Carballiño en Fitur

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CONCELLO PORÁ EN VALOR O POTENCIAL TERMAL DO CARBALLIÑO NA FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO “FITUR 2020”

O termalismo será o tema central de promoción do Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro na Feira Internacional de Turismo “Fitur 2020”, que se celebra a próxima semana en Madrid. Este organismo, ao que pertence o concello do Carballiño, exporá  o día 23 de xaneiro no recinto feiral de Madrid os principais recursos cos que conta para atraer ao turismo nacional.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No acto, que terá lugar ás 4 da tarde no stand da Xunta de Galicia,  intervirán o presidente do xeodestino e alcalde de Leiro, Francisco Jose Fernández; o alcalde do Carballliño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares,  e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Por este motivo, o día 22 viaxarán a Madrid  o alcalde e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.

Na súa intervención, Francisco Fumega porá en valor os dous balnearios cos que conta O Carballiño: Caldas de Partovia e Gran Balneario. Destacará, sobre todo, a cualidade terapéutica das súas augas, e a ampla gama de servizos que ofertan, así como as novas instalacións do Balneario das Caldas e o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto para ampliar  e modernizar o Gran Balneario. Tamén se referirá á fonte pública do Bañiño de Arcos.

Finalmente, o alcalde carballiñés  falará do patrimonio natural e cultural así como da gastronomía, con especial referencia ao parque municipal, aos sendeiros, ao conxunto etnográfico do Arenteiro, á tradición pulpeira do Carballiño e á Festa do Pulpo. Como complemento da intervención, poderán verse nunha pantalla xigante imaxes dos recursos turísticos e termais do Carballiño