Ribadavia presenta un amplo Programa de Nadal.

Un amplo programa de actividades pensadas para os nenos e nenas de Ribadavia, que son os que máis ilusión teñen nestas festas. 

Pensando neles, o nadal deste ano terá tamén como principal novidade a instalación dun Carrusel- tiovivo que estará aberto durante todo o nadal para todos os nenos e nenas, que será gratuíto e estará ubicado no casco histórico de Ribadavia.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, a decoración de rúas e de monumentos así como a ambientación de luces en todo o municipio comeza xa coincidindo con esta primeira ponte de decembro.  

 Así, nesta Ponte teremos: – 6 decembro, acendido luces. 

– 7 decembro, inauguración carrusel, ubicado no casco histórico, terá un horario de 16.30 a 19h.

 O 8 de decembro de 12 a 14h e de 16.30 a 19h.   

 Programa Nadal 2021. Concello Ribadavia.  

Conciliación de Nadal: desde o 22 de decembro, todos os días laborais polas mañás, de 9h a 14h.  

– RibaNadal 2021: 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e 2, 3, e 4 de xaneiro polas tardes, de 16.30 a 19.30.  

18 decembro: concerto da Coral do Club Artístico, na Igrexa de San Xoán. 

 18 e 19 decembro: Mercado de Nadal de EAR.  Coincidindo con este mercado, o Concello comeza o período de descontos no comercio local co seu BONO COMERCIO, polo cal descontase 10 euros por cada compra de 30 euros que fagan os veciños de Ribadavia no comercio local.  

 22 decembro: O mago Noel. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura. 

 23 decembro: Cine para toda a familia. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.  

24 de decembro: o Apalpador e Papá Noel visitarán Ribadavia  a partir das 17 horas. 

 
26 de decembro: Espectáculo infantil. O legado de Tibu. Ás 18 no pavillón de deportes O Consello.

28 de decembro. 20h Concerto “Soul & Roll”. Praza Maior. 

 29 de decembro: cinema para toda a familia. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.  

30 de decembro: Historias do Alpalpador. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura. 

 02 de xaneiro: Teatro do vilar representará a obra “Policía”.19h. Auditorio Manuel María da Casa da Cultura. 

 03 de xaneiro: O Mago Lolo. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura. 

 04 de xaneiro: animación de rúa a partir das 20 horas. 

 05 de xaneiro: Cabalgata de reis.