O Concello anuncia unha vintena de actividades culturais ata finais de agosto

A programación cultural deste verán 2020 no Carballiño está condicionada polas medidas sanitarias de seguridade, separación e prevención polo covid 19, e por eso realizaranse ao aire libre, con aforo limitado e cumprindo escrupulosamente a normativa establecida para este tipo de actos.

Publicidade

Así, os espazos estarán pechados con vallas, haberá sillas, deberase acudir con mascarilla e lavarse as mans con hidroxel á entrada aos recintos. O aforo será limitado e desinfestarase o espazo e as sillas antes de cada actividade.

Para elaborar este programa o concello asegura que se pensou sobre todo nos nenos e no público familiar, así como nos adultos, coa intención de ofrecer unha alternativa de lecer para este verán pero tendo sempre en conta o cumprimento das medidas preventivas establecidas, para garantir a seguridade dos asistentes.

Espectáculos infantís e familiares, concertos de bandas e solistas locais, monicreques, teatro, maxia e un ciclo de cine no que se proxectarán catro películas, desenvolveranse en tres lugares diferentes, dependendo do tipo de acto: Praza Maior, Anfiteatro da Veracruz e Explanada dos Irmáns Prieto no parque municipal.

O ciclo de Cine na Rúa abrirase coa última película de Ignacio Vilar, María Solinha. Seguiralle a película de animación La gallina turuleca. E proxectaranse dúas das mellores e más premiadas películas do cine europeo e americano do último ano, como son Los Miserables e Yoker.

A continuación deixamos a programación das primeiras actividades:

VERÁN CULTURAL  2020

14, 15 e 16 de xullo ás 22,30 h na Baixada a Flores

FLORES DE CINE

14 de xullo – ¿QUÉ FUE DE BABY JANE?

15 de xullo – Vídeo poemas de Quico Valeiras1984

16 de xullo – EL HOMBRE DEL BRAZO DE ORO

17 de xullo ás 20,00 h na Praza da Veracruz (Público familiar)

A TRASTENDA DOS CONTOS (RDL) – CONTOS AO PÉ DA RÚA  

18 de xullo ás 21,30 h na explanada do Parque municipal (Público infantil e familiar a partir dos 5 anos)

MAR ROJO TEATRO (RGTA) – AZUL E A REVOLUCIÓN DAS CORES  

19 de xullo ás 20,00 h na explanada do Parque municipal (Público infantil e familiar)

TROULA (RGTA) – UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

23  e 30 de xullo ás 22,30 h na Praza Maior

CINE NA RÚA / Xociviga 2020

Día 23 de xullo – MARÍA SOLINHA

Día 30 de xullo – LA GALLINA TURULECA

24, 25 e 26 de xullo na Praza da Veracruz

CICLO DE MÚSICA “FEITO NO CARBALLIÑO”

            Día 24:

             QUARTET MAY JAZZ ás 20,00 h

             DJ TIBU ás 21,00 h

            Día 25: 

             MARTA BRAVO E SÉRGIO TANNUS ás 11,30 h

             BAHÍA AZUL ás 19,30 h

             CONCERTO ROBERTO SOBRADO (RGTA) ELECTRO-TRAS-NÓS ás 20,30 h

             LA REINA DEL VUDÚ ás 21,30 h

             SUSSIE Q´s ás 22,30 h

            Día 26:

             SKADELOS ás 19,30 h

             SUEÑOS DE ÍTACA ás 20,30 h

             IMPOSSIBLUES ás 21:30 h

31 de xullo na Praza da Veracruz

TALÍA TEATRO – VOA, VOA ás 11,30 h (RDL) Público familiar

CONCERTO DE CALDO (RGTA) ás 20,00 h

CONCERTO DE ISIDRO VIDAL ás 21,00 h

Agosto

1 de agosto na Praza da Veracruz

CHARLATANA (RGTA) – “PETER PUNK CHUNGO QUE TE CAGAS” ás 11,30 h

MAGO TETO (REAOU) – “ALQUIMIA”  ás 19,00

2 de agosto na Praza da Veracruz

MONICREQUES DO KUKAS (RGTA) – O ENCORO ENMEIGADO NAS FRAGAS DO EUME  ás 11,30 h

CONCERTO INFANTIL XOAN CURIEL (RGTA) – “A CASA DO TERROR” ás 19,00 h

6 e 13 de agosto ás 22,30 h na Praza Maior

CINE NA RÚA / XOCIVIGA 2020

Día 6LOS MISERABLES

Día 13 – JOKER

8 de agosto ás 20,00 h na Praza Maior

PERCUCAR  

Do 17 ao 21 de agosto ás 19,30 h na —————————————————————–

XII FESTIVAL DE TÍTERES (Colabora Deputación provincial de Ourense)

Día 17: FILIPA COS CONTOS – Títeres Bandullo Azul

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques  – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS  + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú

EXPOSICIÓNS

UNHA FOTO NA RÚA 2020 na rúa Principal (Edif. Ramón García)

FOTOS de J. LUIS MONTES na Casa do Concello

PASOS DE CEBRA no Café Peñasco

RAIGAME 1 no Hotel Arenteiro

RAIGAME 2 no Café Plaza

FOTOS do CONCURSO VIÑA DO CAMPO 19 no Asador Veracruz

EXPO 19 no Casino do Carballiño

LUISA LORENZO E OS SEUS RECORDOS no Pazo da Almuzara

EXPO 18 no Doctor Café

FOTOS  HOMENAXE A MARI IZQUIERDO nas Galería Ango

TETE ESTATE no Concello de Maside

FRONTEIRAS de A. F. o POTIÑOS no Concello de Celanova