O Centro Sociocomunitario do Carballiño programa actividades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballliño damos conta das actividades puntuais programadas para o vindeiro trimestre que a maiores das habituais do centro cremos conforman unha interesante oferta, intentando así dar resposta a importante demanda de actividades e a extraordinaria acollida e participación dos últimos meses.

No mes de abril, conmemoraremos o día internacional do libro con actividades puntuais e cun obradoiro de crochet temático: Amigurumis; diseña a túa persoaxe de conto. Obradoiro de  ganchillo de 10 horas de duración. Os luns ás 16:30.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Asimesmo e con este mesmo motivo poñeremos en marcha un punto fixo de bookcrossing, donde as persoas interesadas poderán intercambiar un libro por outro que resulte do seu interese.

Ofertaremos un curso gratuito de alfabetización dixital, cada vez máis imprescindible, neste caso: Administración electrónica, dende o móbil e-ou ordenador. Os martes ás 17:00.

Xa por último contaremos cunha charla da Escola Galega de Saúde enfocada na Prevención de accidentes no fogar.O día 4 de abril ás 16:30h

Xa en maio, mes das flores por excelencia levarase a cabo un taller de arte floral no cal, ademáis de aprender a realizar un arreglo floral poderán levar para a casa a súa creación.

Tamén e por suposto festexaremos o día das Letras galegas, neste caso coa actividade : “Café con letras”.  Unha actividade donde o eixe serán os xogos de mesa galegos.

E unha vez máis apostaremos pola formación nas novas tecnoloxías, neste caso cun curso destinado a aqueles que máis o precisan, concretamente para os que teñen pouco ou ningún dominio do teléfono móbil.

Teremos un curso básico de movil  os mércores pola mañá. 

Xuño é o mes do medio ambiente, do San Xoán, do fin de curso… e entorno a estes eixos van as actividades programadas.

O medio ambiente. A este respecto pensamos nunha actividade que pode resultar moi interesante para todas aquelas persoas comprometidas con  este tema, un taller de elaboración artesanal de produtos de limpeza, libres de tóxicos e respetuosos co medio.

Polo San Xoán, Obradoiro: Tradición e uso fitoterapeútico das plantas máxicas de San Xoán.

E para clausurar as actividades habituais do centro convidamos a todas as persoas interesadas a acompañarnos o día 16 no auditorio Manuel María, alí festexaremos a fin de curso con actuacións dalgunhas das disciplinas físico-deportivas, actuación do grupo de canto e pandereta e a representación teatral do noso grupo de teatro. Por suposto a xornada traerá algunha que outra sorpresa …

Non nos esquecemos das crianzas, que cobraron especial importancia no centro este ano, xa que incorporamos algunas actividades dirixidas exclusivamente a eles e farán un exhibición de baile tamén neste mes.

O broche final porémolo o último domingo de mes cunha actuación de música en directo para os asiduos do noso  baile dos domingos e dende logo para calquera que se anime á festa.

Así despediremos o curso e esperamos que a xente volva con ganas despois do verán. Por suposto aínda que nos meses estivais disminúe a oferta de actividades seguiremos intentando aportar opcións a todas as persoas interesadas.