Espazo Común congrega a afectados e outros colectivos en contra do peche da aula do Campo da Feira

IES CHAMOSO LAMAS

A formación de Espazo Común celebrou onte unha reunión na Casa da Cultura para tentar evitar o peche da aula de 3 anos do Colexio do Campo da Feira. Aseguran que ante a negativa que recibiron por parte do concello

Lembraron que o obxectivo é a creación dunha ampla fronte con representación de todo o tecido social do Carballiño para tentar evitar que se leve a termo esta decisión da Xunta.

HIPER MASIDE

Dende a formación, ó remate desta reunión, amosáronse satisfeitos por escoitar que hai moita máis xente que quere pelexar por evitar este peche, e tamén moitos colectivos, tanto pais ós que lle afecta directamente coma ós que non.

Agora, comezarán con un intenso traballo da man do grupo de traballo creado onte. Comezarán cunha recollida de firmas e ca remisión de escritos á Xunta na súa área de Educación e ó consello escolar. Tamén se queren dirixir ó concello, pola parte na que aseguran que teñen responsabilidade, na falla de recursos de conciliación que favorecen que os nenos vaian a colexios doutros concellos. Este grupo de traballo non será liderado por Espazo Común, se non que será de todos os colectivos que o conformen.

Pola parte da formación política, levarán unha moción ó próximo pleno, na que pedirán o apoio de todos os grupos e pedirán unha prórroga dese peche ó menos ata o próximo ano.

Dende a formación queren recordar que hai un antecendente similar de anos atrás, que foi mencionado na reunión de onte por Manuel Amil. Cando el era concelleiro do Bloque, levouse a pleno o rexeitamento da Xunta de Galicia de outorgarlle ó Sagrado Corazón a posibilidade de contar cos cursos da ESO, para o que se alegaba que non había un número suficiente de votos. Os grupos políticos que formaban parte da corporación deron o seu apoio unánime a favor do centro educativo e de conseguir este servizo, que finalmente lle foi concedido.