A Policía Autonómica realizou 63 inspeccións e identificou 476 persoas na provincia de Ourense nos operativos para controlar as medidas ante a covid-19

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias

A Policía Autonómica realizou 63 inspeccións e identificou 476 persoas na provincia de Ourense nos operativos para controlar as medidas ante a covid-19Escoitar

AVANTAR ACTIVIDADES

Estes dispositivos enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias Imaxe 1 de 11 de 1Ourense, 19 de outubro de 2020

  •  
  •  Compartir

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 36 dispositivos nos municipios de Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.