O último paciente na UCI de Ourense pasou esta mañá a pranta

Esta mañá pasou a planta o último paciente positivo de covid-19 que permanecía na UCI do Hospital de Ourense. Unha boa nova, aínda que non se debe esquecer aos dous pacientes que permanecen ingresados en críticos, afrontando os graves efectos desta enfermidade, ainda que xa negativos ao virus, e aos 150 pacientes que nestes longos meses teñen sido atendidos polo persoal das unidades de críticos.

Publicidade