coa participación de 12 expertos nacionais e internacionais tanto en arquitectura sostible como en investigación xeotérmica. . Esta xornada tamén serviu para que a Xunta de Galicia explicase as diferentes liñas de axuda que existen para fomentar a eficiencia enerxética nos edificios, sexan industriais, de servizos ou privados. A xornada contou coa presenza tanto do director de Ordenación Enerxética como de Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila, quen presentou as subvencións dispoñibles para a vivenda sostible promovidas tanto polo Instituto Enerxético de Galicia como polo Instituto Galego da Vivenda e Única. Tamén participou o Responsable da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA, José Ángel Abad, que incidiu nos Incentivos e liñas de aforro e eficiencia enerxética para as empresas.

Esta xornada estivo dirixida a profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores e contou coa participación de 60 asistentes procedentes de distintos puntos de Galicia e Portugal. Entre a decena de relatores participantes destacaron arquitectos e enxeñeiros de empresas líderes mundiais en arquitectura sostible en países como España, Portugal, Italia ou Holanda.

AVANTAR ACTIVIDADES

A edición deste ano contou con dúas áreas temáticas diferenciadas: a arquitectura sostible e a investigación e aplicacións xeotérmicas. O primeiro deles estivo centrado no

presentación de casos prácticos de éxito de arquitectura eficiente e sostible como a rehabilitación e acondicionamento do “Pabellón de los Hexágonos” situado na Casa de Campo de Madrid realizada pola empresa JG Ingenieros ou o Hospital Pediátrico de Cluj- Napoca en Romanía, un proxecto da empresa andaluza Planho Consultores (referencia mundial na construción de hospitais sostibles).

Este bloque contou tamén coa participación de arquitectos do estudio portugués OODA, galardoado co prestixioso premio de arquitectura “European 40 under 40 Award”. Rodrigo Vilas-Boas e Juliao Pinto Leit falaron da nova arquitectura sostible e do seu impacto e presentaron algúns dos seus proxectos como a renovación e ampliación de Matadouro (a nova infraestrutura social e cultural de Porto e que lideran conxuntamente co arquitecto xaponés Kengo Kuma ). ; o edificio da sede da Liga Portuguesa de Fútbol – ‘Liga Portugal HQ’, en Oporto, ou a nova sede da emblemática Klan TV en Tirana (Albania).

O bloque dedicado á enerxía xeotérmica incluíu tres relatorios nos que falaron, con exemplos prácticos, da investigación e as súas aplicacións en Italia e Holanda. Participaron os fundadores de dúas empresas do sector que son referentes nos seus países: Inewa en Italia (empresa especializada en sistemas xeotérmicos e bombas de calor multifonte deseñadas con rigorosos métodos científicos) e Klimaatgarant nos Países Baixos (especializada en bombas de calor que xa instalados máis de 45.000 neste país).

Ourense tamén estivo presente nesta xornada na que participou o enxeñeiro José Padrón de Innova Ingeniería que falou sobre o aproveitamento da xeotérmica nas novas instalacións da zona termal das Burgas.

A presentación do enxeñeiro industrial portugués Nicolau Cassaca, combinou arquitectura sostible e xeoterminal presentando o “SeaHAUS Atlantik Residenz”, un proxecto residencial no Porto (Portugal) e a Adega Viña Meín situada en Leiro (Ourense).

O XIV Simposio de Enerxías Renovables foi organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Geothermal Research e contou co apoio do INEGA-Instituto Enerxético de Galicia e da Deputación de Ourense. O vicepresidente en funcións deste último, Rosendo Fernández, tamén participou no acto de inauguración do acto, dando a benvida aos relatores á provincia de Ourense.