O Aparthotel Arenteiro renovou a certificación do Sistema Integral de Calidade Turística Española (SICTED)

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso co turismo de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 25 servizos turísticos a través do PSTD en “Ourense Termal”. O presidente provincial, Luis Menor, presidiu hoxe no Parque Municipal do Carballiño este acto de entrega no que tamén participou o xefe da área de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o tenente de alcalde do Carballiño, Pepe Castro; e a xerente do Inorde, Emma González.

Entre as empresas de servizos turísticos distinguidas hoxe destaca unha do Carballiño, Aparthotel Arenteiro, unha das tres ás que lle foi renovada esta certificación, que recoñece o mérito de ofertar aos clientes unha experiencia que aposta pola excelencia e que respecta o medio ambiente, coida o patrimonio e mima o comercio local. O xerente da entidade hostaleira, Uriel Bernárdez Cerdeira, recolleu de mans de Luis Menor o correspondente diploma acreditativo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Tamén viron renovado o seu distintivo a Oficina Municipal de Lobios e o Apartamento “Fonte dos Xudíos” de Ribadavia, mentres se concederon novos recoñecementos a outras 22, entre elas as tamén carballiñesas Casa Habana, Casa Velasca e Hotel Resatautante Derby, así como a Abadía Caldaria de Arnoia, Albergue AVIVA de Muíños, As Fontaiñas de Leiro, Autos González de Ourense, BRIMOCARS de Ourense, Casa Vacacional A Forneira de Leiro, CienPorCel de Cenlle, Gandarela.es de Cenlle, Gorrión Taxista de Ribadavia, LEBOREIRO-XURÉS (Autos Perdiz) de Muíños, Loft Corte de Fora de Punxín, Mercado Xurés de Bande, Mirabeles Lifestyle de Ourense, O Rincón dos Sentidos de Cenlle, Pazo Almuzara de Boborás, Piso Libertad de Ourense, Tapería Mercado do Xurés de Bande, Viajes Miño de Ourense e Viña Costeira de Ribadavia.

Na súa intervención, Luis Menor puxo en valor a importancia da cooperación público-privada para ofrecer “un destino de calidade certificado, sostible e respectuoso coa súa contorna” e comprometeuse  co tecido empresarial a continuar mobilizando recursos, facilitando ferramentas de formación, mellorando os espazos termais dos concellos e promocionando a “marca Ourense” tanto nos mercados nacionais como nos internacionais.

O presidente da institución provincial puxo como exemplo o Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal”, liderado pola Deputación a través da xerencia do Inorde e cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, ten permitido poñer en marcha tamén produtos e experiencias combinando o termalismo con outros recursos como a enogastronomía ou a natureza e o patrimonio.

Algunhas das iniciativas realizadas no marco deste PSTD son a posta en marcha das Rutas Fluviais con ecobarcos que teñen unha importante incidencia precisamente neste Xeodestino Ribeiro-Carballiño, ou as melloras en sendeiros como o de Ribadavia, a protección do afloramento termal do ‘Bañiño’ de Arcos”, os avances para completar a oferta do balneario de Cortegada, a creación da terma adaptada en Punxín, entre outras actividades como o programa de formación para o emprendemento.  

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------