Ourense volta ás rúas en protesta pola “Lei Celaá” de reforma educativa

A previsión de que o Senado aprobe a Lei de reforma educativa “Celaá” levou de novo ás rúas ás familias das escolas concertada e privada, en toda España e tamén en Ourense. Trátase, na cidade das Burgas, da segunda concentración con esta finalidade. Na provincia hai máis de 10.000 escolares matriculados en centros concertados neste curso, e 182 en centros privados, tanto en Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Educación Especial.

O proxecto de lei educativa busca unha educación de calidade con equidade. Así, o primeiro obxectivo que se marca é compensar as desvantaxes de orixe do alumnado, por iso contempla que tanto os centros públicos como os concertados e privados non poderá percibir diñeiro das familias “por recibir a ensinanza de carácter gratuíto”. A lei elimina o concepto de demanda social e tamén prohibe que os centros privados segreguen ó alumnado por sexo, aínda que con estas características non hai ningún centro en Ourense.

Publicidade Premer na Imaxe