O “microgoberno” de Jácome e o PP únense de novo para “rexeitar” que se dote de orzamento unha sala de estudo de apertura permanente na biblioteca Nós

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, a corporación do Concello de Ourense aprobou por unanimidade a proposta do grupo municipal socialista para a realización e o compromiso co IV Plan de Igualdade

Os socialistas tamén impulsaron unha iniciativa para garantir o dereito de acceso a unha vivenda digna que contou co rexeitamento dos concelleiros do Partido Popular

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os concelleiros do “microgoberno” de Jácome únense de novo ao Partido Popular para “rexeitar” que se dote de orzamento unha sala de estudo de apertura permanente –durante as vacacións e as fins de semana- na Biblioteca Nós. Un orzamento que suporía 144€ ao mes para as arcas municipais e que daría solución a unha “vella demanda” que veñen facendo dende o anterior mandato os socialistas ante a “grave falta de espazo” que precisan os estudantes e os opositores de Ourense, tal e como informou o concelleiro do PSdeG-PSOE, José Rúas. PP e DO amosan así, de novo, a “falta de compromiso” e a “falta de investimento” co manteñemento e a posta en funcionamento para os cidadáns coas dotacións millonarias. Os socialistas non poden comprender como tanto o anterior grupo de goberno como o actual “non ten feito nada ao respecto” cun asunto que se “aprobou xa por unanimidade” no 2019, como recordou o concelleiro.

O concelleiro Rúas pregúntase se a “nova política cultural da Xunta de Galicia é que os biblioteca non teñan sala de estudo” ante a afirmación realizada pola  concelleira do PP, Flora Moure, na que se refiriu a que as bibliotecas “non poden ser salas de lectura”. Así, os populares rexeitan tamén outra das propostas realizadas polo PSOE na moción e que supuña as “sinerxias entre administracións” votando en contra de que se realice un “convenio entre Concello e Consellería de Cultura” para que se poida levar a cabo esa dotación da sala de estudo –como sí acontece en Vigo e na biblioteca de Gaiás en Santiago de Compostela.

Jácome, Ojea e Ucha pola súa banda, tamén se abstiveron no “compromiso e a loita do Concello” pola “posta en valor do complexo cultural de San Francisco” e o nomeamento como Praza da Segunda República ao Campo de Aragón pese a que se ten aprobado por unanimidade do pleno tanto durante o anterior mandato coma dende o inicio de este.

Unanimidade da corporación para o desenvolvemento do IV Plan de Igualdade

A corporación do Concello de Ourense aprobou por unanimidade a proposta do grupo municipal socialista para a realización e compromiso co IV plan de Igualdade do Concello o cal establecerá “unha visión estratéxica e común para eliminar as desigualdades e promover a igualdade en tódalas áreas municipais para incorporar a estratexia de xénero” tal e como defendeu a concelleira Conchi García, quen explicou que se trata dun “proceso de traballo para dar continuidade ao plan que se ven desenvolvendo e que finaliza o 31 de decembro.

A concelleira destacou que para o grupo socialista é de “vital importancia” apostar por “políticas de igualdade comprometidas” e un plan con “maior implicación do Concello e da sociedade” para que a ciudadanía participe das súas políticas públicas. Deste xeito, se facilitaría a recollida de aportacións e “involucrando aos diferentes movementos feministas e asociativos de mulleres cun plan máis eficiente”. Así, o Concello deixaría a un lado o “desleixo coa linguaxe inclusiva e a igualdade” como acontece na actualidade como Centro de Información á muller o cal necesita de “persoal e de especialización”, concluía Conchi.

Impulsamos unha moción para garantir o dereito de acceso a unha vivenda digna rexeitado polo PP

Os socialistas tamén impulsaron unha iniciativa para “garantir o dereito de acceso a unha vivenda digna” e un parque público de aluguer que “evite a especulación que se produce no mercado ourensán” y que pedía que a “Xunta dese un paso máis para que se implique coa vivenda digna” ante a “situación problemática que se está a dar na actualidade”, como defendeu o voceiro municipal Rafael Villarino. O texto foi aprobado cos votos de PSOE, BNG, Ciudadanos e os tres concelleiros do “microgoberno” e os votos en  contra do Partido Popular.

A moción evidenciaba “o desleixo continuado da dereita” coas políticas públicas nesta materia e ao seu “estreito abrazo á especulación”, polo que instaba á Xunta a “impulsar políticas que garantan o acceso da cidadanía a unha vivenda digna, combatendo especialmente o uso da vivenda como un ben especulativo”. Tamén reclamaba o “impulso prioritario do parque público de aluguer”; a “mobilización do gran parque de vivenda desocupada”; e “unha xestión máis eficiente, implantando modelos que se adecúen ás necesidades da poboación”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------