O PSOE amósase escéptico respecto ás declaracións de Jácome afirmando que mantería o programa de conciliación nos centros cívicos ata que remate o curso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal socialista amósase escéptico respecto ás declaracións de Jácome, durante o último pleno ordinario de febrero, afirmando que mantería o programa de conciliación que se desenvolve nos centros cívicos ata que remate o curso. “Nas próximas xuntas de área, solicitaremos á concelleira de Benestar Social que se continúe a prestar este servizo ata que remate o curso lectivo”, expón a edil do PSdeG Cristina Cruz Fernández.

“Despois de que se fixera público que o Concello de Ourense desexaba suspender a actividade no Centro Cívico da Cuña e que concederon, finalmente, unha prórroga de só un mes non hai seguridade de que se vaia manter ata xuño pese ás declaracións do alcalde asegurando que de ninguna maneira desaparecería o programa”, engade a socialista logo de ter preguntado tamén polo asunto na sesión plenaria deste pasado venres.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Dicimos que non confiamos en que así sexa porque porque esa soflama xa a empregou cando o Concello deixou de colaborar coa Universidade Popular (UPO) e como vemos, a día de hoxe, seguimos sen alternativa educativa neste eido. Agardamos que non minta á cidadanía unha vez máis, xa que se segue a eliminar proxectos sociais desta importancia conciliar en Ourense será unha utopía”, remata contundente a edil.