O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou a aldea modelo de Muimenta, que conta cunha superficie de 29,1 hectáreas nas inmediacións do núcleo de poboación. Forma parte das 21 aldeas declaradas en Galicia ao abeiro da Lei de recuperación de explotacións agrarias.
A súa guía produtiva establece como actividade principal a explotación dun sistema agroforestal, combinando aproveitamento do monte coa gandería extensiva, así como cultivos.
A Xunta traballa en recuperar o seu núcleo urbano. Neste sentido, o alumnado e o profesorado da licenciatura de Arquitectura Cesuga visitaron esta vila de Muimenta, coa finalidade de facer propostas de dinamización da zona, como a construción dunha cociña comunitaria con dependencias para a vivenda, grazas á adquisición de catro vivendas para a súa rehabilitación.