Sinistro vial consistente no choque dun turismo contra un vehículo articulado na AG-53 zona de Piñor

Ocorrido ás 18.15 horas, na autovía AG-53 sentido Santiago, PK 67.800, TM de Piñor, consistente no choque dun turismo contra un camión articulado que transporta utilería de circo de Salceda de Caselas a Lalín (Pontevedra), o cal se atopaba avariado ocupando beiravía e parte do carril dereito,( sinalizado con triángulos de perigo).

Segundo o condutor o camión acababa de averiarse (caixa de cambios) e sinalizalo, (en COTA non había coñecemento), o condutor do turismo e único ocupante, a falta de comprobación en Hospital, sería ferido leve duns 35 a 40 anos. Condutor camión ileso home de 25 anos. avisouse mantemento, e hai dúas patrulla de motoristas e outra de atestados no lugar, a circulación pasa por carril esquerdo.

AVANTAR ACTIVIDADES